Skip to Content

Ed. infantil

Cantamos en francés!

O alumnado de 5º de infantil anda preparándose para facer unha viaxe a... París. Así que está aprendendo algo de francés. Como estes nenos e nenas son moi aplicadas logo aprenderon unha canción en francés. Velaí tedes o resultado!

Obradoiro de ciencia divertida

O alumnado de 5º de educación infantil participou nun obradoiro de ciencia divertida.

Aprenderon a coidar mellor os seus dentiños elaborando a súa propia pasta de dentes, de diferentes cores e sabores.

Coñeceron á mestra Dona Pati Patidifusa e ao mestre Don Illo Pepinillo.

Os nosos dentiños han quedar limpos e relucentes!

 

 

A NOSA HORTA

O alumnado de infantil xa comezou a traballar na hortiña. Plantaron cebolas, leitugas, cenorias e amorodos.

Aprendemos unha alimentacion saudable con produtos naturais que ademais cultivamos nós. Que ben nos van saber!

LETREANDO EN INFANTIL

Na clase de 3 anos, como estes días choveu moito,

aproveitamos para aprender palabras

relacionadas coa chuvia. A primeira: PARAUGAS

Dereitos dos nenos e das nenas

Nas aulas de infantil traballamos sobre os dereitos dos nenos e das nenas, segundo a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, declaración de desexos e aspiracións para a maioría da poboación mundial que foi aprobado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas hai cincuenta anos e segue a ser un ideal máximo da Humanidade.

Día da froita no colexio

Os venres é o día da froita.

Plátanos, fresas, mazás, laranxas, pexegos, peras e moitas máis.

Probamos de todas as froitas nas brochetas que preparamos no cole.

Que saborosas!

 

 

Que ben cantamos!

Sing along with me!

Aprendemos xogando!

 Na aula de psicomotricidade traballamos a través da música e dos xogos.

Na aula de psicomotricidade

Melloramos a coordinación, o coñecemento do  propio   corpo, entre outras, a través de distintas  actividades   que fomentan a nosa autoestima, a  creatividade, a imaxinación e favorecen ao   mesmo tempo o desenrolo   afectivo para a resolución dos propios conflitos e as nosas relacións sociais coas persoas que nos rodean.

Descubrimos un mundo de posibilidades que favorecen o noso desenvolvemento mentras pasamos un bo rato.Sorriso

 

Mércores: lácteos

Lembrade que os mércores traemos lácteos!

Distribuir contenido


by Dr. Radut