Skip to Content

FUN AO MERCADO...

Saímos do cole para aprender máis cousiñas sobre o

Proxecto "O mercado" que estamos a levar a cabo nas clases de 4º de Educación Infantil.

O luns 2 de marzo, visitamos a Praza de abastos de Ourense, que leva funcionando desde 1924!

Peixe, flores, froita, queixo, lácteos, carne e outros produtos que se poden atopar no mercado. Menos mal que xa merendaramos porque tiña todo moi boa pinta e daban ganas de comelo todo!

 

 

Degustamos os queixos.

Recibimos un clavel de agasallo.

 

E probamos as xudías. Gustárononos tanto que repetimos!

Para rematar e antes de marchar para o cole visitaron As Burgas. Que quentiña estaba a auga!



story | by Dr. Radut