Hora de ler

O dente de Clara

O alumnado de 4º de Ed. Primaria traballou na Hora de ler o libro de titulado O dente de Clara de Ana Expóxito Valle.

A Clara, que aínda non fixo os oito anos, unha noite do mes de maio espertouna, de súpeto, unha voceciña: Afogo!..., afogo! Que afogo...! Era Pérez, un rato que levaba o enderezo equivocado para recoller un den te de leite, por iso está empeñado en arrincarllo a Clara. Dende aquel  momento, comezarían para ela unha serie de complicadas aventuras.

Como actividade de animación á lectura deste libro, tamén, realizaron un obradoiro de papiroflexia no que aprenderon a construír paraugas e rás. Cos traballos realizados fixeron unha exposición no recanto de plástica da súa aula.

 

No corazón do bosque

O 14 de novembro realizamos o primeiro concurso de animación á lectura deste curso. Nesta ocasión o libro escolleido foi No corazón do bosque de Agustín  Fernández Paz.

Raquel ten nove anos e vive na cidade. Un día vai coa súa clase de excursión ao bosque das Fragas do Eume. De regreso na casa, descobre abraiada que se lle coou na mochila un ser vello e diminuto. É Derdrín, un trasno de máis de trescentos anos, que habitaba na fraga e non quería pasar o inverno só. Dille á nena que unicamente precisa conversación e algo de comida. Raquel acepta que se converta no seu hóspede secreto e ofrécelle para durmir a caravana das barbies.

A novela é a crónica dos meses que pasan xuntos, durante os cales Derdrín exercerá unha influencia moi grande na vida da nena, tanto no ámbito familiar como na escola. Unha historia tenra e cargada de humor, que reivindica a necesidade da fantasía e, tamén, a importante función que cumpren os antigos mitos en calquera sociedade.

O equipo gañador levou como premio o libro que traballaremos ao longo do próximo mes: A balada dos unicornios de Ledicia Costas.

Mª Teresa de la Fuente

Teresa de la Fuente é orixinaria de Río Grande, estado de Zacatecas, aínda que vive en San Luis de Potosí. Desde hai anos desenvólvese como poeta e narradora. Durante a súa traxectoria foi galardoada no terreo da poesía, e é autora de poemarios inéditos como o titulado “Dualidad a esta hora neutra”.

Esta muller, esposa, nai demostra que cando se ten vocación para escribir non hai muros, límites, nin xustificacións, e que a entrega ao traballo literario é incondicional, cunha vocación a forza de constancia, disciplina e oficio. Caracterízase por ter unha precisión moi discreta e sensible na construción dos seus versos e que resultan moi intimistas, coma se asomaran ao mundo en forma de curiosidades e asombros que entran nos nosos radares psicolóxicos a modo de brisa e néboa que nos van humedecendo e, cando menos esperamos, xa nos empaparon de maneira moi refrescante o espírito e a conciencia.

Traballou para a Industria na área de Recursos Humanos por máis de dez anos, e no terreo da arte estudou dicción co recoñecido dramaturgo Carlos Olmos na Capital do país, e tomou cursos de literatura con doutóraa Gloria Prado Garduño a través da UASLP.

Ten participado en talleres literarios e, é promotora cultural independente da poesía en feiras do libro, maratóns de lectura, casas de cultura e na radio, e é coautora do libro “ Tríada” xunto cos poetas Irma do Anxo e Anxo Colado.
Vale citar que a poesía desta creadora é lixeira, sensitiva e sinxela; sosegada e profunda, e atende ao mundo dentro dunha sensibilidade que non admite especulacións.

A súa obra transcorre pola estética da súa creación, sabedora de que o tempo é fráxil e en calquera instante crébanos e é por iso que a esperanza e a espera, radican en facerlle homenaxes constantes a cada pouco, coa bela sublimación que nos permita un pouco de eternidade que, neste mundo tamén é moi improbable; pero aí están os marabillosos sentimentos para facer desta existencia un lugar máis benéfico. E que mellor que a poesía que nos esperta e esperta o mellor de nós?


Fontes:


 

Semana polo clima

HOW DARE YOU?

Hoxe, todos os nenos e nenas do noso cole, unímonos a Greta Thunberg facendo a mesma pregunta a todos e todas os que nos queiran escoitar.

Como se atreven a contaminar o noso fermoso planeta?

Como se atreven a non coidar os nosos mares, o aire que respiramos, os bosques cada vez con menos árbores?

Pois nós si que nos atrevemos a poñer o noso gran de area para darle a volta a todo, porque:  

“Queremos a nosa Terra
É o noso planeta
Queremos a nosa Terra
É o noso fogar”.

Coas nosas mellores ferramentas, os green crayons, e a nosa voz, berramos ben forte: GO GREEN GO!

Unímonos así ás accións promovidas pola organización Teachers for future, que ten como único obxectivo mellorar a saúde do noso planeta e de todos os seus habitantes.

WE LOVE THE EARTH

Na seguinte galería de imaxes podedes observar a nosa peculiar mobilización...

Semana polo Clima


Kahoot! sobre Antón Fraguas

Una vez rematado o mes das Letras Galegas e as actividades sobre o autor homenaxeado este ano, Antón Fraguas,  O EDL do centro realizou un cuestionario de avaliación das aprendizaxes adquiridas a través dunha proba elaborada con Kahoot!.

O carácter gamificador, desta proba, axuda a realizar esta actividade final dun xeito máis lúdico e motivador para o alumnado.

Pasárono xenial!!

Erik y Harald, guerreros vikingos

No mes de xuño, o alumnado de 5º curso de Ed. Primaria participou no derradeiro concurso, deste ano, de animación á lectura que realizan sobre os libros traballados durante a Hora de ler. Nesta ocasión, traballaron sobre o libro de Brigitte Évano titulado: “Erik e Harald, guerreros viquingos” que nos serviu para reforzar as aprendizaxes adquiridas sobre os viquingos no proxecto documental deste curso.

Erik e Harald son dous guerreiros viquingos, primos entre si, que saen nos seus barcos en direccións opostas para ver quen traerá o maior tesouro. A historia ten lugar ao redor do ano 1000. No camiño loitan con piratas, lobos e outras culturas, o que fai que o camiño dos tesouros sexa difícil.

É un libro moi divertido co que podemos descubrir aspectos da cultura e da vida desta temida xente: o seu comercio, os seus rituais funerarios, a súa comida que nos mostra que era unha xente ruda, pero civilizada e gran coñecedora do mar.

A historia está acompañada de xogos e datos sobre a súa cultura, que completan a visión dos viquingos.

O equipo gañador do concurso levouse como premio o libro de Ledicia Costas: "As peripecias de Extravaganza Pérez", que será co que comecemos no Club de lectura do próximo curso.

Kahoot sobre Antón Fraguas

Pasado o Día das Letras Galegas, realizamos un custionario en Kahoot para avaliar a aprendizaxe do noso alumnado en relación ao traballo de documentación realizado sobre o autor homenaxeado neste ano: Antón Fraguas.

Libros que van e veñen

O alumnado de Ed. Infantil, este curso continuou levando para as súas casas as bolsas do programa "Libros que van e veñen".

Estas permanecen no seu domicilio unha semana, facéndose a renovación dos libros os venres de cada semana. Cada unha delas inclúe un libro en galego ou castelán escollidos polo alumnado e un caderno para que, coa axuda dos seus familiares, debuxen e/ou escriban o que lles "digan" os libros.

É de agradecer ás familias dos máis caivos a súa imlicación nesta actividade destinada a que acompañen aos seus fillos no proceso lector e lles sirvan de modelo e guía nos momentos de lecer.

No seguinte documento podemos ver algúns exemplos dos seus traballos na casa.

Mochilas viaxeiras

Este curso continuaron funcionando as mochilas viaxeiras en todos os cursos de Ed. Primaria.

As mochilas viaxeiras permiten ao alumnado un préstamo por un período dunha semana, para compartir coas familias o contido da mesma. O  contido do material foi escollido pola persoa titora, supervisado pola biblioteca e procurando que teña a maior variedade de textos e formatos para que o alumando poida elixir.

Acompañan a estes materiais “O diario da mochila” no que, tanto os nenos/as como as súas familias, aportan a súa opinión, novas creacións, debuxos, suxerencias, …, sobre o contido da mochila.

Achegamos unha mostra do traballo realizado polo alumnado nas súas casas.

Como conclusión, destacar que ler en familia é unha actividade moi divertida que axuda a entrelazar lazos entre pais e fillos e enriquécenos a todos. Ademais, a lectura enriquece intelectualmente aos nenos, estimulando a súa imaxinación, a capacidade para resolver problemas, a memoria e a linguaxe, axúdalle a coñecer o mundo no que vive e impúlsalle a querer saber máis. Comentando as lecturas que facemos todos xuntos podemos reflexionar sobre o lido, os valores do libro infantil e xuvenil que escollésemos, explorando nosos propios sentimentos. É, en definitiva, unha axuda na educación dos nosos fillos, polo que é importante proporcionarlleao alumnado lecturas estimulantes, acompañalos no descubrimento do pracer da lectura, sendo un hábito moi saudable e cheo de beneficios.

Hora de ler de 3º Ed. Primaira

Como estaba programado, suxerimos e planificamos as actividades que tiñamos recollidas no proxecto inicial na súa meirande parte. En ditas actividades houbo moi boa resposta, acadando os obxectivos propostos, cun grao de cumprimento satisfactorio.

En definitiva acadamos en gran medida os obxectivos que nos propuxemos ao inicio do curso, e as actividades que propuxemos tiveron unha gran resposta por parte de todos.

A hora de ler realizouse todos os días, durante os vinte minutos posteriores ao recreo.

Dedícanse á lectura en todas as aulas. Trátase dunha actividade regrada e recollida no horario escolar na que participa todo o alumnado e profesorado do centro.

A miña hora de ler é con 3º de Educación Primaria, os martes e mércores de 12 a 12’20h.

Neste curso, levamos a cabo diversas actividades de animación á lectura na aula de terceiro  de Primaria.

  • Levamos a cabo “CONCURSOS DE LECTURA”.
  • Limos na aula en voz alta "Rita y los ladornes de tumbas".
  • Fixemos preguntas de cada capítulo que entraban a concurso dando os puntos correspondentes a cada participante que as contestase correctamente anotándoos nunha lista. O concursante que acadou máis puntos ao final da lectura dos libros conseguiu un agasallo que consistiu nun libro.
  • Traballamos o libro “El soldadito de plomo” e o seu autor Andersen.
  • Limos na aula en voz alta “Charlie y la fábrica de chocolate”.
  • Fixemos preguntas de cada capítulo que entraban a concurso dando os puntos correspondentes a cada participante que as contestase correctamente anotándoos nunha lista. O concursante que acadou máis puntos ao final da lectura dos libros conseguiu un agasallo que consistiu nun libro.
  • Tamén traballamos dististo a autores que se foron conmemorando ao longo do curso.

Neste curso traballamos na hora de ler, ademais das actividades propostas para esta hora, outras actividades para traballar o PDI da biblioteca que este ano o dedicamos a Dinamarca.

En terceiro, escollemos o tema dos xogos  viquingos e tradicionais danesas.

Dito traballo consistiu fundamentalmente no fomento da lectura, lendo libros de aventuras que se basean nas tradicións das culturas nas que se desenvolvía a trama.

Fixemos lecturas colectivas dos libros:

  • "Los futbolísimos. El misterio del castillo encantado…” cuxa historia desenvolvese en Escocia, que foi o primeiro lugar a onde chegaron os vikingos.
  • "El amanecer de los vikingos” que conta como os vikingos que sucaron os mares de Dinamarca, Noruega e Suecia, atacaron as costas de Ecocia e Irlanda.

Distribuir contido