Hora de ler

Hora de ler en 5º de Ed. Primaria

Durante o presente curso18/19, levei a cabo o Plan lector na aula de 5º de Educación Primaria en coordinación co seu titor. O obxectivo primordial que plantexamos de cara a este curso, era potenciar a  competencia comunicativo-lingüística  como ferramenta facilitadora na adquisición do resto de aprendizaxes, ademais de optimizar a destreza na lectura e a escritura, aspectos fundamentais para desenvolver o gusto pola lectura e a capacidade de valorala criticamente.

Para acadar estes propósitos, na hora de ler, que se levou a cabo  todos os días de 12.00 a 12.20, traballamos os obxectivos que a continuación pasamos a comentar:

Obxectivos:

  • Mellorar a lectura en canto a: fluidez, velocidade, comprensión e expresión.
  • Dotar a lectura de funcionalidade, converténdoa nun medio facilitador das AVDS.
  • Optimizar o vocabulario.
  • Potenciar a  autonomía na  vida cotiá e nas relacións de grupo.
  • Afianzar valores (amizade, respecto…).
  • Favorecer a expresión plástica.
  • Mellorar as competencias comunicativo-lingüísticas.

Para acadar estes obxectivos, traballamos con dous manuais, un deles en lingua castelá; “Erik y Harald, Guerreros Vikingos” e outro en lingua galega; “O fío vermello”.

 

Unha vez rematada a lectura dos distintos manuais, levamos a cabo un concurso literario, con multitude de probas; preguntas curtas, de enumeración, de múltiple elección,... Nestes concursos os gañadores foron  agasallados co libro que se ía ler a continuación e con material escolar.

Ademais dos concursos literarios, un día a semana, os venres traballamos lectura funcional para facilitar aspectos da vida diaria, como pode ser; interpretación de facturas, carteleiras de cine, receitas, prospectos médicos, listaxes de anuncios de compra–venta, telefónicos,...

Neste sentido e buscando  a funcionalidade da lectura, tamén traballamos con manuais de maxia e na propia execución dos trucos, mediante o seguimento de instrucións.

Con este tipo de actividades, buscamos dotar de funcionalidade a lectura aproximándoa as súas realidades cotiás e tratando de espertar no noso alumnado interese e curiosidade polo súa contorna.

Por outro lado, o Plan Lector, estivo intímante relacionado co PDI da Biblioteca e aproveitando que o lema este curso era "Dinamarca", traballamos os Vikingos,  para iso partimos do que xa coñecían e adentrámonos no que querían saber, mediante documentais como;  “¿Quiénes eran los Vikingos?".

Neste sentido, levaron a cabo proxectos de expresión plástica, entre os cales destaco a construción dun Drakkar, escudos, espadas  e todo o vestiario que empregamos no entroido.  Dentro deste gran proxecto introducimos a lectura do libro comentado en liñas anteriores; “Erik y Harald, guerreros vikingos”, o cal conta con xogos e documentación, aspectos que favorecen a ampliación de coñecementos  e a resolución de curiosidades así como a propia motivación.

Ademais dos aspectos comentados en liñas anteriores, este curso, en coordinación co Equipo de Dinamización da lingua Galega, levamos a cabo unha dinámica para favorecer a expresión escrita na lingua galega, que consistiu no intercambio de cartas, vía correo ordinario, cos nenos  do CEIP Santiago Apóstolo de Franza de Mugardos.


Para lograr coordinar as distintas actividades entre os docentes que levamos a cabo o Plan Lector na aula de 5º, puxemos en marcha un caderno de rexistro de tarefas onde diariamente quedaba reflectido o traballo realizado en cada  sesión.

Hora de ler de 6º Ed. Primaria

No curso escolar 2018/2019, a hora de ler, realizouse todos os días de 12.00 a 12.20 tendo como obxectivo prioritario Contribuír ao fomento do gusto pola lectura.

Centrámonos na consecución dos seguintes obxectivos:

  • Mellorar a lectura (comprensión e expresión lectora).
  • Afianzar valores (amizade, verdade, respecto, empatía,...).
  • Favorecer a expresión plástica.
  • Coñecer algo sobre a cultura de Dinamarca.
  • Coñecer e aceptar a propia identidade.
  • Valorar a amizade e o compañeirismo.
  • Ampliar o vocabulario a través dos contos.
  • Actuar con autonomía na  vida cotiá e nas relación de grupo.

Actividades.

  • Ler o conto en distintas versións (lectura en voz alta e en voz baixa)
  • Dramatizar algún episodio do conto.
  • Colorear debuxos do conto.
  • Escoitar o conto.
  • Traballaremos coa prensa analizando noticias. Miraremos, asemade, como a mesma noticia pode ser interpretada de diferentes xeitos dependendo da persoa que a lea.


Temporalización.

Na hora de ler, que se realizou todos os días de 12.00 a 12.20 utilizáronse os seguintes libros:

1º trimestre: libros comúns a todos os nenos e nenas.

  • Castelán: La fábrica de chocolate

2º trimestre: lectura pautada en galego e castelán a través da selección de libros.

  • Castelán: La isla de Nuncameolvides.
  • Galego: O enigma do Menhir.
  • Galego: Crispín do Mao, Crispín do Mar.
  • Galego: ¡Adeus pes!
  • Galego: Catro pallasos. 
  • Galego: A dama da auga e o segredo das árbores. 

3º trimestre: lectura pautada en castelán a través da selección de artigos vinculados a cultura danesa. Para a realización desta actividade configurouse unha caza do tesouro que leva por título “Pescudando sobre Dinamarca”  http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelsueiro/node/1232, así como una avaliación a través do programa Kahoot https://kahoot.it/

Como conclusión, destacar que cando as persoas traballan en equipo, é indiscutible que se melloran os resultados. A valoración do traballo en equipo foi en aumento ata o punto de pasar, dunha estratexia de motivación e de resolución de problemas, a darlles capacidade para tomar decisións, planificar e conducir os mesmos procesos dos que son protagonistas.

Hora de ler de 2º de Ed. Primaria

Moitas das aprendizaxes que os nenos realizan na súa etapa escolar e que máis adiante lles axudarán a desenvolverse na sociedade como adultos conséguense a través da lecto-escritura. Este é un feito difícil de discutir, as habilidades lectoras son importantes para a consecución dunha formación integral da persoa. O valor da lectura é insubstituíble, pois a lectura estimula a imaxinación e axuda ao desenvolvemento do pensamento abstracto.

Durante este curso os alumnos de segundo curso de primaria traballaron os mitos nórdicos e festas internacionales de relevada importancia.

A hora de ler adicada a este fin foi os luns e os xoves de 12.00h. a 12.20h.

Dividimos o proceso en diferentes partes:

  • Coñecemento de si mesmo: neste primeiro momento os alumnos, en cada sesión, reflexionaron sobre o coñecemento de si mesmos e sobre o coñecemento dos demáis, para finalmente realizar unha ficha de autocoñecemento.

  • Motivámonos: neste momento, e despois de coñecerse ven debuxáronse nun momento motivador.

  • Ler: cada día, os alumnos lían unha historia referida aos deuses nórdicos e a súa forma de vida. Os alumnos ao remataren, facían un debuxo resumo.

  • Cultura e tradicións populares: ao longo do curso traballamos sobre diferentes datas de relevada importancia (o entroido, o día da muller na ciencia, o día do libro, o día da paz, o día de Rosalía, día das letras galegas, ...)

Asemade, traballamos tanto a lectura individual como a lectura colectiva, en voz alta e de xeito encadeado, de libros como relacionados co P.D.I. “Contos de Andersen”.

Fíxose un seguimento  individualizado da comprensión  lectora  e da velocidade lectora de cada un dos alumnos.

 

 






Hora de ler de 4º de Ed. Primaria

Neste curso traballamos  en galego a  alimentación saudable e a obesidade infantil con "Gordiño recheo" (Fina Casalderrey) da editorial  SM.

  • Fixemos lectura en voz alta coidando o ritmo e a entoación adecuada.
  • Realizamos  unha lectura comprensiva, sendo capaces de deducir a mensaxe do texto.
  • O alumnado realizou debuxos dos distintos capitulos que estiveron na aula no espazo adicado a HORA DE LER.

En castelán, traballamos o libro de Anna Manso "El último violín" da editorial Anaya.

  • Ampliamos o vocabulario (lutier; alzheimer, demencia senil, parkinson) con
  • Enfermidades estas que parte do alumnado descoñecía e tomaron conciencia da axuda que necesitan as persoas que as padecen.
  • Como complemento, ao oficio do pai do protagonista, comentáronse os oficios e traballos realizados polos seus pais e nais e o que lles gustaría ser a eles/as de maiores.
  • Na area de plástica construiron uns violíns e tivemos a sorte de que unha alumna do noso centro nos interpretara un tema de Beethoven para rematar o traballo.

A poesía chogounos da man de  Paco Velázquez con "Rebelión en la escuela" libro de poemas adicado a obxectos e  material de aula, onde foron quen de engadir algúns versos.

O emprego das Tic ven da man de Chocolata (Marisa Núñez) ed. OQO que estamos desenvolvendo neste momento.
Tamén temos pendente de ler "El Lazarillo contado a los niños" (Rosa Navarro) ed. Edebé.

A HORA DE LER é un tempo que gusta a todo o alumnado independientemente da velocidade lectora, a maior ou menor capacidade de comprension lectora, e polo xeral as actividades que se propoñen teñen moi boa aceptación na aula.

Hora de ler Ed. Infantil

A Hora de ler funcionou ao longo de todo o curso 2018/19, na aula de Ed. Infantil, coma no resto dos cursos do cole.

Con esta actividade alcanzamos, entre outros, os seguintes obxectivos:

  • Estimular o interés pola lectura.
  • Favorecer o desenrolo da creatividades, atención e linguaxe.

As principais actividades realizadas foron as seguintes:

  • Comezamos lendo o conto deixando cos nenos e nenas vexan as ilustracións e
  • comenten aspectos relacionados co conto.
  • Imaxinamos como é o protagonista e outras personaxes do conto e o expresen cas
  • súas palabras.
  • Os mais pequenos axúdanlle as veces os maiores pois este ano están os tres niveis
  • de infantil na mesma aula.
  • Inventan títulos e finais distintos para o mesmo conto.
  • Todo isto facémolo na alfombra da clase e despois cada un vai o seu sitio e aquí debuxan ou pintan ( os mais pequenos ) algo relacionado co conto.
  • Traballamos especialmente o conto  “O casamento do piollo e a pulga” para representalo no colexio o día das letras galegas.
  • Pintaron e recortaron cada un a súa careta da personaxe que lle tocou representar do conto. Ensaiámolo na aula e tamén na biblioteca do Colexio para representalo como xa mencionei anteriormente o día das letras Galegas.
  • Memorizaron poesías para conmemorar o día da poesía , o día do libro, o comezo
  • do outono a primavera.

O máis complicado deste curso foi as veces escoller os contos para que  lles gustasen a nenos e nenas de tres idades diferentes.

Hora de ler. Curso 2018/2019

Este curso, continuamos realizando a Hora de ler todo o alumnado do centro ao mesmo tempo, nunha sesión estipulada no horario escolar lectivo, entre as 12:00 horas e as 12:20 horas, tocando o trimbre do colexio ao inicio e ao final da mesma.

Parte das actividades realizadas ao longo do curso 2018/2019, na Hora de Ler, pódense ver na seguinte ligazón:

Premendo nas seguintes imaxes podemos ver un resumo das actividades realizadas por cada curso:

4º, 5º e 6º de Ed. Infantil. 1º de Ed. Primaria.
2º de Ed. Primaria. 3º de Ed. Primaria.
4º de Ed. Primaria. 5º de Ed. Primaria.
6º de Ed. Primaria.  
 


 

Hora de ler de 1º de Ed. Primaria

Na Hora de ler traballamos cunha metodoloxía participativa. Realizamos as seguintes actividades:

  • Realizamos todos os días de 12:00 a 12:20 a Hora de ler dedicando este tempo á lectura como lecer
  • Traballamos as normas da biblioteca e do uso do servizo de préstamo de libros.
  • Cada semana, o alumnado ía a biblioteca escolar para a realización dos empréstitos. Una vez remata a lectura cumprimentan a súa ficha bibliográfica.
  • Utilizáronse as mochilas viaxeiras ao longo do curso, elixindo dous libros ,un en castelán, outro en galego , una  revista e un caderno.
  • Fixemos lecturas colectivas e individuais de varios contos entre os que destacamos o “Parruliño feo”.
  • Realizamos comprensións lectoras sobre estas lecturas.

Consideramos que o tempo destinado á Hora de ler é imprescindible para fomentar e favorecer boas prácticas lectoras no noso alumando.

El brazalete mágico

Coñecer parte da historia da Grecia clásica mesturada con alguna andanza de Alejandro Magno foi máis sinxelo grazas á lectura do libro EL BRAZALETE MÁGICO de Rocío Rueda.

Previa á lectura buscamos información na rede sobre o patrimonio grego, completando información cos libros ATLAS DE LAS CIUDADES de Federica Magrin, ATLAS DE LA COCINA de Genny Gallo y ME LLAMO ALEJANDRO MAGNO de Pau Miranda e Christian Inaraja.

Despois da lectura reflexionamos sobre o expolio por parte dalgúns museos de pezas doutros países.

E como remate elaboramos os nosos brazaletes máxicos que nos transportan polo mundo da lectura.

El último violín

O alumnado de 4º de Ed. Primaria traballou ao longo do segundo trimestre na "Hora de ler" o libro de "O último violín" de Anna Manso e publicado por Anaya.

EL  PADRE  DE  Octavio  es  lutier,  fabrica  violines.  Su  hijo  admira su dedicación y su arte; a menudo pasa horas jun-to a él en el taller, por eso será el primero en darse cuenta de que a su padre le tiemblan los dedos. Son los síntomas de una enfermedad que poco a poco se irá haciendo más evidente, y que le llevará a no encontrar la perfección en su trabajo. El hombre, tras construir un violín del que está del todo satisfecho, decide cerrar el taller. Entonces aparecerá una extraña pareja (los Trencitas) en su puerta dispuesta a pagarle una gran cantidad de dinero por un último violín. Los coleccionistas de últimos objetos convencen al padre de Octavio, que pone el mismo mimo en ese violín que en cualquiera de  los  que  ha  hecho  en  su  vida.  Una  vez  terminado,  antes  de  la  fecha fijada, el lutier cae enfermo y no sale de la cama en quince días.  Se  recupera  justo  a  tiempo  para  celebrar  el  cumpleaños  de  Octavio. Durante la fiesta, le hará entrega del violín a su hijo, y le dice que es un regalo para él. Octavio, emocionado y feliz, decide convertirse en tan buen lutier como su padre.

Como remate ao traballo realizado unha alumna do centro, Eva, agasallounos cunha fabulosa interpretación con violín do "Himno da alegría" que para nada envexa a Ana Sophie Mutter.

Kamishibai by Yayoi Kusama

 

Yayoi Kusama achegouse ao noso cole a contarnos uns contos. E, como non?, contunos historias ao xeito tradicional xaponés, o KAMISHIBAI.

Aprendemos por que as stones están no fondo dos rivers. Grazas a  algúns animais:  elephants, frogs, hens, …, coñecemos porque as stones están alí.

Noutro conto, Yayoi Kusama saudou a Hans Christian Andersen e deleitou aos nen@s co conto The Tin Soldier.

Dinamarca e Xapón non están tan alonxadas!

 

Distribuir contido