MOCHILAS VIAXEIRAS.
O curso escolar 2023/2024 o alumnado de 3º Educación Primaria curso utilizaron dúas mochilas viaxeiras que foron intercambiadas cada semana durante todo o curso. O traballo do alumnado queda reflectido nos debuxos que se acompañan nos libros configurados para elo.
As mochilas viaxeiras permiten ao alumnado un préstamo por un período de sete días, para compartir coas familias o contido da mesma. O contido do material foi escollido pola titora de terceiro curso de Educación Primaria, supervisado pola profesora de Al, Natalia Castro Martínez, que pertence ao equipo de biblioteca e procurando que teña a maior variedade de textos e formatos para que o alumando poida elixir.
Acompañan a estes materiais “O diario da mochila” no que, tanto os nenos/as como as súas familias, aportan a súa opinión, novas creacións, debuxos, achegas, …, sobre o contido da mochila.
O material que acompaña a mochila do alumando de 3º curso de Educación Primaria foi o seguinte.
1º mochila:
• Lingua Galega. Astropal. Un cometa con corazón. Hércules de Ediciones
• Lingua castelá. El libro que se sentía solo. Editorial Juventud.
• Papagaio. Nº 1. Arde o planeta
• Reportero DOC. Nº 290 ¿La bici es ecológica?
• Leo Leo. Nº 396 El centauro y el hada de las flores.
2º mochila:
• Lingua Galega. Baleas e Golfiños. Baía Edicións
• Lingua castelá. El espacio en 3D. Editorial San Pablo.
• Papacontos. O corvo e o papagaio
• Reportero DOC. Nº 291. El agua un recurso muy valioso.
Estas mochilas foron pasando por todo o alumnado, e polo tanto tívose que renovar con outros libros.
1º mochila
• Lingua Galega. A estrambótica volta ao mundo en oitenta días. Ed Bubulú
• Lingua castelá. Caleidoscopio animal. Libros del zorro rojo
• Papagaio. Nº 29. Un museo con cadros estraños
• Reportero DOC. Nº 273. Oso pardo y compañía
• Leo Leo. Nº 390 Un extraño compañero
2º mochila:
• Lingua Galega. Confundindo historias. Kalandraka
• Lingua castelá. Inventos y descubrimientos. Ed Susaeta.
• Papagaio. Nº 25. Agustina a pintora descoñecida.
• Reportero DOC. Nº 299 La aventura de la antigua Grecia
• Leo Leo.Nº 403. El más bello de los regalos
Como conclusión, destacar que ler en familia é unha actividade moi divertida que axuda a entrelazar lazos entre os pais e nais e os seus fillos e fillas enriquécenos a todos. Ademais, a lectura enriquece intelectualmente aos nenos e nenas, estimulando a súa imaxinación, a capacidade para resolver problemas, a memoria e a linguaxe, axúdalle a coñecer o mundo no que vive e impúlsalle a querer saber máis. Comentando as lecturas que facemos todos xuntos podemos reflexionar sobre o lido, os valores do libro infantil e xuvenil que escollésemos, explorando nosos propios sentimentos. É, en definitiva, unha axuda na educación dos nosos fillos, polo que é importante proporcionarlle ao alumnado lecturas estimulantes, acompañalos no descubrimento do pracer da lectura, sendo un hábito moi saudable e cheo de beneficios.
MOCHILAS VIAXEIRAS
No curso 2023/ 2024 o alumnado de 6º de E. P participou no programa “mochilas viaxeiras” que se promove desde Bibliotecas escolares de Galicia. Este ano empregáronse dúas mochilas que foron intercambiadas cada quince días durante todo o curso.
O material que había en cada unha das mochilas viaxeiras de 6º curso de Educación Primaria intentouse que fose o máis variado posible, polo que se incluíu: narrativa en castelán e galego, revistas de temas que lles preocupaban tamén nos dous idiomas, libros sobre preguntas que se fan os alumnos destas idades. Buscábase que respondese aos gustos e intereses do grupo clase polo que a escolla foi feita pola titora e supervisado polo persoal da biblioteca. :
Acompañan a estes materiais “O diario da mochila” no que, tanto os nenos/as como as súas familias, aportan a súa opinión, novas creacións, debuxos, achegas…sobre o contido da mesma.
Como conclusión, cabe remarcar que as veces os nenos e nenas móstranse reticentes a levar a mochila pola responsabilidade que lles implica, mais cando a traen de volta a clase e comentan cos compañeiros e coa mestra sempre atopan algún libro que lles gustou ou que lles sorprendeu. Á vista os traballos que presentan!!
Quizais o seguinte paso podería ser incluírmos libros orientados ás familias e as súas posibles preocupacións educativas con respecto a etapa evolutiva na que se atopan os seus fillos. Atopar dentro da mesma mochila lecturas para distintos membros da familia pode ser un modo interesante de mellorar o hábito lector na nosa sociedade.
O Club de lectura de 5º de curso de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro, elixiu como sexto libro “O destino de Kameko” de Abel Alves da editorial Aira.
O libro foi traballado no mes de maio de 2024. Con este libro intentamos iniciar ao alumnado no mundo co cómic en galego e nunha temática como é o mundo oriental, como é Xapón que tanta curiosidade lle produce. O destino de Kameko conta a historia de Chiharu é unha moza orfa salvada da morte por unha misteriosa guerreira. Ao longo de libro xurdiran incógnitas como Quen é esa nena que leva sempre unha tartaruga no alto da cocorota? Por que quere apreixala o máis desapiadado asasino do imperio?
Actividade 1: Lectura
Lectura colectiva en voz alta.
Actividade 2: Análise das personaxes
A presentación das personaxes protagonistas e os comentarios que suscitou a súa chegada deu pé para traballar os prexuízos: entenderon perfectamente que as primeiras impresión son importantes, pero non definitivas e que, a maior parte das veces, as cousas non son o que parecen centrado na violencia de xénero dentro do seo dunha familia.
Actividade 3: Traballo de contidos da área de lingua
O texto serviu como práctica para traballar os contidos que estabamos dando na aula nese momento: os verbos (tempos verbais, conxugacións), pronomes, tipos de oracións.
Actividade 4: Ilustración
O alumado realizaron debuxos das personaxes en diferentes situación e con diferentes calidades, o que nos permitiu afondar nos contidos relacionados cos adxectivo.
Actividade 5: Elaboración da guía de lectura.
O alumado realizou dixitalmente a guía de lectura deste libro.
Actividade 6: Elaboración do audiolibro.
O alumado realizou dixitalmente o audiolibro.
Actividade 7: Concurso sobre o libro.
O alumado realizou por grupos o concurso sobre a compresión do libro.
Actividade 8: Kahoot.
O alumado realizou individualmente a compresión do libro a través do Kahoot.
EN GALEGO:
https://kahoot.it/solo/?quizId=d2898715-a4c1-42f6-ad0c-6618018e4915
EN CASTELÁN:
https://kahoot.it/solo/?quizId=9fc4fe41-f728-4789-89c1-2f2a30b51ae6
Actividade 9: Conclusión/valores
Despois da lectura fixemos un mapa conceptual sobre os valores que se poden extraer da historia.
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelsueiro/node/2503
O Club de Lectura do 5º Ciclo continúa coa seu interese pola lectura durante o Curso 2023/2024
O Club de Lectura de 5º de Educación Primaria, neste curso decidiu identificarse como os Sueriños experimentando unha notable madurez durante o curso académico 2023/2024.
Durante este ano escolar, o club explorou unha variedade de libros cativadores, abordando temas que espertaron a curiosidade e o interese centrados nos temas relativos aos ODS 2030. Os títulos traballados incluíron unha selección diversa que podedes consultar máis abaixo.
Un dos aspectos máis destacados foi a continuación e o éxito dos concursos de animación á lectura, organizados como actividade final despois da lectura de cada un dos libros seleccionados. Estes concursos non só incentivaron a comprensión e o goce coa lectura, senón que tamén fomentaron a participación activa e a creatividade entre o alumnado.
Ademais, como parte das actividades do club, incorporouse a gravación de lecturas (Audiolibros) de algúns dos libros utilizando o programa Audacity. Esta iniciativa non só mellorou as habilidades de lectura en voz alta do alumnado, senón que tamén contribuíu significativamente a elevar o nivel lector de todos os participantes así como o acceso do alumnado á lectura atendendo así a atención a diversidade dos seus e súas compañeiros e compañeiras de colexio.
En resumo, o Club de Lectura de 5º de Educación Primaria éi unha experiencia enriquecedora e exitosa para todos os implicados. A combinación de actividades innovadoras, concursos emocionantes e unha coidadosa selección de lecturas contribuíu a fomentar o amor pola lectura e o desenvolvemento integral do alumnado.
A continuación, encontraredes unha lista dalgunhas das actividades realizadas este ano no club:
O Club de lectura de 3º de curso de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro, elixiu como primeiro libro “Luuuume” de Andrea Freire da Editorial Antela. O libro foi traballado no mes de outubro onde nos centramos na xestión das emocións, prestando especial atención á ira.
O Club de lectura de 3º de curso de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro, elixiu como segundo libro “Sabela e os zocos máxicos” de Lorena María Croques da Editorial Proxecto Terra. O libro foi traballado no mes de outubro. Neste libro rexistramos o vocabulario galego descoñecido a través da historia dunha nena no rural.
O Club de lectura de 3º de curso de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro, elixiu como cuarto libro “O cazo de Lorenzo”de Isabelle Carrier da Editorial Juventud. O libro foi traballado no mes de outubro e novembro do curso escolar 2023/2024, este libro tiña o foco en tratar a diversidade.
O Club de lectura de 3º de curso de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro, elixiu como quinto libro “Mercedes quiere ser bombera”de Beatriz Moncó e mabel Pierola da Editorial Bellaterra. O libro foi traballado no mes de xaneiro. A temática principal é a igualdade de xénero. Este libro deu moito para reflexión e debate sobre a situación de xénero na actualidade.
O Club de lectura de 3º de curso de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro, elixiu como sexto libro “Pregunta a Dra Peteiro sobre o tempo”de Claire Llewellyn da Editorial Baía. O libro foi traballado no mes de xaneiro e febreiro. Con este libro traballamos conceptos do tempo xa que este tema está ligado ao noso PDI “Acción polo Clima”.
O Club de lectura de 3º de curso de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro, elixiu como sétimo libro “Descubramos o océano”de Mia Cee Cee da Editorial Émbora. O libro foi traballado nos meses de febreiro e marzo traballamos o coidado dos océanos a través dun cómic.
O Club de lectura de 3º de curso de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro, elixiu como oitavo libro “Os bolechas no entroido”.de Pepe Carreiro da Editorial Promocións Cultuaris Galegas. A través do caderno que ten este libro, os nenos aprenderon sobre o entroido e as súas peculiaridades.
O Club de lectura de 3º de curso de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro, elixiu como noveno libro “Xela, a superheroína da aldea”.de Inma Soto Iglesias da Editorial Aira. Este libro foi lido en Abril. Deseñamos un caderno de actividades onde os nenos facían comprensión lectora xunto con xogos onde o alumnado coñeceu o nome de animais da fauna típica galega. Ao rematar, tivemos o privilexio de ter como invitada a autora do libro representándonos o conto e firmando aos seus cadernos.
O Club de lectura de 3º de curso de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro, elixiu como noveno libro “Te necesitamos”de José Luis Gallego da Editorial WWF. Libro que trata o tema dos animais en perigo de extinción. Ao igual que o libro da Dra Peteiro, que mencionamos anteriormente, este libro está ligado a temática do noso PDI.
O Club de lectura de 3º de curso de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro, elixiu como décimo libro “Quen me quere adoptar? de Fina Caslderrey da Editorial Xerais. O mes de maio comezamos lendo este libro coa finalidade de enganchar aos nenos na lectura a través dun divertido relato corto.
O Club de lectura de 3º de curso de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro, elixiu como undécimo libro “Estrela...fugaz?” de Carlos Labraña da Editorial Galaxia. Seguindo no mes de maio e como aínda non traballáramos nada de teatro, escollemos esta obra para enganchalos a outro estilo de libro onde cada neno poderíamos practicar a dramatización.
O 14 de maio o alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria participou no obradoiro de “Dobraxe na escola” que organizou a concellería de educación do noso Concello no Auditorio.
Da man dos actores e dobradores profesionais Suso Pando e Manuel Pombal achegámonos á técnica da dobraxe, concretamente á das películas de animación para coñecer esta máxica e innovadora ferramenta que foi quen de captar a atención, do alumnado, sobre aspectos básicos na comunicación oral, como cadencia, ritmo ou intención.
A técnica de dobraxe fai que os nenos e as nenas traballen aspectos tan importantes como a concentración, a empatía e a colaboración en equipo; ao tempo que os motiva a divertirse na nosa lingua.
Ao principio, os monitores fixeron un xogo dramático no que nos contaron todos os pasos da creación dunha película, desde a elaboración do guión ata a dobraxe. A continuación, ensaiamos un fragmento de Bob Esponxa, aprendendo a encaixar as nosas propias voces nas bocas dos personaxes. Para rematar, fixemos de dobradores e dobradoras, lendo o guión facilitado, ensaiamos, para gravar a continuación a dobraxe.
O alumnado de Infantil goza dunha xornada na Biblioteca Pública de Ourense!
O pasado 10 de maio, os nenos e nenas de Educación Infantil do noso cole viviron unha experiencia inesquecíbel na Biblioteca Pública Provincial de Ourense. Co obxectivo de fomentar o amor pola lectura en tempo de lecer e familiarizalos co uso da biblioteca, o alumnado participou nunha completa xornada de formación de usuarios e animación á lectura.
Durante a visita, os cativos descubriron que os libros poden adoptar diferentes formas e tamaños, desde os clásicos libros encadernados ata aqueles con texturas, despregables, con movemento ou mesmo con sons. Esta experiencia sensorial espertou a súa curiosidade e convidounos a explorar o mundo da lectura dunha maneira máis interactiva e divertida.
A continuación, mergulláronse nunha máxica sesión de contacontos narrada cun kamishibai, un teatro de papel xaponés que utiliza láminas ilustradas para narrar historias. A narradora, coa súa voz expresiva e as imaxes cativadoras, transportou aos nenos e nenas a un mundo de fantasía e aventuras, espertando a súa imaxinación e fomentando a súa atención.
Para rematar a xornada, gozaron dun tempo libre para explorar os fondos da biblioteca. Entre estantes cheos de libros, quebracabezas, … puideron elixir os seus favoritos e gozar da lectura nun ambiente tranquilo e acolledor.
Esta xornada na Biblioteca Pública de Ourense foi unha experiencia enriquecedora para o alumnado de Educación Infantil, quen tivo a oportunidade de descubrir o pracer da lectura en tempo de lecer e familiarizarse cun espazo cultural tan importante como a biblioteca.
Unha experiencia que sen dúbida repetiremos!
O curso escolar 2023/2024, a aula de O grupo 5º de Educación Primaria traballou o ODS 16 que se centra en: "Promover sociedades xustas, pacíficas e inclusivas ". A paz, a transparencia, a rendición de contas e o estado de dereito son elementos esenciais para lograr un desenvolvemento sostible. Entre os principais obxectivos do Obxectivo 16 están para garantir o acceso en igualdade de condicións á xustiza, a toma de decisións inclusiva, participativa e representativa e o acceso público á información, así como o establecemento de institucións eficaces, responsables e transparentes e a adopción de leis e políticas non discriminatorias. a favor do desenvolvemento sostible.
Para a realización do Proxecto Documental Integral durante todo o curso escolar 2023/2024 usáronse diversos materiais entre os que se encontrar os seguintes:
• ¡Nata y chocolate invencibles!. Alcia Borras Sanjurjo. Ed. Anaya.
• Alzar la voz. Ana Alonso. Ed. Anaya
• Un girasol en Kiev. Ana Alonso. Ed. Anaya.
• Aún te quedan ratones por cazar. Blanca Álvarez. Ed. Anaya.
• Chicas alrescate. Bruce Lansky. Ed. Anaya.
• El árbol de la mujer dragón y otros cuentos. Ana María Shua. Ed. Anaya.
O porqué deste traballo integrado resúmese nas seguintes liñas centradas nas súas vantaxes tales como:
• Aumenta a motivación. O alumnado alcanza unhas necesidades de rango superior.
• Os membros dun equipo de traballo teñen a oportunidade de aplicar os seus coñecementos e competencias, e ser recoñecidos por iso, mesturando fortalezas complementarias.
• Maior compromiso mellorando o desempeño.
• Máis ideas.
• Máis creatividade e a aprendizaxe.
• Mellora a comunicación e reduce a tensión.
• Mellores resultados, aumentando a eficiencia e a produtividade.
Obxectivo xeral:
Ser capaz de coñecer, identificar e propor modificacións no modelo actual para garantir o acceso en igualdade de condicións á xustiza, a toma de decisións inclusiva, participativa e representativa e o acceso público á información, así como o establecemento de institucións eficaces, responsables e transparentes e a adopción de leis e políticas non discriminatorias. a favor do desenvolvemento sostible.
Obxectivos específicos:
1. Coñecer e valorar a importancia do acceso en igualdade de condicións á xustiza,
2. Coñecer e valorar a importancia do acceso a toma de decisións inclusiva, participativa e representativa.
3. Coñecer e valorar a importancia do acceso a información.
4. Coñecer e valorar a importancia do establecemento de institucións eficaces, responsables e transparentes
5. Valorar a importancia e a adopción de leis e políticas non discriminatorias. a favor do desenvolvemento sostible.
6. Recoñecer e identificar as propias emocións en distintas situacións.
7. Coñecer e practicar a empatía como instrumento para mellorar a convivencia cos demais.
8. Tomar conciencia do valor que teñen os elementos da natureza e do planeta.
9. Comprender o papel que temos en coidar o medio ambiente que nos rodea e no resto do mundo.
10. Promover a nosa capacidade como defensoras e defensores do medio ambiente.
11. Desenvolver unha posición crítica e participativa con respectoas leis e políticas non discriminatorias.
12. Aprender sobre o papel das mulleres, novas e comunidades ao redor do mundo na defensa do medio ambiente.
13. Promover accións de mobilización e incidencia polo coidado do medio ambiente nas nosas contornas educativas e comunitarias
Contidos:
1. A xustiza. Igualdade.
2. A toma de decisión: inclusividade, participación e representatividade.
3. A información: acceso a información pública.
4. Institución internacionais: a eficacia, responsabilidade e transparencia.
5. Leis e políticas internacionais e nacionais: non discriminatorias e a favor do desenvolvemento sostible.
6. Diferentes emocións: tenrura, amor, odio, ira, irritación,...
7. Papel da muller na defensa do medio ambiente.
Criterios de avaliación.
1. Coñece e valora a importancia do acceso en igualdade de condicións á xustiza,
2. Coñece e valora a importancia do acceso a toma de decisións inclusiva, participativa e representativa.
3. Coñece e valora a importancia do acceso a información.
4. Coñece e valora a importancia do establecemento de institucións eficaces, responsables e transparentes
5. Valora a importancia e a adopción de leis e políticas non discriminatorias. a favor do desenvolvemento sostible.
6. Recoñece e identifica as propias emocións en distintas situacións.
7. Coñece e practica a empatía como instrumento para mellorar a convivencia cos demais.
8. Toma conciencia do valor que teñen os elementos da natureza e do planeta.
9. Comprende o papel que temos en coidar o medio ambiente que nos rodea e no resto do mundo.
10. Promove a nosa capacidade como defensoras e defensores do medio ambiente.
11. Desenvolve unha posición crítica e participativa con respectoas leis e políticas non discriminatorias.
12. Aprende sobre o papel das mulleres, novas e comunidades ao redor do mundo na defensa do medio ambiente.
13. Promove accións de mobilización e incidencia polo coidado do medio ambiente nas nosas contornas educativas e comunitarias
Indicadores de logro ou desempeño.
1. Coñece o acceso do acceso á xustiza en España e o compara con outros países do mundo.
2. Coñece a toma de decisións de organizacións como UNICEF, OTAN e a UE si son inclusivas, participativas e representativas.
3. Coñece e valora a importancia do acceso a información veraz e de calidade na internet.
4. Coñece o funcionamento de institucións eficaces, responsables e transparentes en España.
5. Valora a importancia de leis e políticas non discriminatorias. a favor do desenvolvemento sostible propostas por España para o desenvolvemento da Axenda 2030.
6. Recoñece e identifica as propias emocións en distintas situacións.
7. Coñece e practica a empatía como instrumento para mellorar a convivencia cos demais.
8. Comprende o papel que temos en coidar o medio ambiente que nos rodea e no resto do mundo.
9. Promove a nosa capacidade como defensoras e defensores do medio ambiente.
10. Desenvolve unha posición crítica e participativa con respecto as leis e políticas non discriminatorias.
11. Aprende sobre o papel das mulleres, novas e comunidades ao redor do mundo na defensa do medio ambiente.
12. Promove accións de mobilización e incidencia polo coidado do medio ambiente nas nosas contornas educativas e comunitarias
Contribución ás competencias clave e transversais e competencias claves da unión europea:
O desenvolvemento deste Proxecto Documental Integrado contribuirá ao desenvolvemento do conxunto das competencias claves definidas no marco normativo, contribuíndo as seguintes: comunicación lingüística; competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía; competencia dixital; aprender a aprender; competencias sociais e cívicas; sentido de iniciativa e espírito emprendedor e conciencia e expresións culturais. En especial destacar as competencias sociais e cívicas xa que llos diferentes coñecementos que desenvolveremos e a aplicación dos mesmos por parte dos alumnos na súa vida diaria, dotándolles das estratexias necesarias para unha mellora da convivencia cos demais e con iso un mellor desenvolvemento social e persoal nos diferentes aspectos da súa vida; aprender a aprender e sentido de iniciativa e espírito emprendedor.
Número de sesións: unha por semana.
Temporalización: durante todo o curso en sesións de 50 minutos cada unha.
Metodoloxía: traballouse a través dunha metodoloxía activa e do descubrimento guiado, para que o alumno sexa capaz de construír as súas propias aprendizaxes de maneira autónoma. Apoiarémonos na maioría das actividades de soporte dixital, priorizando en todo momento o traballo a través da comunicación oral, axustándonos ás características do alumnado.
O PDI, “Todos xuntos melloramos o noso mundo”, desenvolveuse en dúas fases.
A primeira das fases, durante os dous primeiros trimestres facendo referencia a como atopamos o noso mundo e as diversas accións que vai realizando a sociedade, unhas que axudan a mellorar o noso planeta e outras que son necesarias melloralas. As actividades realizadas ao longo da primeira fase que permitiron ao alumnado de 5º de Educación Primaria ver como se atopa o noso mundo foron:
1º) Outubro : presentación do PDI de 5º de Ed. Primaria para o curso escolar 203/2024. (Día das bibliotecas escolares). https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelsueiro/node/2277
2º) Día da alimentación. Co lema “Fame cero” (semana do 19 a 21 de outubro).
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelsueiro/node/2271
3º) Mes da ciencia. Como a ciencia mellora a calidade de vida e o coidado do planeta (mes de novembro). https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelsueiro/node/2333
4º) Dereitos da infancia. (20 de novembro). https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelsueiro/node/2322
5º) PLAN Director (21 de novembro). https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelsueiro/node/2332
6º) Reflexión sobre o libro “Mi nombre es Skywalker”. https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelsueiro/node/2338
7º) Reflexión sobre o libro “Los hombres no pegan”.
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelsueiro/node/2385
8º) Reflexión sobre o libro “Delfines amigos”.
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelsueiro/node/2384
A segunda das fases, comezou no mes de febreiro de 2024. O alumando partiu da frase do libro Guerra e paz “Pese a todo lo malo que hay en la vida, la humanidad va dejando atrás, poco a poco, lo peor que ella arrastra”
9º) Semana da prensa (6 ao 10 de marzo) Buscando noticias relacionadas sociedades xustas, pacíficas e inclusivas. O alumnado puido observar cales son as diferenzas entre as sociedades occidentais, orientais e países nos que aínda son gobernadas por ditadores.
https://newspapermap.com/#41.05102,-6.18765,5z
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelsueiro/node/2486
10º) A seguinte actividade centrouse na investigación propiamente dita do PDI establecendo cales son as ideas que teñen que tratar. Para o cal utilizamos a técnica de lapis ao centro recollendo as seguintes ideas que deben investigar.
Idea 1: que entendemos por sociedades xustas, pacíficas e inclusivas?
Idea 2: de onde ven o termo inclusivo?
Idea 3: a inclusión e o mesmo que integración?
Idea 4: que son os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible?
Idea 5: alternativas ao desenvolvemento sostible.
Idea 6: un planeta con sociedades xustas, pacíficas e inclusivas..
Idea 7: países xustos, pacíficos e inclusivos.
Idea 8: España é un país, xusto pacífico e inclusivo?
Idea 9: obxectivos de España para alcanzar o ODS 16 e ser un país máis xusto, pacífico e inclusivo.
Unha vez centradas cales son as ideas que son obxecto de investigación o alumnado reunido en grupo decidiron como repartir o traballo e as características do mesmo. O reparto foi o seguinte:
“Todos xuntos melloramos o noso mundo”,
Temas Responsables Temas Responsables
Idea 1: que entendemos por sociedades xustas, pacíficas e inclusivas? Sara Álvarez Idea 7: países xustos, pacíficos e inclusivos. Francisco e Hamed
Idea 2: de onde ven o termo inclusivo? Myrom. Idea 8: España é un país, xusto pacífico e inclusivo? Desiré e Jordana
Idea 3: a inclusión e o mesmo que integración? Valeria Idea 9: obxectivos de España para alcanzar o ODS 16 e ser un país máis xusto, pacífico e inclusivo. Yara, Tiago e Mateo
Idea 4: que son os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible? Valery ÍNDICE Jeray e Tiago
Idea 5: alternativas ao desenvolvemento sostible. Anais PORTADA Sara Arias.
Idea 6: un planeta con sociedades xustas, pacíficas e inclusivas. Sara Arias e Jeray
Aspectos común do traballo:
• Letra: Celtic. Tamaño 12. Título 16 en negrita. Separación 1,5 entre liñas.
• Cada un dos apartados deberá estar redactado en galego e cunha fotografía, ben feita polo alumno/a ou que se obteña da internet libre de uso. Esta foto deberá conducir a un enlace dun vídeo relativo a temáticas explicada.
11º) A seguinte actividade centrouse na aplicación práctica do PDI centrándose no exemplo da Comunidade Galega e a súa organización e aspectos participativos na súa xestión e organización. Saída escolar ao Parlamento e Xunta de Galicia. https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelsueiro/node/2442
12º) A última das actividades centrouse na confección da investigación en formato pdf respectando as normas e indicacións establecidas.
AVALIACIÓN:
Será continua, baseada na observación diaria, mediante a recollida de datos segundo un rexistro de ítems. Para avaliar o resultado utilizaremos a seguinte táboa de dobre entrada, sendo avaliada por cada un dos alumnos/as e polo docente. A táboa indícase os seguintes aspectos (SI (S), NON (N), Mellorable (Me).
Avaliación profesorado: cos indicadores Si, Non, Mellorable.
A experiencia resultou satisfactoria?
Cal foi o sentir do alumnado?
Os nenos/as foron protagonistas?
Participaron as familias?
O alumnado expuxo o seu proxecto?
Foi axeitada a temporalización?
Acadáronse os obxectivos específicos propostos?
As actividades resultaron atractivas?
Os recursos proporcionados pola biblioteca foron os axeitados?
A metodoloxía de aprendizaxe por proxectos resulta ben?
Desenvolvemos os obxectivos iniciais?
O proxecto aplicase a vida cotiá do alumnado?
Avaliación do alumnado: cos indicadores Si, Non, Mellorable.
A experiencia resultouche satisfactoria?
Te consideraches que fuches o protagonista da actividade?
A túa familia axudouche a entender os libros?
Fuches quen de expoñer o proxecto ante os teus compañeiros/as?
Deuche tempo a ler cada un dos libros?
Fuches capaz de resolver os problemas que se lle presentaban a cada un dos personaxes?
Gustáronche os libros?
Serías capaz de aplicar o que aprendiches para conseguir novos amigos/as?
Gustouche a maneira de traballar os contos a través do diálogo e o intercambio cos compañeiros/as?
Resultouche interesante o que liches nos libros?
Como conclusión, destacar que cando as persoas dialogan e saben escoitar e poñerse no lugar dos outros, é indiscutible os resultados melloran así como a convivencia e relación cos demais. A valoración do traballo foi en aumento ata o punto de pasar, dunha estratexia de motivación e de resolución de problemas, a darlles capacidade para tomar decisións, planificar e conducir os mesmos procesos dos que son protagonistas.
MOCHILAS VIAXEIRAS:
O curso escolar 2023/2024 o alumnado de 5º Educación Primaria curso utilizaron dúas mochilas viaxeiras que foron intercambiadas cada quince días durante todo o curso. O traballo do alumnado queda reflectido nos debuxos que se acompañan nos libros configurados para elo.
As mochilas viaxeiras permiten ao alumnado un préstamo por un período de quince días, para compartir coas familias o contido da mesma. O contido do material foi escollido polo titor de 5º curso de Educación Primaria, supervisado pola biblioteca e procurando que teña a maior variedade de textos e formatos para que o alumando poida elixir.
Acompañan a estes materiais “O diario da mochila” no que, tanto os nenos/as como as súas familias, aportan a súa opinión, novas creacións, debuxos, achegas, …, sobre o contido da mochila.
O material que acompaña a mochila do alumando de 6º curso de Educación Primaria foi o seguinte.
1º mochila:
• Lingua Galega. Megatoxos e o aprendiz de druída. Ed. Xerais.
• Lingua castelá. El último curso en Torres de Malory. RBA
• Papagaio. Nº 9. Os dinosaurios, dos libros aos videoxogos
• Reportero DOC. Nº 282. ¡Bienvenidos a Japón!
2º mochila:
• Lingua Galega. Megatoxos e os templarios da luz. Ed. Xerais.
• Lingua castelá. Quinto grado en Torres de Malory. RBA
• Papagaio. Viaxe á Galicia medieval.
• Reportero DOC. Nº 283. ¿Quién inventó la escuela?
Como conclusión, destacar que ler en familia é unha actividade moi divertida que axuda a entrelazar lazos entre os pais e nais e os seus fillos e fillas enriquécenos a todos. Ademais, a lectura enriquece intelectualmente aos nenos e nenas, estimulando a súa imaxinación, a capacidade para resolver problemas, a memoria e a linguaxe, axúdalle a coñecer o mundo no que vive e impúlsalle a querer saber máis. Comentando as lecturas que facemos todos xuntos podemos reflexionar sobre o lido, os valores do libro infantil e xuvenil que escollésemos, explorando nosos propios sentimentos. É, en definitiva, unha axuda na educación dos nosos fillos, polo que é importante proporcionarlle ao alumnado lecturas estimulantes, acompañalos no descubrimento do pracer da lectura, sendo un hábito moi saudable e cheo de beneficios.
Hoxe 29 de abril de 2024 a asociación LIMISI realizou co alumnado de 5º e 6 curso do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro o obradoiro titulado “diversidade funcional” na que puideron traballar e experimentar a través de diferentes actividades as dificultades que teñen as persoas para realizar diversas accións e como, moitos deles, sufriron acoso escolar nos centros educativos.
A segunda parte do obradoiro consistiu no traballo das emocións antes as diversas situacións que lles ensinaron a través de dúas curtas e un vídeo na que se poidan escoitar as experiencias negativas dos usuarios de LIMISI.
Pero que é LIMISI? É unha asociación para a promoción de persoas con diversidade funcional, integrada por pais, nais, familiares, amigos e persoas con discapacidade intelectual que comeza a súa andaina en novembro do 2002.
O fin prioritario é mellorar a calidade de vida das persoas con diversidade funcional, potenciando o pleno desenvolvemento das súas capacidades individuais, actuando directamente no ámbito das súas competencias. É a busca e consecución da plena integración, velando pola salvagarda dos seus dereitos en todos os aspectos da vida: educativos, formativos, psicolóxicos, legais, laborais, recreativos, deportivos, etc; mediante o apoio a estas persoas e ás súas familias e a sensibilización da sociedade.