O CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro colabora con Protección Civil de Ourense na Campaña de Nadal 2023 na que poderedes doar xoguetes ou alimentos na caixa que se atopa na entrada do colexio, entregando os alimentos recollidos no Banco de Alimentos e os xoguetes recollidos doaranse aquelas asociacións que os requiran a Protección Civil. A campaña de recollida de xoguetes e alimentos do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro iníciase o luns 27 de novembro e remata o xoves 21 de decembro de 2023.
O 10 de novembro, celebramos a festa do magosto no patio do noso colexio.
Seguindo a tradición dos últimos anos, primeiro disfrutamos dunha merenda a base de bolos preñados de chourizos, empanada de carne e bonito, e de postre bica que acompañou ás protagonistas desta festa: as castañas.
A continuación, realizamos un circuíto de xogos populares, con 9 estacións, que nos organizaron os/as profes do cole coa axuda do alumnado de prácticas.
Comida do magosto
Pintándonos no magosto
Xogos populares
O último día do mes de outubro voltamos a celebrar a Festa do Samaín no noso cole coa realización das seguintes actividades:
(Vídeo do baile en elaboración.)
Preme para ver o vídeo do túnel
A FAO celebra cada ano o Día Mundial da Alimentación o 16 de outubro, ao conmemorar a fundación da Organización en 1945. Organízanse eventos en máis de 150 países de todo o mundo, facendo que sexa unha das xornadas máis celebradas do calendario da ONU.
No Manuel Sueiro unímonos á conmemoración traballando sobre a fame infantil no mundo. Visitamos 8 países (Afganistán, Nixeria, Iemen, Bharat, Serra Leona, Madagascar,Etiopía, Malí e Honduras) que nos mostraron o camiño cara o lema deste ano “ A NOSA META: FAME CERO”.
Tentamos concienciarnos da necesidade e responsabilidade do non desperdicio de comida no noso contorno, colexio, familia,... para non esquecer os obxectivos da axenda 2030.
Ao longo da semana do Día da alimentación, cada curso do cole pescudou información sobre un país dos que aínda se pasa fame no mundo e elaborou un lema sobre a Fame cero e o despercidio de alimentos.
Para rematar, o último día, o alumnado de cada curso expuxo ao resto do cole o resultado das súas pescudas e o lema elaborado.
TRABALLOS FEITOS POLO ALMNADO
SLOGÁNS
Aquí poderedes ver o reultado final do noso traballo ao longo deste curso para participar no programa Nós tamén creamos! dentro do plan Proxecta.
Todo o alumnado do centro participou na realización das láminas dun kamishibai sobre a vida e obra de Rosalía de Castro que representou o alumnado de 6º de Ed. Priamria na sala de usos múltiples para todo o centro.
Previamente á representación, o alumnado de 6º de Ed. Primaria diseñou e montou o propio tetrillo para representar os kamishibais.
Ás veces, chegan mensaxes misteriosas nunha botella, outras, como neste caso, chegan maletas cheas de libros sobre os nosos mares e océanos.
Foi polo mes de febreiro cando recibimos no centro a exposición itinerante “Coidando o noso mar” prestada polo CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia) na Coruña, así como as redes e as nasas que os/as nosos mariñeiros/as usan a cotío no seu labor nas Rías Baixas. http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelsueiro/node/2078
RÍAS ALTAS e RÍAS BAIXAS XUNTAS NO CEIP MANUEL SUEIRO!
As/os peques de Infantil achegáronse á beira do noso mar para descubrir eses libros con historias que nos achegan á inmensidade e tamén á fraxilidade dos nosos mares.
As/os alumnas/os de 4o E.P., como parte do proxecto documental sobre os mares, mergulláronse nese océano de libros achegándose aos seres vivos que os habitan.
DESFRUTEMOS E COIDEMOS OS NOSOS MARES!
Os/as nenos/as de 4º E.P. non atopaban resposta a por que ás veces miramos e non vemos e oímos sen escoitar. E nesas andabamos cando, como nos últimos tres cursos, unha das Bases do Ejército de Tierra, a Base Oroel San Bernardo, deunos a resposta.
Saímos do cole rumbo a Antártida, compartindo espazo e tempo coas mulleres e homes da Base Gabriel de Castilla, nun chimpo chegamos a Castrillo del Val en Burgos para saudar ao persoal da Base Cid Campeador e como non estabamos lonxe, achegámonos a Jaca en Huesca, para coñecer ao GMAM e o seu traballo a prol das persoas con discapacidade visual.
O ano 2022 estaba no seu trimestre final e soubemos que a ONU proclamou o ano 2022 como Ano Internacional do Desenvolvemento Sostible das Montañas. Cos recursos facilitados pola FAO deu comezo este proxecto.
A Biblioteca Escolar do centro facilitounos títulos para facer das montañas o eixe das nosas lecturas. Estes foron algúns:
Destacamos o libro remitido desde a EMMOE do GMAM, con información valiosa e
fascinantes fotografías que captaron a atención dos nosos/as alumnos/as.
Aprendemos xentilicios, JAQUÉS, JACETANO, OSCENSE, ..., ; situamos países, cordilleras, continentes, coñecemos nomes de picos montañosos, volcáns, desertos, ...
Para achegarnos á discapacidade visual traballamos co organismo internacional IAPB que nos facilitou recursos para o proxecto; coñecemos o sistema Braille e escribimos o título do noso proxecto nese sistema de escritura.
E como o noso proxecto vai de escalada e ollos, eliximos unha das cumes nas que o GMAM fixo cima xunto a discapacitados visuais chamado "OJOS DEL SALADO".
Elaboramos un xogo de preguntas e respostas para a “montaña” que creamos con material de refugallo e que leva por nome “De la Base a la cima”.
No día da poesía, e xa que falamos de ollos, recitamos un poema visual, un caligrama, co propósito de formar unha unidade coa montaña, a capacidade visual e o traballo de mulleres e homes do Ejército de Tierra na Base Oroel San Bernardo, facendo unha chiscadela ao nome do noso cole.
Galicia é Europa!!!
O Día de Europa ten lugar cada 9 de maio. Neste día celebramos os logros e a unidade en Europa.
Dendo o noso centro animamos ao noso alumnado a coñecer Europa e a investigar sobre a presenza de Galicia nas institucións da Unión Europea. Tendo como referencia a Fundación Galicia Europa (FGE), entidade que ten como fin de promover todas as accións que propicien o achegamento entre Galicia e Europa.