Reporteiros/as do SUEIRO percorren todos os países do mundo onde atopan animais extraordinarios no seu hábitat natural e os/as máis intrépidos son os naturalistas de 3ºE.P.
Non importa se é un flamingo, un owl, unha snake, un deer, un monkey, un elephant, un crocodile, un tiger, un lion, un hippo, un hedgehog... Cando se trata de animals, todos merecen o noso coidado e o do medio no que viven.
E coa axuda do auxiliar de conversa, Tobias, preparamos un documental, sempre ao noso xeito, para a canle do cole sobre animais.
Se queredes disfrutar de xogos e curiosidades sobre animais e medioambiente, tendes acceso no enlace https://kids.nationalgeographic.com/
SAVE THE EARTH!