try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

Proxecto Centro

Saída fin de curso Monte Aloia 2023-24

O pasado día 10 de xuño, pechamos o curso académo ao grande cunha saída de todo o cole o noso querido Monte Aloia. Alí puidemos facer varias actividades coma:

- Os/as cativos/as de Educación Infantil e 1º Ciclo de Primaria puideron gozar das historias da Fada do Aloia descubrindo o apaixonante mundo da fauna e da flora.

- A rapazada de 3º e 4º de Educación Primaria, fixeron unha marabillosa ruta, na que coñeceron a Historia do Monte e a vexetación típica do parque natural.

- O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria fixeron un xogo de orientación, onde tiveron que atopar distintaspistas agochadas por diferentes partes do parque. 

Pasámolo xenial, para mostra un pequeno vídeo onde recollemos esta gran aventura. Para velo, premede aquí ou na foto.

 

A MAXIA DO TEATRO

E neste curso tocoulles ao alumnado de 5º de Primaria vivenciar a maxia do teatro, unha actividade que leva tempo preparar, pero onde se traballan moitísimos aspectos importantes para a nosa rapazada.

Co teatro, fomentamos a creatividade e a imaxinación, xa que temos que crear un atrezzo e un escenario. Desenvolvemos habilidades sociais e emocionais, xa que todos somos importantes, todos témonos que axudar e adaptar aos nosos compañeiros de escena cando representamos o papel. Melloramos a concentración e atención, ademais de estimular a expresión e a comunicación e, o mellor de todo, realizáse nun ambiente de diversión, onde rimos moito, moitísimo!

A obra representada foi unha adaptación do conto "ALCALDESA VERMELLA" do HEMATOCRÍTICO, mostrando así a nosa humilde homenaxe a un gran escritor, que a pesar de deixarnos, sempre estará presente entre nós a través das lecturas.

Preme na foto, ou AQUÍ, se queres ver a obra e vivir a emoción do teatro con eles e elas

Pasámolo xenial e as familias puideron gozar desta obra tan fantástica.

 

OBRADOIRO NA TEPOTECA: PROTEXEMOS OS NOSOS MONTES

 Na Tepoteca, recibimos a Donde viven los cuentos para realizar con nós uns fantásticos obradoiros sobre mulleres que destacaron en diferentes campos do coñecemento.

Os peques do cole gozaron coñecendo á escultora Soledad Penalta e á pintora Maruja Mallo. Fixemos as nosas propias obras de arte, e Tepo e Tepa estiveron moi atentos tamén.

O alumnado do segundo e terceiro ciclo realizaron tamén un obradoiro de ciencia e coñeceron mulleres destacadas nos ámbitos de bioloxía, ocenaografía e astronomía. 

 
 
 
Distribuir contido