Esta semana tivemos unha visita moi especial, a de Antía, Óscar, Laura e Nacho. Quedamos alucinados con todo o que poden facer a pesar de estar en cadeira de rodas e, no caso de Óscar, non poder falar, aínda que sí pode comunicarse grazas aos medios tecnolóxicos.
Unha gran lección de superación a que mostraron.
MOITAS GRAZAS POLA VOSA VISITA!!!
Ademais da visita, levamos varias semanas traballando esta data tan significativa para nós.
Aquí tedes algúns dos resultados:
O alumnado de 3º e 4º de primaria estiveron compoñendo este cartel formado por moitas volvoretas, todas diferentes, pero todas elas voando.
DIFERENTES NO VOO, PERO CO MESMO DEREITO A VOAR
Tamén na área de Educación Física se traballou o respecto á diferenza e o traballo en equipo.
NO DEPORTE ENCAIXAMOS TODOS
E como todo o que se traballa no centro, o eixe central sempre é a nosa biblioteca, polo que tamén houbo unha exposición con contos para ler e traballar sobre a diversidade funcional.
"A DIFERENZA ENRIQUECE E O RESPECTO UNE"