try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

EduExcelencia

CINE DE RADIO CON 2º PRIMARIA

Ola familias!
Esta vez foron as intrépidas e intrépidos de 2º de Primaria @s que se atreveron co programa radiofónico de "CINE DE RADIO". O concurso versaba sobre unha das súas cancións favoritas: "DE ELLOS APRENDÍ". Descubrimos as películas que estaban detrás das frases da canción. Premede no PLAY e a disfrutar!
 
 
 

3º DE PRIMARIA PRESENTA: RADIO VIOLETA

Ola familias!

Os nenos e nenas de 3º, no seu programa de Radio Violeta deleitáronnos cunha liña do tempo moi orixinal. Feita con mulleres que loitaron polos dereitos de todas e que, sen dúbida, estivo moi ben acompañada das súas voces e de boa música. Se queredes pasar un bo anaco...premede no PLAY!

 
 

CINEASTAS PIONEIRAS

Ola familias!

Os nenos e nenas de 4º de primaria quixeron aportar o seu grao de area ao Día da Muller e a maiores levaron a cabo unha investigación sobre "Mulleres cineastas" O resultado paga a pena velo. Pinchade no vídeo e a disfrutar do traballo ben feito!

SUPERESTREO DO VÍDEO PROMO DO COLE!

Ola familias!

Teño o pracer de presentarvos o vídeo onde mostramos o noso colexio. Está feito baixo a visión e o traballo dos nenos e nenas de 5º dentro do Proxecto Polos Creativos. Non podemos estar máis orgullosos do noso alumnado.

Botade unha ollada premendo na imaxe!

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.

De novo, no CEIP de Rebordáns celebramos esta data internacional , o Día da Muller. Para conmemorala levamos a cabo distintas actividades:

- Estreamos o noso "Paseo da fama" coas nosas mulleres máis importantes.
- Fixemos un mural con referencia ás nosas nais.
- Creamos distintas manualidades relacionadas coa temática.

E para finalizar, Tepo e Tepa presentáronnos no espazo de lectura do corredor, unha interesante exposición de libros, que nos axudan a entender e disfrutar que é iso da igualdade.


 Si queredes ver isto e moito máis, premede na foto para ver o vídeo:

ESTREAMOS EQUIPOS DE RADIO.

Ola familias,

Estreamos equipo de radio novo! Mesa de misturas, micrófonos e auriculares profesionais e un portátil. Grazas ao material aportado polo proxecto Polos Creativos.

Os primeiros en probalo foron os nenos e nenas de 4º de primaria. A verdade é que lle deron un moi bo uso. Xulgade vós mesm@s premendo na imaxe.

P.D. Desculpade a calidade do son, pero as profes aínda estamos aprendendo...;)

OBRADOIRO DE XADREZ

 O xadrez é unha disciplina que activa o pensamento matemático, a lóxica, a anticipación, a percepción espacial, a concentración e a memoria entre outras cousas. De novo, un ano máis tivemos o pracer de contar con Brais e o Clube de Xadrez de Mos. Ao longo dun mes fixo que os nenos e nenas lembrasen o aprendido o ano anterior, aprendesen novas xogadas e estratexias, disfrutasen e agardasen con ansia a seguinte sesión. Mil grazas Brais. Vémonos o vindeiro ano.

Distribuir contido