Cremos nunha infancia capaz, protagonista, curiosa, disposta e atrevida. Por iso dende a escola o noso papel é acompañarvos no voso paso pola primeira etapa no centro “Educación infantil”, xa que vos queda un gran camiño a recorrer dentro do CEIP Rebordáns.
Nestes tres anos esperamos que aparte de coñecementos, contidos, etc.... ensináramos a observar, investigar, rir, compartir, xogar, abrazar, falar, escoitar...e levedes á seguinte etapa da vosa vida estes verbos e os utilicedes o máximo posible.
Non é unha despedida é un ata logo, vémonos na clase de 1º de Primaria, pero neste vídeo podedes recordar como empezou toda esta aventura....
Durante a "Semana das Letras Galegas" celebrada no cole, unha das actividades realizadas foi o "XIII Recital Poético", no que Infantil participou co conto rimado "O CASAMENTO DA PULGA", recollido polo autor homenaxeado.
Comezamos as actividades da Semana da Ciencia traballando a medida, empregando o noso propio corpo: pasos, pés, corpo.
Despois de probar e contar, xuntámonos todos para fecer comparacións coas cantidades e descubrimos que había diferenzas dependendo desde onde medimos en cada clase (a distancia) e de se medíamos os maiores ou os pequenos.
Queremos agradecer ao alumnado e ás familias de Educación Infantil e de 1º e 2º de Primaria a súa colaboración para elaborar este fermoso tren para o Nadal.