try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

Infantil

UNHA MAÑÁ NA COCIÑA.

     Os nenos  e  nenas de 6º de Infantil e 1º de Primaria pasamos unha mañá coas "mans na masa" elaborando unhas riquísimas receitas, que logo degustamos. 

     Fixemos mininapolitanas de chocolate, sándwiches e unhas divertidas caras de melocotón.

     A que vos entra fame só con velo?

UNHA MAÑÁ NA COCIÑA on PhotoPeach

PROXECTO: OS ALIMENTOS.

Durante este 1º trimestre, nas aulas de Infantil estamos traballando a alimentación.

Aquí vedes como elaboramos a nosa RODA DOS ALIMENTOS.

   

   

Deixamos estes enlaces cunhas das cancións que máis nos gustan. A disfrutalas!!!

“Las verduras”.

“5 al día!”

UN SUSTO PARA O SAMAÍN!!!

Mirade que xoguete máis terrorífico fabricamos coa profe Chus. Só hai que soprar e…


BUUUUUH!

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.

O Día das Bibliotecas Escolares celebrámolo facendo uns xogos para coñecer un pouco mellor a nosa Biblio.

Tepo deixounos uns libros que nós clasificamos polas cores que corresponden a cada ciclo. Así sabemos cales son os libros para nós e cales son para os maiores!

 

 

 

PRESENTACIÓN DO ALUMNADO DE INFANTIL.

     Un curso máis, estamos os nenos e nenas de Infantil dispostos a pasalo moi ben aprendendo e disfrutando das experiencias no cole.

Aula de 3 e 4 anos.

 

Aula de 5 anos.

 

 

 

O UNIVERSO.

Durante o primeiro trimestre deste curso 2012/2013 todo o alumnado de Infantil realizamos un proxecto para coñecer o UNIVERSO.

O UNIVERSO EN INFANTIL. on PhotoPeach

XA ESTAMOS NO ENTROIDO!!!

     Durante toda a semana os nenos e nenas de Infantil preparámonos para a chegada do Entroido.

     O luns e martes participamos no obradoiro de carautas na biblioteca. Fixemos máscaras de mouchos, osos, coellos e cervos.

     O mércores tivemos na aula un obradoiro de maquillaxe e o xoves disfrazámonos de indios e de indias.

     E, xa o venres, despois de traballar o LIM do conto "Entroido na carballeira", desfilamos e divertímonos no festival do colexio, que tiña como tema común "O bosque".

Que ben o pasamos!!! 

Entroido Infantil on PhotoPeach

O BOSQUE

     Neste primeiro trimestre estamos realizando un proxecto sobre os bosques, con motivo do "Ano Internacional dos Bosques".

     Por iso fomos a dar unha volta polos arredores do cole para coñecer as árbores da contorna.

   

   

   

VOLVEMOS AO COLE!!!

     Aquí estamos de novo os nenos e nenas de Infantil de Rebordáns.

     Presentámosvos ao novo alumnado de 3 anos:

     Este curso o alumnado de 4 e 5 anos compartimos aula:


 

Distribuir contido