Skip to Content

VIAXE DE FIN DE ETAPA. 6º PRIMARIA.

O alumnado de sexto de Educación Primaria está na saída de fin de etapa no Grove.

 

CONMEMORACIÓN LGTBIQ+

Achego diferentes materiais para traballar diferentes aspectos o día LGTBIQ+:

Enlaces sobre a normativa europea e a autonómica en Galicia.

CURTAMETRAXES PARA TRABALLAR CON ED. INFANTIL E PRIMARIA: ENLACE

LIBROS/ MANUALES  PARA FAMILIAS: ENLACE

 

FOTOS DO ALUMNADO DE 6º ED. PRIMARIA NO CENTRO OS PEARES

Entrar na seguinte páxina web.

Spring Week - Quenda 8 - PEARES (centropeares.es)

Poñer o contrasinal que se vos achegou por Abalar.

Páxina de Agueiro con fotos e vídeos 

EXCURSIÓN AO PARQUE ACUÁTICO DE AMARANTE

                   

Organizada pola ANPA Pousa de Fontán o día 24 de Xuño.

Anímate a participar nunha xornada lúdica coa túa familia ou amigos.

DESCARGA A FOLLA DE INSCRIPCIÓN AQUÍ

PROGRAMA DE RADIO ESCOLAR * TELEXORNAL*

O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º do obradoiro de Radio e TV, o venres día 19 de maio, creou e gravou o seu telexornal. Deixámosvos aquí o resultado. Temos moitos locutores e locutoras do futuro. Encantoulles a experiencia.

DÍA DE EUROPA

O día 9 de maio conmemoramos o día de Europa. A actividade organizada polo equipo Pluri consistíu na investigación da cultura de diferentes países que conforman a Unión Europea.

Este foi o resultado:

PERCORRIDO POLA RÍA DE VIGO 6ºP

Nesta saída o alumnado acudíu ao Porto de Vigo realizando un percorrido pola Ría de Vigo con monitores/as especializados nunha embarcación con todos os avances tecnolóxicos para achegar ao alumnado á riqueza do noso ecosistema mariño único.

Obxectivos didácticos:

  • Coñecer a xeografía da Ría de Vigo.
  • Valorar a riqueza do ecosistema mariño.
  • Coñecer e valorar a riqueza das bateas de mexillón.
  • Observar in situ diferentes especies de animais invertebrados mariños.
  • Observar a composición dunha mostra de plancto mariño.
  • Valorar a importancia que ten para a vida dos seres vivos o coidado dos elementos da paisaxe máis próxima.
  • Enriquecer as relacións sociais dentro e fóra da aula.
  • Gozar dunha xornada de aprendizaxe e lecer.

CALENDARIO ESCOLAR PARA O CURSO 2023-2024

Estimadas familias:

Para que poidades conciliar e organizarvos mellor, informámosvos do calendario escolar para o curso 2023-2024, publicado na:

Orde do 3 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023/2024 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O Día das Letras Galegas permítenos cada ano viaxar a un capítulo da nosa memoria colectiva, tempo de nós, que recuperamos a través da persoa á que lle dedicamos a celebración. Nesta ocasión a significación é dupla. Por unha banda, a personalidade e a obra de Francisco Fernández del Riego (Vilanova de Lourenzá, 1913 - Vigo, 2010), unha das grandes figuras da resistencia e a revitalización cultural do galeguismo despois da guerra civil, cofundador da editorial Galaxia e doutras moitas iniciativas a prol da recuperación da lingua e a identidade de Galicia: editor, publicista, antólogo, memorialista, ensaísta, viaxeiro, narrador de ficcións, autor dunha inxente correspondencia coas personalidades máis sobranceiras da cultura galega do seu tempo, político cando puido selo, editorialista, orador brillante, crítico literario, xestor de empresas culturais… Unha vida dedicada enteiramente ao seu país. Corazón e pulmón.

Atoparás maís información no seguinte enlace.

O centro tamén traballou o Himno Galego co alumnado. Aquí vos deixamos o vídeo co resultado.

 

VISITA AO IES AUGA DA LAXE DO ALUMNADO DE 6º DE ED. PRIMARIA

O pasado venres día 12, o alumnado de 6º de Ed. Primaria visitou o IES Auga da Laxe. 

Os obxectivos da visita foron:

  • Posibilitar a transición fluida do alumnado entre as dúas etapas educativas.
  • Fomentar o proceso de acollida e de integración  no instituto para evitar situacións de inadaptación, de ansiedade, procurando responder as súas inquedanzas para evitar preocupacións innecesarias.
  • Favorecer o coñecemento do novo centro e procurar un adecuado grao de comunicación entre o alumnado e o novo centro.
  • Coordinar as actuacións titoriais dos dous centros.

Que fixeron alí?

10:00 h recepción e benvida. Visita polas instalacións do centro.

11:10 h Un grupo fixo plástica e realizaron unha actividade conxunta e o aoutro aistíu a un concerto interpretado polo alumnado do instituto na Aula de Música. Intercambiaronse os grupos.  Déixovos os enlaces aos  concertos. CONCERTO 1, CONCERTO 2

12:00 h Charla no salón de actos de orientación académica onde explicaron as características da nova etapa e respondendo ás dúbidas do alumnado.7

12:30  h Pincho a cafetería e foto final.

Deixámosvos algunhas imaxes da saída.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut