CONCESIÓN DIRECTA DA AMPLIACIÓN DA AXUDA PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR
No Diario Oficial de Galicia do día 14 de outubro de 2022 está previsto que se publique a Resolución do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar, regulada na Orde do 29 de abril de 2022.
Nesta resolución establécese que os beneficiarios do vale para adquirir material escolar por importe de 50€ recibirán un vale adicional de 25€.
Así mesmo, o alumnado que se incorpore a un centro docente sostido con fondos públicos ao longo do curso escolar e ata o 31 de marzo de 2023, que perciba a axuda para adquirir material escolar da Orde do 29 de abril de 2022, tamén percibirá esta ampliación.
As familias poden recoller o vale de 25€ na secretaría do centro a partir do 17 DE OUTUBRO.
Recordamos que o horario de secretaría é de 9:00 a 9:45 horas.
O vale debe empregarse na libraría/establecemento antes do 1 de decembro de 2022.
O centro deberá levar un control dos vales que entrega ás familias xa que no suposto de extravío pola familia ou pola libraría, nunca se expedirá un duplicado.
Non se entregarán en ningún caso ao alumnado.
No caso de que sexa outra persoa distinta á solicitante quen recolle o vale, deberá traer a correspondente autorización xunto co DNI da persoa solicitante.