Skip to Content

ANPA

*

Para calquera dúbida contactade con nós (de luns a xoves de 16:00 a 18:00 hrs)

Teléfono: 672 998 650 (preferiblemente WhatsApp)

Email: pousadefontan.anpa@gmail.com

 
 
 
 

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES PARA O CURSO 24-25

Bo día,

Antes de nada, queremos agradecervos a acollida que tivemos onte na asamblea e ás persoas que queredes formar parte da directiva, darvos as gracias por querer axudar.

Como comentamos en dita asamblea, hoxe comeza o prazo para a inscripción de extraescolares. Lembrade que:

- Se son actividades de Yeah Activities (todas as do cadro de actividades), redes que mandarnos a inscripción cuberta e, ademais, cubrir os datos da actividade que queredes na súa web poñendo o código de desconto de socio/a.

- Se a actividade é para tenis, tedes que mandar a inscripción, coma no caso anterior, e, por petición do persoal de tenis, cubrir a inscripción que aparece no seguinte enlace: 

- Se a actividade é de piscina, só tedes que mandar a inscripción ao email.

Por outro lado, no caso de que queirades probar algunha actividade, mandar un email poñendo: nome completo, idade e actividade que quere probar (só será o primeiro día de actividade que esté establecido do 1 ao 7 de outubro). O prazo para inscribirse na proba é do 13 ao 27 de setembro, ambos incluídos.

Envíamos de novo os pasos a seguir para as inscripcións e, calquera dúbida contactade con nós.

Grazas!! Un saúdo!!

 

 

EXCURSIÓN A AVENTURA DAKAR EN SANXENXO

Bo día,
 
Dende o ANPA queremos lembrarvos que este domingo día 16 de xuño terá lugar a excursión que se elixiu este ano a Aventura Dakar, en Sanxenxo. e, por iso, queremos lembrarvos algunas cousas:
 
- Saída e Chegada: sairemos do Pavellón Bernabé Costas ás 9:15 horas da mañá e chegaremos ás 20:00 horas da tarde. Tedes que dar os vosos datos, por tanto, temos que ser puntuais.
 
- Organización no parque: 11:00 a 15:00 haberá un monitor (xa explicamos o funcionamento na asamblea) e de 15:00 a 18:00 temos tempo para comer e para desfrutar o parque libremente.
 
OLLO! Subida ao autobús de 18:00 a 18:15 que sairemos con destino Gondomar. Sede puntuáis, pois volveremos a pedir os datos para subir aos buses.
 
- Comida: podedes levar comida de casa ou comer alí, tal e como vos comentamos na enquisa.
 
- Roupa: cómoda e muda se credes que a podedes precisar, tendo en conta as actividades que hai no parque, como xa explicamos na asamblea anterior.
 
- Gorra e protección solar
 
- DNI e tarxeta sanitaria
 
Ademáis comentarvos que, aínda que non hai taquillas, si haberá unha zona destinada a deixar as mochilas.
 
Moitas grazas, esperámosvos!
 
 
 
 

Asamblea Xeral Ordinaria o próximo xoves día 20 de xuño

Queridas familias, 
 
Convocamos unha Asamblea Xeral Ordinaria o próximo xoves día 20 de xuño ás 17:45 hrs, en primeira convocatoria, e ás 18:00 hrs, en segunda convocatoria, no comedor do cole (entrada polas portas marróns de infantil).
 
Lembrade que, a partir de agora, tal e como se falou na asamblea anterior, enviámosvos por aquí o acta anterior para que a leades con calma e poder aprobala ou non na asamblea.
 
Ademáis, para os/as que non poden asistir, enviamos a delegación de voto que podedes cubrir e enviar por email para que outra persoa vos represente nas votacións (só vale para unha asamblea, se o queredes facer sempre tedes que cubrilo cos datos de cada asamblea para que teña validez).
 
Esperámosvos a todos/as! Moitas grazas!
 
 

Asamblea Xeral Extraordinaria o próximo xoves día 23 de maio

Queridas familias, 

Convocamos unha Asamblea Xeral Extraordinaria o próximo xoves día 23 de maio ás 17:45 hrs, en primeira convocatoria, e ás 18:00 hrs, en segunda convocatoria, no comedor do cole (entrada polas portas marróns de infantil).

Lembrade que, a partir de agora, tal e como se falou na asamblea anterior, enviámosvos por aquí o acta anterior para que a leades con calma e poder aprobala ou non na asamblea.

Ademáis, para os/as que non poden asistir, enviamos a delegación de voto que podedes cubrir e enviar por email para que outra persoa vos represente nas votacións (só vale para unha asamblea, se o queredes facer sempre tedes que cubrilo cos datos de cada asamblea para que teña validez).

Esperámosvos a todos/as! Moitas grazas!

 
 
 
 

AGASALLO DA ANPA

 
 

ASAMBLEA EXTRAORDINARIA DA ANPA POUSA DE FONTÁN

Queridas familias, 
 
Convocamos unha Asamblea Xeral Extraordinaria o próximo xoves día 25 de abril ás 17:45 hrs, en primeira convocatoria, e ás 18:00 hrs, en segunda convocatoria, no comedor do cole.
 
Esperámosvos a todos/as! Moitas grazas!
 
ANPA Pousa de Fontán

RECLAMACIÓN DO PERSOAL DE MANTEMENTO ANTE O CONCELLO

Dende a ANPA  solicitan a difusión do seguinte documento, tal e como se falou na reunión, trátase  dun modelo de carta para cubrir e presentar no registro do concello de maneira individual para amosar o voso descontento coa situación do persoal de mantemento do centro.

CONCENTRACIÓN O 21 DE MARZO NA PRAZA PARADELA

ASEMBLEA EXTRAORDINARIA DA ANPA POUSA DE FONTAN

Estimadas familias,

Dende o ANPA convocamos unha Asamblea Xeral Extraordinaria para o vindeiro xoves día 1 ás 17:45 hrs en primeira convocatoria e ás 18:00 hrs en segunda convocatoria no comedor do centro. 

 

Un dos temas a tratar, como veredas na convocatoria,  será á falta de conserxe no centro e os posibles pasos a seguir se isto non cambia. Rogamos máxima asistencia. Gracias polo voso tempo.

 

Un saúdo

ANPA Pousa de Fontán



Distribuir contido


by Dr. Radut