Skip to Content

Novas

GALA BENÉFICA LA FUERZA DE ALEIX

 
 

CHARLA SOBRE O ACOSO ESCOLAR

Bo día, 

Dende o ANPA, queremos informarvos que o vindeiro día 9 de maio ás 17:30 hrs no local de FAVALMI (Centro Neural de Gondomar, local 18 - Colexio Vello), farase unha xornada de formación para toda a comunidade educativa relacionada co Acoso Escolar organizada por dita federación e á que podedes asistir se é do voso interese.

Se queredes asistir, tedes que inscribirvos previamente en: www.favalmi.org

Un saúdo!

 

 

DESFILE DE ENTROIDO 2024

Estimadas familias:

O vindeiro venres día 9 de febreiro celebraremos o Entroido. Como a previsión e de moita choiva  realizaremos  o desfile no propio cole.

Para unha mellor organización e para que poidades asistir todas as familias  será en dous pases.

  • Primeiro pase para as familias de Educación Infantil, 1º e 2º ás 10:00 da mañá.
  • Segundo pase para as familias de  3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria ás 11h.

Aquelas familias que teñan fillos ou fillas  en varios grupos poden elixir o pase que mellor se adapte as súas necesidades. Desfilaremos todos os grupos en ambos pases.

Como fixemos en anteriores ocasións merendaremos todos por ciclos. Para poder levar a cabo as merendas  precisamos da vosa colaboración e que cada un/unha aporte algo da seguinte maneira:

 

INFANTIL: 

           

4º Ed. Infantil (3 anos) Unha botella de 1,5 litros de auga por alumno/a.  

5º A Ed. Infantil (4 anos) Doces típicos de Entroido

5º B Ed. Infantil (4 anos) Brochetas de froitas variadas (4)

6º Ed. Infantil ( 5 anos)  Bocatas pequenos ou sandwichs (4)

 

PRIMARIA:

 

1ºA Bocatas pequenos ou sandwichs (4) 

1ºB  Doces típicos de Entroido

2ºA Brochetas de froitas variadas (4)

2ºB Unha botella de 1,5 litros de auga por alumno/a.

 

3ºA Bocatas pequenos ou sandwichs (4)

3ºB Doces típicos de Entroido

4ºA Brochetas de froitas variadas (4)

4ºB Unha botella de 1,5 litros de auga por alumno/a

 

5ºA Bocatas pequenos ou sandwichs (4) 

5º B Doces típicos de Entroido

6ºA Brochetas de froitas variadas (4)

6ºB Unha botella de 1,5 litros de auga por alumno/a.   

 

Moitas grazas unha vez máis pola vosa colaboración.

 

 

 

 

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

 

ESCOLA DE FAMILIAS

HORARIO DE REUNIÓNS FAMILIAS DO MARTES 12 DE SETEMBRO

Coa finalidade de informar sobre obxectivos, metodoloxía e normas de organización e funcionamento do centro para o curso 2023-24, convocamos ás familias a unha reunión o martes día 12 de setembro.

Ás reunións deberán asistir os pais/nais sen alumnado.

Informamos que por normativa os nenos/as non poden estar no patio sen custodiar mentres as familias están nas reunións. Sabemos que é dificil conciliar  pero ao ser martes, e ter varias reunións simultaneas, o profesorado non poderá facerse cargo da custodia.

 

  

 

 

ANPA IES AUGA DA LAXE

FESTA DA BICICLETA

Un ano máis, e xa van 33 edicións, chega a Festa da Bicicleta do Val Miñor. Este ano a organización da proba correrá a cargo do Concello de Gondomar de onde partirá a ruta o 17 de maio ás 10:oo horas. O punto de encontro establecese na Praza Paradela. Posteriormente o pelotón dirixirase a Nigran e Baiona e regresará ao punto de inicio na Praza do Concello de Gondomar.

O punto de encontro para os ciclistas de Nigran estará situado no Pavillón de Panxón ás 11:00 horas e o de Baiona a mesma hora no Parque da Palma.

Ás inscricións poderánse realizar en cada un dos puntos de encontro desde 40 minutos antes da hora de salida.

Na praza Paradela haberá un punto de reparación con persoal especializado para que todo aquel que o desexe poida revisar a súa bicicleta antes de iniciar a marcha.

Todos os inscritos participarán no sorteo de tres bicicletas, unha por cada un dos concellos participantes ademáís de outro material deportivo.

Poden participar todas as persoas maiores de 7 anos. Están excluidas as bicicletas con ruedines. O uso do caso é obrigatorio.

 

 

IMPORTANTE!!! SAÍDA DO DÍA 24 DE FEBREIRO

Estimadas familias:

Segundo nos comunicaron dende os servizos de seguridade vial e dende a Xefatura de Tráfico de Porriño o vindeiro 24 de febreiro de 2023, por mor da celebración da proba ciclista “O Gran Camiño”, vai estar cortada ao tráfico a estrada que hai a saída do Centro e que une Gondomar coa Ramallosa, xa que forma parte dunha das etapas do rutódromo da volta ciclista.

Informamos a Xefatura Territorial e a Inspección educativa do evento, e por motivos de seguridade, vémonos na obriga de pechar o Centro ás 13:00h. Como tampouco poderán acceder ao colexio a empresa e coidadoras encargadas do comedor escolar, suspéndese tamén o servizo dese día, polo que o alumnado usuario de transporte escolar que queda habitualmente a comedor, poderá utilizar o transporte para regresar ao seu domicilio.

Para evitar aglomeracións na saída, todo o alumnado non transportado de Educación Infantil, 1º e 2º de Primaria, será recollido no centro ás 12:45h.

O resto do alumnado ( 3º,4º,5º e 6º) non transportado  e todo o alumnado transportado sairá do centro ás 13:00 h.

Pregámoslle puntualidade nas recollidas dese día para evitar incidentes.

Un saúdo e disculpen as molestias ocasionadas

Distribuir contido


by Dr. Radut