Skip to Content

Consello escolar

RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR

                         CIRCULAR RECORDATORIA DO DÍA DAS VOTACIÓNS

Estimadas familias:

Lembrámoslles que mañá venres, día 22 de novembro no horario que abrangue de 09:00 a 11:00 e de 13:45 a 14: 00 horas, celebrase neste Centro a votación para a elección de representantes dos pais, nais ou titores/as legais do alumnado no Consello Escolar do Colexio.

                  LISTAXE DEFINITIVA DE CANDIDATOS/AS

        • José de Lis Fernández
        • María del Mar Mouriño Barreiro

 

 

Para participar na referida votación,terán a súa disposición no Centro as papeletas necesarias.

Teñen dereito a votar todos os pais, nais ou titores legais do alumnado matriculado no Centro que figuren no Censo que aprobado pola Xunta Electoral.Tal dereito corresponde indistintamente ao pai e á nai, podendo votar ambos os dous.

O voto será directo, secreto e non delegable. 

Cada persoa electora deberá marcar cunha cruz un máximo de 1 das candidatas ou candidatos relacionados, debendo acreditar a súa identidade, no momento de votar, mediante a exhibición do D.N.I. ou documento similar.

Finalizada a votación procederase ao acto do escrutinio dos votos, que será público e, unha vez realizado, levantarase a correspondente acta.

A dirección deste Colexio anima a todos os pais, nais e titores legais do alumnado a que participen na votación, como unha forma máis de colaboración na organización do Centro.

 
 
 
 

ADIAMOS AS VOTACIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR Á ESPERA DE CANDIDATURAS

Estimadas familias:

 

Están programadas para mañá as votacións á renovación do Consello Escolar pero dado que non se presentou ningunha candidatura no sector familias imos adialas ao venres día 22, esgotando así os prazos da Consellería e esperando novas candidaturas.

 

Volvemos a abrir o tempo para presentar candidaturas ata o mércores 20 de novembro.

 

Ás familias teñen no Consello Escolar 5 representantes e toca a renovación de dous deles.

Queremos agradecer a José de Lis que xa formaba parte do consello, que presente a súa candidatura para continuar como representante, pero aínda así quedarían cubertas 4 prazas, en minoría e sen candidaturas suplentes. Quedando o sector das familias en minoría ante o profesorado ( 5 frente a 4)

Para que se entenda mellor, deses 5 representantes de pais/nais:

  • 1 é membro da ANPA. ( Vanesa González Gómez)
  • 2 continúan no seu cargo ( María Elena Domínguez Perdiz e Cristina Casaá González)
  • 1 solicita a súa renovación e presenta candidatura ( José de Lis Fernández)
  • 1 posto deserto.
  • Sen representantes suplentes.

Se por algunha razón, como por exemplo,  que os seus fillos ou fillas rematen educación  primaria e deixen de estar no centro o sector familias quedaría aínda máis en minoría.

Lembramos a importancia de participar no Consello Escolar  e que teñades representación á hora de tomar decisión de centro.

Chamamos a vosa colaboración e animádevos a presentar as vosas candidaturas.

Un saúdo.

 

 

 

 

 

RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR NOVEMBRO 2024

Estimadas familias:

O mércores día 18 de setembro publicouse a RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros públicos.

As eleccións dos representantes dos distintos sectores da comunidade educativa no Consello Escolar realizaranse entre o 18 e 22 de novembro de 2024, ambos incluídos.

A Xunta Electoral, constituirase entre o 22 e 28 de outubro de 2024, ambos  incluídos e establecerá o calendario correspondente.

A xunta electoral terá presente que o prazo de admisión de candidatos non será inferior a sete días naturais.

No caso de estar interesados en ser membro deste órgano colexiado deberán presentar a súas candidaturas na secretaría do Centro. 

O prazo de presentación de candidaturas dos distintos sectores (profesorado, PAS, familias) abrangue do 11 ao 18 de novembro ámbolos dous días incluídos.

Os modelos de presentación de candidaturas téñenos a súa  disposición na secretaría e na páxina web do Centro.

Os censos electorais están expostos na carteleira do centro.

A presentación de candidaturas pódese facer na secretaría do centro segundo modelo que se adxunta e que tamén está dispoñible na secretaría do centro.

 
 
 
 

COMPETENCIAS DO CONSELLO ESCOLAR

CONSELLO ESCOLAR: COMPETENCIAS

a) Aprobar e avaliar os proxectos e as normas.

b) Aprobar e avaliar a programación xeral anual do centro sen prexuízo das competencias do claustro de profesores/as, en relación coa planificación e organización docente.

c) Coñecer as candidaturas á dirección e os proxectos de dirección presentados polos candidatos.

d) Participar na selección do director/a do centro nos termos que esta lei establece. Ser informado do nomeamento e do cesamento dos demais membros do equipo directivo. De ser o caso, logo do acordo dos seus membros, adoptado por maioría de dous terzos, propoñer a revogación do nomeamento do director/a.

e) Decidir sobre a admisión de alumnos/as con suxeición ao establecido nesta lei e disposicións que a desenvolvan.

f) Impulsar a adopción y seguimento de medidas educativas que fomenten o recoñecemento e protección dos dereitos da infancia.

g) Propoñer medidas e iniciativas que favorezan os estilos de vida saudable, a convivencia no centro, a igualdade efectiva de mulleres e homes, a non discriminación, a prevención do acoso escolar e da violencia de xénero e a resolución pacífica de conflitos en todos os ámbitos da vida persoal, familiar e social.

h) Coñecer as condutas contrarias á convivencia e a aplicación das medidas educativas, de mediación e correctoras velando por que se axusten á normativa vixente. Cando as medidas correctoras adoptadas polo director/a correspondan a condutas do alumnado que prexudiquen gravemente a convivencia do centro, o Consello Escolar, a instancia dos pais, nais ou titores legais ou, no seu caso, do alumnado, poderá revisar a decisión adoptada e propoñer, no seu caso, as medidas oportunas.

i) Promover progresivamente a conservación e renovación das instalacións e equipo escolar para a mellora da calidade e a sustentabilidade e aprobar a obtención de recursos complementarios.

j) Fixar as directrices para a colaboración, con fins educativos e culturais, coas Administracións locais e con outros centros, entidades e organismos.

k) Analizar e valorar o funcionamento xeral do centro, a evolución do rendemento escolar e os resultados das avaliacións internas e externas en que participe o centro.

l) Elaborar propostas e informes, a iniciativa propia ou a petición da Administración competente, sobre o funcionamento do centro e a mellora da calidade da xestión, así como sobre aqueloutros aspectos relacionados coa calidade da mesma.

m) Aprobar o proxecto de orzamento do centro.

n) Calquera outra que lle sexa atribuída pola Administración educativa.  

ELECCIÓNS DO CONSELLO ESCOLAR

COMPOSICIÓN DO CONSELLO ESCOLAR CURSO 21/22

 

MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR

Soledad Couto Domínguez

Directora

Noela  Rivas López

Xefa de Estudos

Clara Isabel González Rodríguez

Secretaria

María del Maz Vázquez Vicente

Profesores/as

María José Rigüela Vilar

Iria García Pazo

Rosario Laorden Gómez

Cristina Lombardía Lorenzo

José Manuel Otero Amorín

Pais/Nais

Matilde Sanromán García

José De Lis Fernández

Begoña Salgueiro Hermida

Vanesa González Gómez

Representante ANPA

Alexandra Pereira Novoa

Persoal non docente

Araceli Regueiro Pereira

Representante Concello

 

 

CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL

ACTA DA CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL PARA A RENOVACIÓN PARCIAL DOS MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR.

No C.E.I.P. Plurilingüe Chano Piñeiro, sendo as 08 :35 horas do día 2 de novembro de 2021, previa comunicación ós distintos sectores da Comunidade Educativa, de acordo co artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril (DOG do 29 de abril) e demáis disposicións vixentes, procédese á constitución dos membros que formarán parte da XUNTA ELECTORAL que organizará e supervisará o procedemento para a renovación parcial dos membros do Consello Escolar deste Centro.

No arquivo adxunto atoparedes a acta da xunta Electoral.

RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR

Estimadas familias:

De acordo coa lexislación vixente, este ano corresponde a renovación parcial de membros do Consello Escolar.

Para iso, o vindeiro venres día 29 de outubro de 2021 ás 08:40 horas procederase ao sorteo público, entre os membros da comunidade educativa, para a designación dos membros da Xunta Electoral encargada da supervisión do proceso (Artigo 30 do Decreto 92/1988 segundo redacción dada polo Decreto 324/1996; DOG do 9 de agosto).

Os resultados do sorteo publicaranse no taboleiro de anuncios do Centro, na páxina web e tamén se remitirán por AbalarMobil.

Renovación do Consello Escolar: Candidaturas e votacións

A renovación do Consello Escolar está en marcha.

Unha vez finalizado o prazo de presentación de candidaturas para a elección dos representantes de nais e pais do alumnado no CONSELLO ESCOLAR do Centro, segundo convocatoria do mes en curso, a XUNTA ELECTORAL deste Colexio fai pública a relación de nomes dos candidatos que se presentan á referida elección, segundo se indica de seguido por orde alfabética de apelidos:

1.- CASSÁ GONZÁLEZ,  CRISTINA

2.-  DOMÍNGUEZ PERDIZ, MARÍA ELENA

3.-  PÉREZ CORTEGOSO, MARÍA DOLORES

4.- SANROMÁN GARCÍA,   MATILDE   

Segundo o establecido no artigo 41 do Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21), no proceso de renovación e as vacantes que xa constaban, corresponde elixir no presente proceso electoral a 2 representantes de pais/nais, dun total de cinco que debe ter o Consello Escolar. 

Comunicamos tamén que González Gómez, Vanesa é a persoa  proposta pola ANPA POUSA DE FONTÁN como a súa representante neste órgano colexiado.

Ante estas candidaturas  establecese un prazo de dous días de reclamación no que se deberán presentar alegacións na secretaría do centro, por escrito e con rexistro os días 18 e 19 de novembro.

As votacións terán lugar  na entrada principal do centro nos seguintes días:

Profesorado: martes 29 de novembro en reunión de claustro.

Familias: martes 29 de novembro en dúas franxas horarias para facilitar as votacións. 

                        De 9:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 18:00 horas

Para exercer o dereito ao voto é preciso traer unha identificación: DNI, carnet de conducir, tarxeta identificativa,..

As papeletas estarán dispoñibles no centro educativo.

Nos ficheiros adxuntos atoparedes  os documentos oficiais asinados pola dirección do centro.

 

                             Participa na vida activa do teu centro!

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut