Estimadas familias:
Están programadas para mañá as votacións á renovación do Consello Escolar pero dado que non se presentou ningunha candidatura no sector familias imos adialas ao venres día 22, esgotando así os prazos da Consellería e esperando novas candidaturas.
Volvemos a abrir o tempo para presentar candidaturas ata o mércores 20 de novembro.
Ás familias teñen no Consello Escolar 5 representantes e toca a renovación de dous deles.
Queremos agradecer a José de Lis que xa formaba parte do consello, que presente a súa candidatura para continuar como representante, pero aínda así quedarían cubertas 4 prazas, en minoría e sen candidaturas suplentes. Quedando o sector das familias en minoría ante o profesorado ( 5 frente a 4)
Para que se entenda mellor, deses 5 representantes de pais/nais:
- 1 é membro da ANPA. ( Vanesa González Gómez)
- 2 continúan no seu cargo ( María Elena Domínguez Perdiz e Cristina Casaá González)
- 1 solicita a súa renovación e presenta candidatura ( José de Lis Fernández)
- 1 posto deserto.
- Sen representantes suplentes.
Se por algunha razón, como por exemplo, que os seus fillos ou fillas rematen educación primaria e deixen de estar no centro o sector familias quedaría aínda máis en minoría.
Lembramos a importancia de participar no Consello Escolar e que teñades representación á hora de tomar decisión de centro.
Chamamos a vosa colaboración e animádevos a presentar as vosas candidaturas.
Un saúdo.