Skip to Content

Historia

HISTORIA

 A HISTORIA  con historia do noso colexio 

    -Ola rapaces! , dixo D.Manuel Fraga cando entrou nuna aula de Ed.Infantil de 4 anos .Viña inaugurar o noso Centro , e todos estabamos un pouco “preparados” porque era un día especial

 . Saudou ás autoridades escolares ; estivo falando e comentando nalgunhas aulas ; parou mirar como xogaban o xadrez nunca clase de 3º;; … Pero o que contamos tivo historia …Tódolos nenos e nenas  saudaron  , pero Ánxela achegouse mais a D.Manuel , mirou cara arriba e dixo

 -Este n´é! N´ ten jafas!O Presidente preguntou que dixera a nena , e a profesora explicoulle que para poder recoñecelo tiñan buscado fotos nos periódicos e en todas aparecía con gafas . D.Manuel meteu entonces a man  no peto , colleu e puxo as gafas e dirixiuse á nena :

 -Mellor así? -Ajora sí! , respondeu a nena e coa mesma voltou para onde estaba e seguíu cos seus xogos .Todos os que estaban alí , que non eran poucos ,  botáronse a rir . 

  Por esta anécdota saímos nas noticias da TVG . 

 Vedes como xa dende que comezamos temos algo especial para as cámaras? Por eso o noso nome Chano Piñeiro nos acae tan ben! 

O noso Colexio estaba orixinariamente no Centro de Gondomar . Cando as chuvias do inverno eran abundantes , e coincidían a enchenta do río Miñor coa subida da marea dende A Foz , o Colexio quedaba anegado , e era necesario desaloxar e suspender as clases .Despois de bastantes anos nesta situación buscouse unha ubicación para un Centro novo , e fíxose en Pousa de Fontán .

No curso 1997/98 fixemos o cambio ; bastantes profes dos que estabamos alí viñemos para este Colexio ; pensamos que , xa que estabamos nun sitio novo , nun edificio novo , e con compañeiros novos  , tamén o nome do Centro debería servir para iniciar unha nova etapa .

Fixéronse varias propostas , pero unha pareceu mais axeitada : Chano Piñeiro . Chano tiña estado persoalmente no Colexio anterior explicando ós rapaces e rapazas cousas sobre o traballo cinemtográfico , e todos quedaran gratamente impresionados .O grande peso que o labor de Chano tiña acadado no espazo cultural galego , e o feito de que morrera había pouco tempo , fixeron que a nosa decisión fora esta : Chano Piñeiro merecía que o noso traballo escolar fose contado co seu nome .

Dende entonces xa pasaron por este Colexio moitos alumnos e alumnas . No curso pasado , 2006/07 , completamos a primeira promoción de rapaces e rapazas que pasaron neste Centro toda a súa vida escolar : dende os tres ata os doce anos . Iso xa nos confire entidade e “peso histórico”! Ademais da historia con datos e datas , temos unha lenda propia que nos gusta contar . 

Quen foi Chano Piñeiro?  preme aquí

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut