Este ano a comisión de Promoción de vida e estilos saudables encargáronse de organizar o 8 M Día Internacional da Muller.
Realizando uns pasillos olímpicos nos corredoiros do centro. A actividade levouse a cabo por parte das alumnas de 6º de Primaria.
Debuxaron os 5 aneis olímpicos representativos dos 5 continentes e en cada un realizaron unha infografía sobre unha deportista de gran relevancia na historia do olimpismo.
Os aneis estarán pegados durante toda a semana nos corredoiros e o venres día 8, fixeronse unhas visitas guiadas onde as alumnas de 6º explicaron a tódolos grupos do cole a biografía das deportistas seleccionadas.