Cando chega o final dunha etapa é o momento de prepararse para a despedida.
Hoxe no cole o alumnado de 6º celebrou a súa graduación na etapa de Educación Primaria.
Unha etapa na que aprenderon, compartiron, fixeron amigos e amigas, riron, choraron e pasaron por numerosas emocións. Despóis dun ano moi duro, no que o deron todo, ben merecido tiñan unha boa festa de despedida.
Esperamos que se leven un bo recordo do seu paso polo Chano e desexámoslle unha boa entrada na ESO.
Deixámosvos as primeiras fotos da graduación. Ao longo da semana iremos subindo moitas máis fotos das actividades destes tres días, estade atentos e atentas.
O Equipo Docente do Chano
FOTOS RETRATO DO ALUMNADO DE 6ºA
FOTOS RETRATO DO ALUMNADO DE 6ºB