Skip to Content

3ºCURSO

CROSS ESCOLAR

O próximo día 3 de decembro domingo, celebrarase o cross escolar do Valmiñor no antigo campo de fútbol de Santa Marta en Sabarís (Baiona), ao lado da praia de Ladeira. 


As inscripcións gratuitas as realizaremos dende o centro e temos ata o día 28 de novembro.

O alumnado que estea interesado que avisen aos profes de EF. 

Autorización para saída de 3º e 4º VIGOPESQUEIRO

Se  o teu fillo/a non asistíu ao centro e necesitas a autorización podes descargala no seguinte ENLACE

 

ddde

VISITA DO ALUMNADO DE 3º E 4º AO TEATRO A FUNDACIÓN

13/11/2019 09:00
Europe/Madrid

GUÍA SOBRE AS AVALIACIÓNS DE EDUCACIÓN PRIMARIA E ESO

A Consellería vén de publicar a Resolución do 10 de abril de 2018 (DOG 26 de abril de 2018) pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento da avaliación individualizada dos alumnos e alumnas de 3º de Educación Primaria.

 

                 AS  PROBAS REALIZARANSE OS DÍAS 23 E 24 DE MAIO

 

A avaliación individualizada ten carácter informativo e orientador para os alumnos e alumnas e familias, equipos docentes, centros e Administración educativa. Complementan a información que reciben e orientan a toma de decisións na elaboración de plans de mellora.

En consecuencia, deben servir para:

* Achegar información individualizada de cada alumno ou alumna avaliado sobre o seu progreso no grao de adquisición das competencias obxecto de avaliación e contribuír á detección de dificultades na aprendizaxe.

* Achegar información e orientar os centros educativos para que, en función dos resultados obtidos polo seus alumnos e alumnas, cada centro adopte as medidas necesarias que redunden na mellora do proceso educativo.

 A Xunta de Galicia publica unha guía  sobre as Avaliacións de Primaria, nela  dan resposta as seguintes preguntas:

  • Que son estas probas?
  • Para que serven?
  • Por que son importantes?
  • Quen as fai?
  • En que consisten?
  • Características das probas.
  • É un sistema novo de avaliación?

Pincha no enlace para ver a guía. 

 

 

Enlaces

Enlaces

RECURSOS 3º

Distribuir contido


by Dr. Radut