Skip to Content

ACTIVIDADES

CONTOS EN CUEIROS

Prezados usuarios e usuarias  de Contos en Cueiros: 

O próximo venres 22 de novembro ás 18 horas terá lugar unha nova sesión de Contos en Cueiros, o contacontos para nenos e nenas de 0 a 3 anos. A sesión celebrarase na Casa da Lectura (Nogueira 8, Donas), sede da Asociación Espazo Lectura. 

Nesta segunda sesión iremos de excursión: "Imos cazar un oso", e agárdanos unha emocionante aventura en familia por diferentes paisaxes naturais, e todo sen sairmos da Casa da Lectura.

A actividade precisa inscrición previa para poder respectar a capacidade da sala e o benestar dos asistentes á actividade. A entrada será, coma sempre, de balde.

Criterios de inscrición:

Contamos cun aforo limitado a 16 bebés acompañados de 1 persoa adulta. Os criterios de inscrición son os seguintes:

– Terán prioridade os fillos/as de socios e socias de Espazo Lectura, por orde de inscrición.

– Para inscribirse cómpre enviar un correo antes das 12:00 horas do mércores 20 de novembro contosencueiros@gmail.com e facilitar:

 

  • o nome do bebé
  • o ano de nacemento: nenos/as de 0 a 3 anos nacidos en 2021 ou despois
  • o nome da persoa adulta que o vai acompañar
  • un teléfono de contacto (para avisar en caso de quedar en lista de espera)
  • en caso de ser socios/as de Espazo Lectura, o nome do socio/a

 

– Lembrade que é importante facilitar todos os datos que se solicitan na inscrición. 

– Todas as persoas que se inscriban deben esperar un correo de confirmación para saber se finalmente teñen praza (este correo de confirmación non se enviará antes do remate do prazo de inscrición).

Animádevos a participar!

Un saúdo.

AGASALLO DA ANPA

 
 

PUNTO LARANXA

Aquí o acoso non ten cabida!

Este centro dispón dun Punto Laranxa contra o acoso e o c iberacoso escolar.

Déixa a túa mensaxe.

Non cales, rompe o silencio!

Punto laranxa contra o acoso escolar - CIFP A Carballeira - Marcos Valcárcel

É un punto físico, ben identificado, que funciona como unha caixa de correo a través da cal o alumnado poderá comunicar ou denunciar, desde unha posición totalmente anónima, posibles situacións de acoso ou ciberacoso que sufran ou que perciban en terceiros.

PUNTO LARANXA CONTRA O ACOSO E O CIBERACOSO ESCOLAR | CEIP A MAÍA

 

 

MES DA CIENCIA EN GALEGO

Hoxe 10 de novembro é o Día da ciencia e en novembro conmemórase o mes da ciencia en galego nas bibliotecas escolares, polo que hoxe procederemos a preparar a exposición de libros de ciencia na entrada da nosa biblioteca.

Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas | Bibliotecas escolares

ACTIVIDADES DE ESPAZO LECTURA

SEMANA DO LIBRO- VISITA DE MARÍA PÁJARO

Esta semana conmemoramos o día do libro. A  autora nigranesa María Pájaro veu ao centro a contar ao alumnado de 5º e 6º a súa experiencia como escritora. Acaba de presentar o seu primeiro libro "Quen é a nena?" 

É un libro de carácter biográfico que demostra que todos somos iguais independentemente da lingua, que ten que ser falada para evitar a súa desaparición. Da clase social que, por desgraza, non determina o valor persoal de cada quen. O libro trata da riqueza cultural dos nosos refráns e do valor de achegárnos ás persoas que realmente nos queren.

Tamén lle fixo un xogo con preguntas sobre o libro.

Moitas grazas pola súa colaboración.

"Só a lembranza de onde veño me axuda a saber cara onde vou"

 

ACTIVIDADES ESPAZO LECTURA MES DE FEBREIRO

MISIÓN SALVAR A NATUREZA E NINGÚN CAN SEN FOGAR

O vindeiro venres recibiremos no centro unha visita moi especial. Dende a Granxa Xanceda, Malibú visita os colexios de primaria para ensinar aos nenos e nenas a ser máis responsables, máis solidarios e a ter unha maior sensibilidade cos animais.

Contidos:

Coñecer as responsabilidades que implica un animal e os seus coidados para unha tenencia responsable ( identificación, esterilización, acudir regularmente ao veterinario...)

Aprender comportamentos cívicos ( manter as rúas limpas)

Concienciación da problemática do abandono.

Coñecer a realidade das canceiras.

Conciencias sobre a adopción de animais.

Como actuar no caso de atopar un animal abandoado.

 

NOVEMBRO MES DA CIENCIA EN GALEGO

          Mes da ciencia en galego nas bibliotecas

Celebramos novembro, o mes da ciencia en galego nas bibliotecas con obradoiros de ciencia durante toda a semana para todos os grupos, educación infantil e primaria.

A actividade foi costeada polo centro e correu a cargo de Ciencia en Movemento.

O eixe principal foi o proxecto do centro: COMO INFLÚE A CIENCIA NO MUNDO DO CINE

E como lles gusta experimentar e aprender cousas novas!!

Foron unhas sesión cheas de aprendizaxes, de nervios tamén.

Paga a pena o traballo vendo as súas caras de satisfacción e de querer amosar todo o que saben. Desfrutamos un montón! 

Deixamos un pequeno vídeo cunha pequena escolma de fotos para que poidades ver un pouquiño do obradoiro.

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut