Esta semana conmemoramos o día do libro. A autora nigranesa María Pájaro veu ao centro a contar ao alumnado de 5º e 6º a súa experiencia como escritora. Acaba de presentar o seu primeiro libro "Quen é a nena?"
É un libro de carácter biográfico que demostra que todos somos iguais independentemente da lingua, que ten que ser falada para evitar a súa desaparición. Da clase social que, por desgraza, non determina o valor persoal de cada quen. O libro trata da riqueza cultural dos nosos refráns e do valor de achegárnos ás persoas que realmente nos queren.
Tamén lle fixo un xogo con preguntas sobre o libro.
Moitas grazas pola súa colaboración.
"Só a lembranza de onde veño me axuda a saber cara onde vou"