Skip to Content

RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR NOVEMBRO 2022

Estimadas familias:

Este ano  procédese á renovación parcial dos membros do Consello  Escolar do Centro.Segundo o Art. 32.2 do Decreto 92/1988, a normativa vixente e o  disposto na  Resolución do 19 de setembro de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e FP, pola que se establece o calendario para a celebración das eleccións de membros dos consellos escolares de centros sostidos con fondos públicos (DOG 30/09/2022), no caso de estar interesados en ser membro deste órgano colexiado deberán presentar a súas candidaturas na secretaría do Centro. 

O prazo de presentación de candidaturas dos distintos sectores (profesorado, PAS, familias) abrangue do 11 ao 18 de novembro ámbolos dous días incluídos.

 

Os modelos de presentación de candidaturas téñenos a súa  disposición na secretaría e na páxina web do Centro.

Os censos electorais están expostos na carteleira do centro.

A presentación de candidaturas pódese facer na secretaría do centro segundo modelo que se adxunta e que tamén está dispoñible na secretaría do centro.

AdxuntoTamaño
MODELO DE PRESENTACIÓN DE CANDIDATURA DE PAIS_NAIS DE ALUMNADO.pdf58.95 KB
_MODELO DE PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS DE PROFESORADO.pdf58.83 KB
_CALENDARIO DE CELEBRACIÓN DA RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR- 202- 23 (1).pdf92.56 KB
CENSO RESPONSABLES.pdf180.73 KB


page | by Dr. Radut