Skip to Content

IMPORTANTE!!! SAÍDA DO DÍA 24 DE FEBREIRO

Estimadas familias:

Segundo nos comunicaron dende os servizos de seguridade vial e dende a Xefatura de Tráfico de Porriño o vindeiro 24 de febreiro de 2023, por mor da celebración da proba ciclista “O Gran Camiño”, vai estar cortada ao tráfico a estrada que hai a saída do Centro e que une Gondomar coa Ramallosa, xa que forma parte dunha das etapas do rutódromo da volta ciclista.

Informamos a Xefatura Territorial e a Inspección educativa do evento, e por motivos de seguridade, vémonos na obriga de pechar o Centro ás 13:00h. Como tampouco poderán acceder ao colexio a empresa e coidadoras encargadas do comedor escolar, suspéndese tamén o servizo dese día, polo que o alumnado usuario de transporte escolar que queda habitualmente a comedor, poderá utilizar o transporte para regresar ao seu domicilio.

Para evitar aglomeracións na saída, todo o alumnado non transportado de Educación Infantil, 1º e 2º de Primaria, será recollido no centro ás 12:45h.

O resto do alumnado ( 3º,4º,5º e 6º) non transportado  e todo o alumnado transportado sairá do centro ás 13:00 h.

Pregámoslle puntualidade nas recollidas dese día para evitar incidentes.

Un saúdo e disculpen as molestias ocasionadas



page | by Dr. Radut