Skip to Content

DÍA DOS DEREITOS DO CONSUMIDOR

 O  15 DE MARZO CELEBRAMOS O DÍA DOS DEREITOS DO  CONSUMIDOR.

 


Co obxectivo de promocionar o consumo responsable dende a infancia, organizouse unha serie de actividades para conmemorar esta data na aula.

Cada aula debe elixir UNHA das seguintes  actividades  propostas e traballarla co alumnado do grupo.

  1. Facer unha lista da compra responsable. Unha vez que está feita a lista calcular cantos materiais de refugallo xeramos con esa compra. Tiveron en conta levar a bolsa da casa? Compraron froita en bandexas ou só as pezas de froita que necesitan en bolsa de papel? Pictogramas asociados á alimentación?
  2. Incorporar o hábito da lectura de etiquetas. Son quen de leer as etiquetas da roupa que levo ou da merenda? Que significan os símbolos do meu taper?
  3. Reflexionar sobre como se tratan os nosos datos en aplicacións informáticas para despóis ofertarnos, ou bombardearnos con suxerencias de compras.
  4. Elaborar un rexistro de todos os productos que terminan no lixo ao longo dun día. Reflexionar sobre a cantidade de basura que xeramos. É necesario utilizar tantos embases e bolsas de plástico?
  5. Visualizar o vídeo de como contribuir para  aforrar o consumo da luz.
  6. Simulación dunha compra necesaria para un día da vida do noso alumnado. Que consideran necesario para o seu día a día? Levan unha alimentación saudable?Buscar no xornal anuncios. Qué anuncios atopamos nun xornal? Que cara teñen os protagonistas dos anuncios? Que nos queren vender, só o producto ou algo máis?

Se pinchas na imaxe atoparás diferentes videos para traballar os dereitos e establecer un coloquio ou debate na aula. 

  

                                                           

Educación en Valores: Actividade itinerante Centros educativos de Galicia

 TODAS E TODOS CONTAMOS

Xornada escolar inclusiva con actividades para a arte e a creatividade, impartidas por persoas con diversidade funcional.

Nun contexto onde a superación das desigualdades sociais é xustamente a base en que se fundamenta a articulación da economía social, desde Afundación lanza este programa presencial para todos os centros de Galicia co que, a través de diferentes actividades culturais, o alumnado participe do valor da diversidade.

Esforzo, empatía, aceptación do diferente, reforzo da autoestima ou o respecto son algunhas das ensinanzas presentes na actividade, impartida por persoas con diversidade funcional, mediante as que podemos mellorar a sensibilidade afectiva e emocional, favorecer unha sociedade equitativa, xusta e diversa e facilitar o establecemento de relacións interpersoais.

Esta anovadora proposta pon en valor a diversidade como elemento de enriquecemento social e persoal, fomenta a inserción laboral de persoas con diversidade funcional e promove a súa autoestima e confianza ao exercer un rol activo na sociedade. 

Actividade proposta para Educación Infantil e primeiro de Ed. Primaria.

TRABALLO REALIZADO POLO ALUMNADO DE 5º PRIMARIA

MISIÓN SALVAR A NATUREZA E NINGÚN CAN SEN FOGAR

O vindeiro venres recibiremos no centro unha visita moi especial. Dende a Granxa Xanceda, Malibú visita os colexios de primaria para ensinar aos nenos e nenas a ser máis responsables, máis solidarios e a ter unha maior sensibilidade cos animais.

Contidos:

Coñecer as responsabilidades que implica un animal e os seus coidados para unha tenencia responsable ( identificación, esterilización, acudir regularmente ao veterinario...)

Aprender comportamentos cívicos ( manter as rúas limpas)

Concienciación da problemática do abandono.

Coñecer a realidade das canceiras.

Conciencias sobre a adopción de animais.

Como actuar no caso de atopar un animal abandoado.

 

TALLERES AMAINA

O vindeiro luns 16 a asociación AMAINA virá impartir, para os cursos de 5º e 6º de eudcación primaria, un obradoiro  en  habilidades sociais (HHSS). O obradoiro desenvolverase na aula, terá unha duración de 50 minutos por grupo, e distribuirase en tres sesións que coincidirá no mes de xaneiro.

Os grupos ó que vai dirixido, as datas e os horarios son os que siguen:

5ºE.P. HHSS
5ºE.P. A: 16, 23 e 30 de xaneiro de 9.00 a 9.50h
5ºE.P. B: 16, 23 e 30 de xaneiro de 9.50 a 10.40h
 
 
6ºE.P. HHSS
6ºE.P. A: 16, 23 e 30 de xaneiro de 10.40 a 11.30h
6ºE.P. B: 16, 23 e 30 de xaneiro de 12.00 a 12.50h

Achégase documento coa información.

OBRADOIROS DO SEGUNDO TRIMESTRE

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA. BIBLIOTECA PAPORRUBIO

Xa chegou o Nadal!

E con el, o equipo de biblioteca queremos achegarvos a vós e as vosas familias unhas ducias de libros para desfrutar dos días libres entre receitas, manualidades, plantas, cociña e experimentos. 

Con este agasallo queremos mandar os nosos millores desexos para todos vós, nestas datas tan especiais.

Unha aperta

                           

ACTIVIDADE DE NADAL 2022

Estimadas familias:

No centro, xa chegou O NADAL!!!

Este ano realizaremos diferentes actividades:

    • Faremos unha morea  de postais. 
    • Decoraremos as árbores expostas do Matodoiro Gondomar, actividade conxunta co Concello e outros centros do Val Miñor.
    • Festival de cine o día 21 de decembro.
    • Para a decoración  do centro precisamos da vosa  axuda para crear un escenario de Cine,  elaborando personaxes de películas con materiais de refugallo (caixas de galletas, zapatos, tapóns ou calquer material que se vos ocorra) No tamaño que queirades.

                            As vosas creacións  terán que estar no cole o martes  13 de decembro.

                                                       Animádevos a participar!!!

 

    • E para rematar, na última semana de Nadal:
    • O día 20 de decembro, segundo e terceiro ciclo degustarán  unha chocolatada no centro.
    • O día 21 de decembro  faremos un festival de cine.
    • O día 22 de decembro festival de nadal para o alumnado do centro

Deixámosvos algunhas ideas. 

Blog Popeye / 5 ideas para reciclar y reutilizar tubos de papel higiénicoFROZEN con material reciclado || Manualidad FROZEN Disney || Olaf, Ana y  Elsa - YouTube

Resultado de imagen para robot de tapitas de gaseosa | Brinquedos  reciclados, Brinquedos com material reciclado, Artesanato de garrafa de  plásticominions con botellas reciclados - Buscar con Google | Minions, Minion  birthday, Minion birthday partyBLANCANIEVES Y LOS SIETE ENANITOS CON ROLLOS DE PAPEL HIGIÉNICO. Títeres o  marionetas de cuentos. - YouTube

NOVEMBRO MES DA CIENCIA EN GALEGO

          Mes da ciencia en galego nas bibliotecas

Celebramos novembro, o mes da ciencia en galego nas bibliotecas con obradoiros de ciencia durante toda a semana para todos os grupos, educación infantil e primaria.

A actividade foi costeada polo centro e correu a cargo de Ciencia en Movemento.

O eixe principal foi o proxecto do centro: COMO INFLÚE A CIENCIA NO MUNDO DO CINE

E como lles gusta experimentar e aprender cousas novas!!

Foron unhas sesión cheas de aprendizaxes, de nervios tamén.

Paga a pena o traballo vendo as súas caras de satisfacción e de querer amosar todo o que saben. Desfrutamos un montón! 

Deixamos un pequeno vídeo cunha pequena escolma de fotos para que poidades ver un pouquiño do obradoiro.

 

 

 

EXPOSICIÓN DE CABAZAS

Estimadas familias:

Primeiro, agradecer a  vosa colaboración aportando auténticas obras de arte, deixando voar a imaxinación e  decorando as  cabazas, os doces tan creativos nas merendas  e por suposto os disfraces do alumnado para a festa.

O centro quere premiar a implicación do alumnado na Semana do Samaín e o todos e todas recibirán un agasallo. 

Cabazas máis valoradas e premiadas cun libro de medo.

        

 

Distribuir contido


by Dr. Radut