Skip to Content

ACLARACIÓN AULA MADRUGA E LUDOTECA

Normas de funcionamento, prezos e procedemento de solicitude no seguinte ENLACE

 

MADRUGADORES

MAGOSTO 2023

Estimadas familias. Este ano, debido ao mal tempo e  ante a imposibilidade de facer o magosto en Chan da Lagoa o centro decidiu que mañá, venres 17 de novembro, imos celebrar o magosto no colexio. As castañas serán aportadas polo centro  e asadas en colaboración coa panadería Penisco. O alumnado de sexto de primaria dirixido polo profesorado de Ed. Física organizará xogos populares en diferentes quendas para o resto do alumnado de Ed. Infantil e Primaria.

Esperamos que o tempo nos dea unha pequena tregua para desfrutar da festa.


                      

AUTORIZACIÓN SAÍDA A CAMPOLAMEIRO

AUTORIZACIÓN NO SEGUINTE ENLACE

 

Autorización para saída de 3º e 4º VIGOPESQUEIRO

Se  o teu fillo/a non asistíu ao centro e necesitas a autorización podes descargala no seguinte ENLACE

 

MES DA CIENCIA EN GALEGO

Hoxe 10 de novembro é o Día da ciencia e en novembro conmemórase o mes da ciencia en galego nas bibliotecas escolares, polo que hoxe procederemos a preparar a exposición de libros de ciencia na entrada da nosa biblioteca.

Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas | Bibliotecas escolares

OBRADOIROS DO PRIMEIRO TRIMESTRE

HOMENAXE A NOSA QUERIDA DOLO

 
Hoxe tocou despedirnos dunha mestra incansable, dunha mestra alegre, xenerosa, bondadosa, orixinal e amante da Biblioteca. Sentímonos moi afortunados por poder compartir estes anos ao seu lado, por aprender dela que todos os nenos e nenas son validos, por descubrir  da súa man  a xenialidade da diversidade. Queremos agradecerlle todo o seu traballo no cole como mestra e como directora pero sobre todo as numerosas horas adicadas a organización e dinamización da biblioteca.
                                            Ata sempre Dolo!
 

ASAMBLEA DA ANPA POUSA DE FONTÁN

                             ASEMBLEA ORDINARIA DA ANPA POUSA DE FONTAN

Convócase asemblea ordinaria para o vindeiro venres día 29 de setembro ás 17:30 horas en primeira convocatoria e en segunda convocatoria as 18:00 horas no comedor, coa seguinte orde do día:

 Lectura da acta anterior e aprobación se procede

 Presentación e modificación da xunta directiva ou disolución da mesma. Despedida da presidenta e nomeamento de novos cargos.

 Información relacionada coa actividade de piscina (Valadares e Ramallosa)

 Información relacionada coas actividades extraescolares xestionadas pola ANPA. Cómo se xestiona, subvencións, como darse de alta, etc.

 Necesidade de traballar con AMPAFACIL, coñecer a aplicación e formar parte para poder ser socios con pleno dereito.

 Cómo facerse soci@ da ANPA. Carnets de socios.Ventaxas.

 Rogos e preguntas.

 

Solicítase máxima participación para poder continuar coa labor que se fai dende a ANPA, servizos que se ofrecen, axudas, subvencións, etc

 

PROXECTO ANUAL DE CENTRO

Cada curso escolar traballamos un Proxecto Anual de Centro cunha temática centralizadora e vertebradora das actividades.

Este ano o proxecto é....

 

PERCORRENDO GALICIA

Puzzle madera Galicia MolaViajar

REXISTRO NA AULA DE MADRUGADORES 2023/2024

Necesitas a aula de madrugadores/as?

Xa está dispoñible a partir do día 11 de setembro, dende as 7:30 horas.

Recorda que debes informar a ANPA e rexistrarte no seguinte enlace:

https://yeahactivities.es/extraescolares-2/

Distribuir contido


by Dr. Radut