Estimadas familias:
O vindeiro venres día 9 de febreiro celebraremos o Entroido. Como a previsión e de moita choiva realizaremos o desfile no propio cole.
Para unha mellor organización e para que poidades asistir todas as familias será en dous pases.
- Primeiro pase para as familias de Educación Infantil, 1º e 2º ás 10:00 da mañá.
- Segundo pase para as familias de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria ás 11h.
Aquelas familias que teñan fillos ou fillas en varios grupos poden elixir o pase que mellor se adapte as súas necesidades. Desfilaremos todos os grupos en ambos pases.
Como fixemos en anteriores ocasións merendaremos todos por ciclos. Para poder levar a cabo as merendas precisamos da vosa colaboración e que cada un/unha aporte algo da seguinte maneira:
INFANTIL:
4º Ed. Infantil (3 anos) Unha botella de 1,5 litros de auga por alumno/a.
5º A Ed. Infantil (4 anos) Doces típicos de Entroido
5º B Ed. Infantil (4 anos) Brochetas de froitas variadas (4)
6º Ed. Infantil ( 5 anos) Bocatas pequenos ou sandwichs (4)
PRIMARIA:
1ºA Bocatas pequenos ou sandwichs (4)
1ºB Doces típicos de Entroido
2ºA Brochetas de froitas variadas (4)
2ºB Unha botella de 1,5 litros de auga por alumno/a.
3ºA Bocatas pequenos ou sandwichs (4)
3ºB Doces típicos de Entroido
4ºA Brochetas de froitas variadas (4)
4ºB Unha botella de 1,5 litros de auga por alumno/a
5ºA Bocatas pequenos ou sandwichs (4)
5º B Doces típicos de Entroido
6ºA Brochetas de froitas variadas (4)
6ºB Unha botella de 1,5 litros de auga por alumno/a.
Moitas grazas unha vez máis pola vosa colaboración.