Skip to Content

HOMENAXE A CHARO E A DOLO

 
 
 
 

CP-INNOVA PROGRAMAS EDUCATIVOS DO CENTRO

 
 

CP- INCLÚE PROGRAMAS EDUCATIVOS DO CENTRO

 

 
 
 
 

FESTIVAL FIN DE CURSO 24

 Estimadas familias, 

  • O vindeiro venres, 21 de xuño, ás 10:00 h comezará o festival de fin de curso 2024. 
  • Celebrarase na pista, para acceder a ela a entrada realizarase polo portal pequeno, continuando polo patio de infantil.

Un ano máis precisamos da vosa colaboración para a merenda de toda a comunidade educativa que terá lugar unha vez rematado o festival ata as 12h, momento no que as familias de 6º dirixiranse ao comedor para a graduación do alumnado que finaliza a etapa de  Ed. Primaria. 

  • O resto do alumnado  subirá as  aulas co profesorado titor.  

Aquelas familias que desexen levar aos seus fillos/as nese momento, deberán cumprimentar o impreso de saída do centro que o terá Clara na cancela do patio de infantil. 

  • DISTRIBUCIÓN DA APORTACIÓN DE  MERENDAS

 INFANTIL 

  • 4º Ed. Infantil (3 anos) Bocatas pequenos ou sandwichs (8)
  • 5º A Ed. Infantil (4 anos) Dúas botellas de 1,5 litros de auga por alumno/a. Poden traelas as familias o mesmo día.
  • 5º B Ed. Infantil (4 anos) Aperitivos salgados
  • 6º Ed. Infantil ( 5 anos)  Brochetas de froitas variadas (8)

 PRIMARIA: 

  • 1ºA Dúas botellas de 1,5 litros de auga por alumno/a.
  • 1ºB Bocatas pequenos ou sandwichs (8)
  • 2ºA Aperitivos salgados
  • 2ºB Brochetas de froitas variadas (8)

 

  • 3ºA Dúas botellas de 1,5 litros de auga por alumno/a.
  • 3ºB Bocatas pequenos ou sandwichs (8)
  • 4ºA Aperitivos salgados
  • 4ºB Brochetas de froitas variadas (8)
  •  
  • 5ºA Dúas botellas de 1,5 litros de auga por alumno/a.
  • 5ºB Bocatas pequenos ou sandwichs (8)
  • 6ºA Aperitivos salgados
  • 6ºB Brochetas de froitas variadas (8)

   

EXCURSIÓN A AVENTURA DAKAR EN SANXENXO

Bo día,
 
Dende o ANPA queremos lembrarvos que este domingo día 16 de xuño terá lugar a excursión que se elixiu este ano a Aventura Dakar, en Sanxenxo. e, por iso, queremos lembrarvos algunas cousas:
 
- Saída e Chegada: sairemos do Pavellón Bernabé Costas ás 9:15 horas da mañá e chegaremos ás 20:00 horas da tarde. Tedes que dar os vosos datos, por tanto, temos que ser puntuais.
 
- Organización no parque: 11:00 a 15:00 haberá un monitor (xa explicamos o funcionamento na asamblea) e de 15:00 a 18:00 temos tempo para comer e para desfrutar o parque libremente.
 
OLLO! Subida ao autobús de 18:00 a 18:15 que sairemos con destino Gondomar. Sede puntuáis, pois volveremos a pedir os datos para subir aos buses.
 
- Comida: podedes levar comida de casa ou comer alí, tal e como vos comentamos na enquisa.
 
- Roupa: cómoda e muda se credes que a podedes precisar, tendo en conta as actividades que hai no parque, como xa explicamos na asamblea anterior.
 
- Gorra e protección solar
 
- DNI e tarxeta sanitaria
 
Ademáis comentarvos que, aínda que non hai taquillas, si haberá unha zona destinada a deixar as mochilas.
 
Moitas grazas, esperámosvos!
 
 
 
 

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA PARA O CURSO 2024-2025

 

                                                       

Recordar que o prazo para a formallización da matrícula para o curso 2024-25 é:

  • Do 20 ao 30 de xuño para o alumnado de Educación Infantil e Primaria.

Descarga aquí o impreso de matrícula

Documentación a presentar co documento de formalización da matrícula:

  • Certificado do padrón
  • Certificado médico
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria
  • Dúas fotografías.

Se xa presentaches a documentación coa admisión non tes que volver presentala.

 
 
 
 
 
 

OS OBRADOIROS QUE REALIZAMOS DURANTE O CURSO 2023-2024

 

 
 
 
 
 
 
 
 

EXCURSIÓN FIN DE CURSO (1º PRIMARIA)

PROTOCOLO DE PROTECCIÓN DE DATOS PERSOIS E IMAXE

 

CAPTACIÓN E DIFUSIÓN DE IMAXES EN EVENTOS DO CENTRO

 

Poden familiares do alumnado gravar imaxes nun evento aberto ás familias?

Si, a condición de que se trate de imaxes captadas exclusivamente para o seu uso persoal e doméstico, pois nese caso esta actividade está excluída da aplicación da normativa de protección de datos. Se as imaxes captadas polas familias se difundisen fóra do ámbito privado, familiar e de amizade, por exemplo mediante a súa publicación na internet accesible en aberto, estas asumirían a responsabilidade pola comunicación das imaxes a terceiras persoas, que non poderían realizar salvo que obtivesen o consentimento previo das persoas interesadas. É conveniente que os centros informen as familias da súa responsabilidade no caso de que as imaxes fosen divulgadas nas contornas abertas que acaban de sinalarse.

 

Que pasa se algún pai ou nai se negase a que se tomen imaxes do seu fillo ou filla nun evento do centro?

Débese informar aos pais e nais de que a toma de fotografías e vídeos é posible como actividade familiar, exclusivamente para uso persoal e doméstico, e que está excluída da aplicación da normativa de protección de datos.

 

 

"O CONCURSO DAS ESTRELAS"- OBRADOIRO 1º CICLO

Distribuir contido


by Dr. Radut