Skip to Content

RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR

                         CIRCULAR RECORDATORIA DO DÍA DAS VOTACIÓNS

Estimadas familias:

Lembrámoslles que mañá venres, día 22 de novembro no horario que abrangue de 09:00 a 11:00 e de 13:45 a 14: 00 horas, celebrase neste Centro a votación para a elección de representantes dos pais, nais ou titores/as legais do alumnado no Consello Escolar do Colexio.

                  LISTAXE DEFINITIVA DE CANDIDATOS/AS

        • José de Lis Fernández
        • María del Mar Mouriño Barreiro

 

 

Para participar na referida votación,terán a súa disposición no Centro as papeletas necesarias.

Teñen dereito a votar todos os pais, nais ou titores legais do alumnado matriculado no Centro que figuren no Censo que aprobado pola Xunta Electoral.Tal dereito corresponde indistintamente ao pai e á nai, podendo votar ambos os dous.

O voto será directo, secreto e non delegable. 

Cada persoa electora deberá marcar cunha cruz un máximo de 1 das candidatas ou candidatos relacionados, debendo acreditar a súa identidade, no momento de votar, mediante a exhibición do D.N.I. ou documento similar.

Finalizada a votación procederase ao acto do escrutinio dos votos, que será público e, unha vez realizado, levantarase a correspondente acta.

A dirección deste Colexio anima a todos os pais, nais e titores legais do alumnado a que participen na votación, como unha forma máis de colaboración na organización do Centro.

 
 
 
 

ADIAMOS AS VOTACIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR Á ESPERA DE CANDIDATURAS

Estimadas familias:

 

Están programadas para mañá as votacións á renovación do Consello Escolar pero dado que non se presentou ningunha candidatura no sector familias imos adialas ao venres día 22, esgotando así os prazos da Consellería e esperando novas candidaturas.

 

Volvemos a abrir o tempo para presentar candidaturas ata o mércores 20 de novembro.

 

Ás familias teñen no Consello Escolar 5 representantes e toca a renovación de dous deles.

Queremos agradecer a José de Lis que xa formaba parte do consello, que presente a súa candidatura para continuar como representante, pero aínda así quedarían cubertas 4 prazas, en minoría e sen candidaturas suplentes. Quedando o sector das familias en minoría ante o profesorado ( 5 frente a 4)

Para que se entenda mellor, deses 5 representantes de pais/nais:

  • 1 é membro da ANPA. ( Vanesa González Gómez)
  • 2 continúan no seu cargo ( María Elena Domínguez Perdiz e Cristina Casaá González)
  • 1 solicita a súa renovación e presenta candidatura ( José de Lis Fernández)
  • 1 posto deserto.
  • Sen representantes suplentes.

Se por algunha razón, como por exemplo,  que os seus fillos ou fillas rematen educación  primaria e deixen de estar no centro o sector familias quedaría aínda máis en minoría.

Lembramos a importancia de participar no Consello Escolar  e que teñades representación á hora de tomar decisión de centro.

Chamamos a vosa colaboración e animádevos a presentar as vosas candidaturas.

Un saúdo.

 

 

 

 

 

TORNEO SOLIDARIO DE TENIS

Dende o Clube de Tenis Gondomar e coa colaboración do concello de Gondomar convídanvos ao torneo escolar benéfico de Nadal. Este torneo ten como obxectivo fomentar o deporte, a solidaridade, o compañerismo e a competición entre os máis pequenos.

Para poder participar no torneo tendrán que aportar unha donación de comida non perecedeira de Nadal. Os alimentos que se recollan serán repartidos entre as familias máis necesitadas do concello.

 

 
 
 

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Bo día, familias

Como sabemos que a actividade de multideporte foi un éxito deixámos a continuación os pasos a seguir para inscribirse nela.

Lembrade que está dirixida a alumnado de infantil e que se levará a cabo os mércores de 16:00 a 17:00 hrs. O prezo mensual é de 18€ sen desconto; se sodes socios/as serán 16€.

O plazo de inscripción será dende hoxe ata o día 15 de novembro. Se se cubren as plazas mínimas, que contamos con que sí, a actividade comezará o día 20 de novembro.

Moitas grazas, esperámosvos!

 

OBRADOIROS PARA O ALUMNADO DE 5º E 6º

 
 

XA CHEGA O SAMAÍN!!!!

                                                 

 

Estimadas familias,                                                 

Dende o centro imos festexar a celebración  do Samaín coas seguintes actividades:

  • Realización dunha exposición de cabazas de todo o alumnado decoradas na casa poñendo un título en lingua galega a súa creación.

A exposición farase no corredor en fronte a sala de profesorado. 

O alumnado traerá as cabazas entre o luns 28 e o martes 29 de outubro.

A exposición estará aberta para as familias o martes 29 de outubro de 16:00 a 17:30 horas.

  • Celebración do Samaín  o mércores día 30 de outubro.

O alumnado poderá asistir disfrazado.

Faremos unha merenda por ciclo na que o alumnado aportará...

INFANTIL:             

4º Ed. Infantil (3 anos)  Creacións doces de Samaín ( dedos de bruxa, arañas, etc)

5º A Ed. Infantil (4 anos) Brochetas de froitas variadas (4 por alumno/a)

6º A Ed. Infantil (5 anos) Bocatas pequenos ou sandwichs (4 por alumno/a)

6º  B Ed. Infantil ( 5 anos) Unha botella de 1,5 litros de auga por alumno/a. 

 

PRIMARIA:

 

1ºA Creacións doces de Samaín ( dedos de bruxa, arañas, etc)

2ºA Brochetas de froitas variadas (4)

2ºB Bocatas pequenos ou sandwichs (4) 

 

3ºA Creacións doces de Samaín ( dedos de bruxa, arañas, etc)

3ºB Brochetas de froitas variadas (4)

4ºA Unha botella de 1,5 litros de auga por alumno/a.

4ºB Bocatas pequenos ou sandwichs (4) 

 

5ºA Creacións doces de Samaín ( dedos de bruxa, arañas, etc)

5º B Brochetas de froitas variadas (4)

6ºA Unha botella de 1,5 litros de auga por alumno/a. 

6ºB Bocatas pequenos ou sandwichs (4)

Sorprendernos!

O alumnado que presente algún tipo de alerxia ou intolerancia deberá traer a súa propia merenda.     

      • Fomentando e traballando as linguas.

Crearase un recuncho de vocabulario en galego e inglés relacionado con esta temática para poder xogar e facer diferentes actividades dende as diferentes titorías, así coma enriquecer o vocabulario de todo o alumnado.

      • A lectura sempre é importante.

Farase unha exposición de libros coa temática: Samaín, meigas, trasnos, cabazas…. na biblioteca. 

       • Fomento da lectura

 O alumnado  de 4º, 5º e 6º  de  Educación Primaria lerá contos terroríficos ao alumnado dos grupos inferiores.  

Esperamos gozar moito xuntos desta celebración.

                          A Supercomisión.

 

PROBA A CLASE DE MULTIDEPORTE!

Buenos días, familias!

En primer lugar, queremos agradeceros la gran acogida que han tenido las actividades extraescolares propuestas este año. Hemos conseguido tener cubiertos todos los días en horario de 16:00h a 17:00h. 
 
Por otro lado, creemos que estamos haciendo las cosas lo mejor posible y , como recompensa han aumentado el número de socios/as. Por todo ello GRACIAS en nombre de todas las que formamos la directiva del ANPA. 
 
Por último, queremos aprovechar que como la actividad Música e Movemento se quedó a las puertas de llevarse a cabo, la empresa Yeah Activities nos ofrece una nueva actividad: MULTIDEPORTE (ver archivo adjunto).
 
Esta actividad estará destinada para todo infantil y, en ella, se practicará una gran variedad de deportes y actividades físicas dentro de un mismo programa. Para todo esto, habrá una clase gratuita el miércoles 30 de octubre de 16:00h a 17:00h.
 
Para poder participar en esta clase de prueba deberéis enviar un correo a : pousadefontan.anpa@gmail.com indicando nombre y apellidos del alumno/a, curso y edad.
 
Animaros a participar y a probar una nueva actividad para nuestros peques. 
 
El plazo para apuntaros acabará el 25 de octubre. 
 
Un saludo y gracias!

 

LISTAS DE MATERIAL PARA O CURSO 2024/25

 

 
 
 
 
 
 

SOLICITUDE DE COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2024/2025

 O comedor escolar do CEIP Plurilingüe Chano Piñeiro  está catalogado como comedor de xestión indirecta da Consellería de Educación. 

 

QUEN SOLICITA?

PAI NAI , REPRESENTANTE LEGAL DO ALUMNADO

CANDO?

DO 1 AO 5 DE XULLO   DE 10 H A 11H

DOCUMENTACIÓN

 Impreso de solicitude cuberto e asinado xunto co Modelo de Autodeclaración (Anexo II)

Documentación xustificativa correspondente para a selección e admisión.

 

QUEN NON TEN QUE PRESENTAR O ANEXO II?

O alumnado pertencente a unidades familiares que se atopen en situación socioeconómica de exclusión social ou que teña unha discapacidade igual ou superior ao 33%,

PREZOS

Gratuíto, 1€, 2,5€ ou 4,5€.

Dependerá da renda neta per cápita familiar.

Para realizar o cálculo automático do importe do servizo do comedor podedes acceder á WEB “Calculadora simulación prezos comedores” facilitada pola Consellería de Educación: 

https://www.edu.xunta.gal/comedores/calculadora.jsp

 

OLLO É A RENDA DO 2023!!!!

 

GRATUITO PARA?

O alumnado pertencente a unidades familiares que se atopen en situación socioeconómica de exclusión social ou que teña unha discapacidade igual ou superior ao 33%.

Rendas inferiores a 7.000 € de renda per capita.

TIPOS DE USUARIOS

FIXOS- FIXOS DISCONTINUOS OU QUE ACUDEN EN SEMANAS ALTERNAS. 

Non se contemplan esporádicos

BAREMACIÓN

SOLO SE HAI MÁIS SOLICITUDES QUE PRAZAS

CRITERIOS DE BAREMACIÓN

1- Alumnado usuario lexítimo do servizo do transporte escolar (usuarios de transporte que vivan das parroquias de Mañufe, Vilaza  e/ou Gondomar  a máis de 2 km do centro). Utilizaremos o certificado de empadroamento que consta no Centro.

 2- Alumnado pertencente a unidades familiares en situación socioeconómica de exclusión social (certificado dos Servizos Sociais Municipais) ou Cunha discapaccdade igual ou superior ao 33% (certificado de discapacidade): usuario de comedor gratuíto.

3- Alumnado membro de familias numerosas, acreditado co correspondente título ou carné

4- Alumnado fillo/a de pais e nais, titores legais ou acolledores familiares, traballadores ambos os dous con incompatibilidade dos seus horarios laborais co horario de saída do seu fillo/a ao mediodía, acreditada documentalmente de xeito alternativo, mediante: informe de vida laboral/ Certificado da Unidade de persoal á que pertenza o empregado público / Certificación da empresa, xustificativa da duración de xornada e o horario de traballo …

5- Outro alumnado: Iinclúense ao resto do alumnado que non estea dentro dos anteriores apartados, incluído aos escolarizados fóra da área de influencia, é dicir, fóra das parroquias de Mañufe, Vilaza e/ou Gondomar ). Terá prioridade o alumnado da área de influencia, a continuación o alumnado no que o lugar de traballo do pai/nai/titor/a legal está dentro da área de influencia (entregar certificado da empresa) e en último lugar o alumnado de fóra da área de influencia.

EMPRESA DE CATERING:

ALIMENTACIÓN SAUDABLE GALEGA

HORARIOS

 14:00 h. a 16:00 h.

 A partir das 15:15 h. o alumnado xa poderá ser recollido.

NÚMERO DE PRAZAS MÁXIMAS AUTORIZADAS E CONCEDIDAS

130 prazas

PRAZOS

Entrega de solicitudes, Anexo II e documentación xustificativa: Do  1 ao 6  de xullo de 10:00h á 11:00 h. Pódense descargar da web e mandar por correo electrónico ao Centro. Tamén se pode recoller e  entregar a documentación directamente no colexio.

Publicación da listaxe provisional de admitidos e reservas na páxina web: antes do 15 de xullo.

Reclamacións: prazo de 5 días despois da publicación provisional

Publicación da listaxe definitiva de admitidos e reservas na páxina web: antes do 20 de xullo.

 

ANULACIÓN DE MENÚS

Coa maior antelación posible e sempre xustificando a ausencia  por correo electrónico a ceip.chano.pinheiro@edu.xunta.gal do Centro indicando no asunto, "anulación comedor + nome do alumno/a” + curso ou contactando telefónicamente coa secretaría.

Deberase notificar tamén vía ABALARMOBIL  ao profesorado titor indicando se o alumnado,  o día anulado,  regresa en transporte ou non.

Anulación no propio día debe ser excepcional e  realizarse antes das 9:30h.

PAGAMENTOS

 Na conta indicada pola empresa adxudicataria do servizo, nos dez primeiros días de cada mes

 

 

 

 SOLICITUDE DE COMEDOR CURSO 2024-2025

 

ANEXO II MODELO DE AUTODECLARACIÓN E ESPECIFICACIÓNS

 
 
 
 
 
 

LIBROS DE TEXTO 2024-2025

No seguinte enlace podedes consultar  o LISTADO DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL IMPRESO  para o curso 2024-2025

Distribuir contido


by Dr. Radut