Estimadas familias,
Dende o centro imos festexar a celebración do Samaín coas seguintes actividades:
- Realización dunha exposición de cabazas de todo o alumnado decoradas na casa poñendo un título en lingua galega a súa creación.
A exposición farase no corredor en fronte a sala de profesorado.
O alumnado traerá as cabazas entre o luns 28 e o martes 29 de outubro.
A exposición estará aberta para as familias o martes 29 de outubro de 16:00 a 17:30 horas.
- Celebración do Samaín o mércores día 30 de outubro.
O alumnado poderá asistir disfrazado.
Faremos unha merenda por ciclo na que o alumnado aportará...
INFANTIL:
4º Ed. Infantil (3 anos) Creacións doces de Samaín ( dedos de bruxa, arañas, etc)
5º A Ed. Infantil (4 anos) Brochetas de froitas variadas (4 por alumno/a)
6º A Ed. Infantil (5 anos) Bocatas pequenos ou sandwichs (4 por alumno/a)
6º B Ed. Infantil ( 5 anos) Unha botella de 1,5 litros de auga por alumno/a.
PRIMARIA:
1ºA Creacións doces de Samaín ( dedos de bruxa, arañas, etc)
2ºA Brochetas de froitas variadas (4)
2ºB Bocatas pequenos ou sandwichs (4)
3ºA Creacións doces de Samaín ( dedos de bruxa, arañas, etc)
3ºB Brochetas de froitas variadas (4)
4ºA Unha botella de 1,5 litros de auga por alumno/a.
4ºB Bocatas pequenos ou sandwichs (4)
5ºA Creacións doces de Samaín ( dedos de bruxa, arañas, etc)
5º B Brochetas de froitas variadas (4)
6ºA Unha botella de 1,5 litros de auga por alumno/a.
6ºB Bocatas pequenos ou sandwichs (4)
Sorprendernos!
O alumnado que presente algún tipo de alerxia ou intolerancia deberá traer a súa propia merenda.
• Fomentando e traballando as linguas.
Crearase un recuncho de vocabulario en galego e inglés relacionado con esta temática para poder xogar e facer diferentes actividades dende as diferentes titorías, así coma enriquecer o vocabulario de todo o alumnado.
• A lectura sempre é importante.
Farase unha exposición de libros coa temática: Samaín, meigas, trasnos, cabazas…. na biblioteca.
• Fomento da lectura
O alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria lerá contos terroríficos ao alumnado dos grupos inferiores.
Esperamos gozar moito xuntos desta celebración.
A Supercomisión.