Estimadas familias:
Proximamente será a celebración do DÍA DA MULLER TRABALLADORA. Dende o centro queremos solicitar a colaboración de todas as familias para facer unha pequena homenaxe a todas as mulleres traballadoras.
Consideramos que para o noso alumnado non hai MULLERES TRABALLADORAS máis importantes, máis heroínas, máis traballadoras,máis queridas.....que as mulleres polas que están rodeados/as diariamente (nais, avoas, tías, titoras ....).
Tendo isto en conta, pretendemos facer unha EXPOSICIÓN de FOTOS :
“AS NOSAS MULLERES, AS NOSAS HEROÍNAS”
PARA PARTICIPAR:
- FAI UNHA FOTO A UNHA MULLER (MAMÁ, AVOA, ETC) TRABALLANDO NA HORTA, NA CASA, NO HOSPITAL...
- AS FOTOS SERÁN DEVOLTAS AO REMATAR A EXPOSICIÓN.
O día 8 de Marzo de 16:30h. ás 18:00h, as familias poderedes visitar a exposición.