Skip to Content

ADORNO DE NADAL

                                                            Estimadas familias:

Xa se achegan as festas do Nadal e este ano a decoración da árbore do centro imos facela con PINZAS DE MADEIRA.

O alumnado deberá traer un adorno feito artesanalmente con pinzas de madeira, son validos todos os materiais que se vos ocorran, o tamaño das pinzas é de libre elección.

A data límite de entrega será o martes día 12 de decembro.

Deixade voar a vosa imaxinación.

Unha aperta,

                                 O EQUIPO DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS

DÍA NON LECTIVO

No calendario escolar deste curso 2017-2018 figura como día non lectivo o 7 de decembro de 2017, polo que ese día o centro permanecerá pechado.

Un saúdo.

LAZO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Estimadas familias:

 

O vindeiro luns, día 27 de novembro, imos conmemorar o DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO polo que todo o alumnado debe vir vestido de negro.

A actividade consistirá en formar un gran lazo entre todo o alumnado do centro en sinal de repulsa contra a Violencia de Xénero.

 

Samaín 2017

DÍAS NON LECTIVOS

Os centros educativos escollen cada curso escolar dous días non lectivos.

O consello escolar do centro acordou solicitar para o curso 2017-2018 os dous seguintes:

 

  • 13 de outubro de 2017

 

  • 18 de maio de 2018

A Xefatura Territorial de Educación de Pontevedra concedeunos, polo que o vindeiro VENRES  día 13 o centro permanecerá pechado.

GUÍA PARA O CURSO 2017-2018

A REVISTA ESCOLAR

Revista "A Fontiña" 2017

 
Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega damos as grazas a tódolos participantes na elaboración e difusión da revista escolar "A FONTIÑA", onde se reflexan diferentes traballos, actividades e proxectos realizados ao longo de todo o curso por parte dos alumnos/as do CEIP Chano Piñeiro.
 
                    

 

 

LIBROS DE TEXTO CURSO 2017 2018

27/06/2017
Europe/Madrid

RELACIÓN DE LIBROS DE TEXTO CURSO 2017 2018

FOLGA NO TRANSPORTE ESCOLAR

Informamos que está convocada unha folga no sector do transporte de viaxeiros e que afecta ao transporte escolar.

Polo que, de non desconvocarse, mañá martes e o mércores a empresa de transporte non poderá realizar o servizo.

 

                                  

Distribuir contido


by Dr. Radut