Skip to Content

DÍA DO MEDIOAMBIENTE

Son moitos os contidos e as actividades que este ano estamos traballando  no centro  para coidar o medioambiente: puxéronse en funcionamento as PATRULLAS VERDES, en todas as aulas teñen contedores para a reciclaxe de papel, plásticos e orgánicos, no patio  aumentouse o número de contedores para poder facer unha correcta reciclaxe.

 

Tamén cambiamos a nosa forma de traer o pequeno almorzo ao cole, agora facémolo en friameiras e xa non utilizamos papel de alumninio.

 

Cos tapóns que reciclamos no Chano, fixemos unha gran labor, levaronse á protectora  de animais abandoados OS PALLEIROS DE PONTEVEDRA. Recorda que se decides ter unha mascota debes coidala, protexela  e aínda que a túa vida cambie nunca debes abandoala, ela non o faría.

 

Son moitas  as tarefas que podemos facer cada día a favor do medio ambiente, coidar as nosas mascotas, non deixar o grifo aberto mentres lavamos as mans ou os dentes, coidar as plantas, non tirar escombro nos nosos montes, reciclar os tapóns...

 

ACTIVIDADES NO BLOGUE DE COMPLEMENTARIAS

 

                                                    

 

 

ACTIVIDADE EN FAMILIA "NAVEGA CON RUMBO"

Estimadas familias:

 

O Colexio Profesional de de Enxeñaría en Informática de Galicia, en colaboración coa Xunta de Galicia, presenta o Plan Navega con Rumbo polo Ciberespazo, unha iniciativa encamiñada a que naveguedes con tino pola Rede, é dicir, con seguridade, evitando o ciberacoso e outros riscos de Internet.

A nosa intención é que vos mentalicedes da necesidade de facer un uso responsable das novas tecnoloxías para adquirir boas experirencias e novos coñecementos.

A internet é divertida e útil. Podes buscar información para realizar os teus traballos e tamén coñecer e comunicarte cunha chea de persoas ou divertirte xogando. É un mudo que ofrece moitas posibilidades. Sabemos que empregas o teu sentido común pero queremos botarche unha man.

Por todo isto o centro organiza unha charla para as familias, o martes 30 de maio ás 18:00 horas na bibioteca do centro. Poden asistir os pais/nais acompañados dos seus fillos/as.

Recibiredes recomendacións que farán máis segura a navegación polo ciberespazo.

 

Agardamos a vosa presencia, un saúdo.

 

Solicitudes de plazas de Comedor Escolar e Axudas de emerxencia social curso 2017-2018

O Departamento de Benestar Social do Concello de Gondomar, abre o prazo de presentación de solicitudes de plazas de comedor escolar para alumnos/as matriculados nos CEIP do Municipio para o próximo curso escolar 2017-2018.

Do mesmo xeito, abre tamén o prazo de presentación de solicitudes de Axudas de Emerxencia Social, para a adquisición de material escolar de EDUCACIÓN INFANTIL, dirixidas as familias con escasos recursos económico, para o curso 2017-2018 destinadas a alumnos matriculados nos centros escolares do Concello.


As familias interesadas poden recoller as solicitudes no Departamento de Benestar Social do Concello dende o 8 de Maio ata o 12 de Xuño.

Podes descargar os modelos de solicitudes:

Bases reguladoras do comedor escolar

Modelo de solicitude de comedor escolar

Modelo de solicitude por emerxencia social

 

XORNADAS DE BOLOS CELTAS

 Os alumnos de terceiro e cuarto disfrutaron dunha xornada de bolos celtas.  Aprenderon as regras do xogo e a traballar en equipo.

 

                                               

DÍA DE EUROPA

O Día de Europa é unha celebración que ten lugar o 9 de maio. Celébrase dende  1985, tras ser aprobada polo Consello Europeo.

Pincha aquí e ver diferentes actividades sobre esta conmemoración.

 

                                                

ANÚLASE A SAÍDA Á ILLA DE SAN SIMÓN

Estimadas familias:

Debido as previsións meterolóxicas adversas, pospoñemos a excursión a San Simón para o martes 23 de maio, no mesmo horario e seguimos coa mesma organización.  A autorización entregada é valida a todos os efectos.

Saúdos,

                           O profesorado titor                 

 

CHARLAS SOBRE VIOLENCIA DE XÉNERO

Estimadas familias:

O Goberno de España desenvolve O PLAN DIRECTOR PARA A CONVIVENCIA E A MELLORA DA SEGURIDADE NOS CENTROS EDUCATIVOS E NOS SEUS CONTORNOS, DURANTE O CURSO 2016-2017.

O Centro solicitou a actividade " Violencia de xénero", xa que consideramos importante ter información sobre este tema e facilitada por expertos, dada a crecente problemática existente.

 

Esta actividade será desenvolvida por persoal da Garda Civil en dúas fases:

  • O martes 9 de maio: charla ás familias ás 18:00 horas. Esperamos contar coa vosa asistencia.
  • O mércores 10 de maio charla ao alumnado de 3º ciclo de Educación Primaria a partir das 12:30.

                                                     

2 DE MAIO- DÍA NON LECTIVO

Os centros educativos escollen cada curso dous días non lectivos.

O consello escolar do centro acordou solicitar para o curso 2016-2017 os dous seguintes:

  • 17 de marzo de 2017
  • 2 de maio de 2017

A Xefatura Territorial de Educación de Pontevedra concedeunos, polo que o vindeiro MARTES  o centro permanecerá pechado.

                                 

 

XORNAL A VOZ DO CHANO 2016-2017

                                      Xornal A VOZ DO CHANO

Durante a semana da prensa e ao longo de todo o mes de marzo, o alumnado do Ceip Chano Piñeiro traballou os diferentes tipos de prensa, coñeceron diferentes tipoloxías textuais e manexaron as seccións dos xornais.

De todo este traballo xurdiu o xornal da escola " A VOZ DO CHANO"

                                                 

SE PINCHAS NA IMAXE ACCEDERÁS  AO BLOGUE DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA PARA VER O XORNAL COMPLETO

"SEGURIDADE NO USO DAS NOVAS TECNOLOXÍAS"

O Goberno de España desenvolve O PLAN DIRECTOR PARA A CONVIVENCIA E A MELLORA DA SEGURIDADE NOS CENTROS EDUCATIVOS E NOS SEUS CONTORNOS NO CURSO 2016-2017.

O centro solicitou a actividade " Seguridade no uso das novas tecnoloxías", xa que se consideramos importante ter información sobre este tema e facilitada por expertos, dada a crecente problemática existente.

 

Esta actividade será desenvolvida por persoal da Garda Civil en dúas fases:

O martes 4 de abril, charla ás familias ás 18:30. Esperamos contar coa vosa asistencia.

O mércores 5 de abril, charla ao alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria a partir das 12:30.

 

                          

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut