Son moitos os contidos e as actividades que este ano estamos traballando no centro para coidar o medioambiente: puxéronse en funcionamento as PATRULLAS VERDES, en todas as aulas teñen contedores para a reciclaxe de papel, plásticos e orgánicos, no patio aumentouse o número de contedores para poder facer unha correcta reciclaxe.
Tamén cambiamos a nosa forma de traer o pequeno almorzo ao cole, agora facémolo en friameiras e xa non utilizamos papel de alumninio.
Cos tapóns que reciclamos no Chano, fixemos unha gran labor, levaronse á protectora de animais abandoados OS PALLEIROS DE PONTEVEDRA. Recorda que se decides ter unha mascota debes coidala, protexela e aínda que a túa vida cambie nunca debes abandoala, ela non o faría.
Son moitas as tarefas que podemos facer cada día a favor do medio ambiente, coidar as nosas mascotas, non deixar o grifo aberto mentres lavamos as mans ou os dentes, coidar as plantas, non tirar escombro nos nosos montes, reciclar os tapóns...
ACTIVIDADES NO BLOGUE DE COMPLEMENTARIAS