SEMANA DAS LETRAS GALEGAS
Este ano o día das Letras Galegas adícase a Manuel María, coñecido principalmente pola súa obra poética e pola súa defensa da lingua.
Na biblioteca contamos cunha exposición de material bibliográfixo e audiovisual sobre Manuel María. Tamén contamos, nos corredores do centro, con carteis coa vida e retazos da obra do homenaxeado.
O mércores 18 e xoves 19 o alumnado de 6ºB representará unha adaptación do conto musicado "Pedro e o Lobo"
O venres 20 e luns 23 o alumnado de 3ºB representará unha adaptación do conto " Chímpate, Pepa!"
O alumnado de 6º A presentará o seu Rap para a defensa do galego " O galego non ten fin"
Actividades no blogue da Biblioteca e no blogue do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, Chanamos Galego.