Skip to Content

LENDO NO NADAL

No centro temos un novo recuncho de lectura, nel colocamos unha serie de lecturas que podedes pedir como agasallo e ler tanto en soidade como en compañía, en silencio ou rindo a gargalladas, agochándote cunha manta ou soñando.

 

Podes visitar a exposición que temos na entrado do colexio xunto a nosa cheminea e coñecer estas novidades.

As familias poden visitar a exposición durante a semana en horario de 16:00 a 17:45  ou o martes de 17:00 a 18:00 horas.

 

                                                        

 

ÁRBORE DE NADAL

Estimadas familias:

 

O vindeiro venres, 21 de decembro imos celebrar a festa de Nadal.

Consistirá nunha actividade musical e unha festa de fin de ano. O alumnado deberá traer un gorro de Naal e un complemneto de festa ( cotillón, serpentinas, etc)

Para a merenda, este ano traerán lambetadas de Nadal os nenos/as dos grupos B e unha botella de auga grande os nenos/as dos grupos A. A merenda será compartida co resto do alumnado do mesmo nivel.

                        

 

                    Bo Nadal!!

 

 

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe conmemoramos o DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

Para facer visible a nos repulsa o alumnado e profesorado colocamos un lazo de morado no vallado do centro.

 

TRANSPORTE ESCOLAR

Informa no día de hoxe  a empresa de transporte escolar  que a ruta que vai do Cruceiro de Mañufe a Nande pode realizar novamente o seu percorrido, a excepción das paradas de COSTA E SEQUIÑA.

O alumnado rexistrado nestas paradas pode subir en LOBADAS ou noutra das paradas da ruta.

                                                                         

Un saúdo,

                 Rogelio Pereira Zunzunegui

                       Director

 

                

RECURSOS DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

DÍAS NON LECTIVOS

Os centros educativos escollen cada curso escolar dous días non lectivos.

O consello escolar do centro acordou solicitar para o curso 2018/2019 os dous seguintes:

  • 2 de novembro de 2018
  • 20 de maio de 2019

A Xefatura Territorial de Educación de Pontevedra concedeu o primeiro, quedando a concesión do segundo pendente de que a Consellería de Traballo publique oficialmente os festivos locais, polo que o 

VENRES DÍA 2 DE NOVEMBRO DE 2018 o centro permanecerá pechado.

 

Un saúdo,

 

                             Rogelio Pereira Zunzunegui

                                 Director

RECURSOS SAMAÍN E MAGOSTO

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

                                                         

Estimadas familias:

 

Queremos comunicarvos as actividades extraescolares que se impartirán este ano no centro:

 

TEATRO – LUNS DE 16:00 A 17:00

 

INGLÉS INFANTIL E 1º PRIMARIA– XOVES DE 16:00 A 17:00

 

INGLÉS PRIMARIA 2º, 3º, 4º, 5º E 6º -- XOVES DE 17:00 A 18:00

 

O resto das actividades ofertadas non obtiveron o número mínimo de participación.

 

As actividades comezarán o día 1 de outubro.

 

Un saúdo.

 

DISTRIBUCIÓN PARA O PERIODO DE ADAPTACIÓN

 

                BENVIDAS/OS AO CHANO PIÑEIRO!!!!

 

CLICA NA IMAXE E CONSULTA O CADRO DO PERIODO DE ADAPTACIÓN.

 

Modificación da opción de Relixión Católica ou Valores Sociais e Cívicos

 

Modificación da opción de Relixión Católica ou Valores Sociais e Cívicos

 

Se algunha familia desexase cambiar a opción que ten manifestada no centro con anterioridade sobre a elección de ensino de  Valores Sociais e Cívicos ou Relixión Católica debe dirixirse a secretaría do 3 ao 7 de setembro de 2018 inclusive.

Distribuir contido


by Dr. Radut