Skip to Content

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN PROBAS

Estimadas familias:

Dende o Departamento de Orientación lévase a cabo unha valoración colectiva xeral das aptitudes do alumnado que remata etapa co fin de detectar posibles puntos débiles ou fortes no seu xeito de abordar o coñecemento. Pásase unha proba denominada BADyG, Batería de Aptitudes Diferenciales y Generales que, entre  outras cousas, indica as súas aptitudes de razoamento lóxico, atención e memoria a curto prazo.

Na semana do 6 ao 10 de maio pasaráselles a proba ao alumnado de 6º de primaria

e na semana do 20 ao 24 ao alumnado de 4º de primaria.

A proba ten un carácter preventivo e de atención temperá do alumnado.

Esta proba é confidencial  e só se utilizará como información para o profesorado.

Se tedes calquera dúbida podédesvos poñer en contacto coa orientadora.

 

Un saúdo,

                   Silvia Vázquez Piñeiro

          Xefa do Departamento de Orientación

 

DÍAS NON LECTIVOS

Estimadas familias:

Segundo a Orde do 28 de maio de 2018, pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2018/2019 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia, o mércores 1 de maio e o venres 17 de maio, son dous dos días non lectivos ao ser festivos así declarados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, en exercicio das súas competencias.

Ademáis os centros educativos nos que as festas de carácter local non coincidan con días de clase, escollen cada curso escolar dous días non lectivos de tal forma que tanto o Claustro como o Consello Escolar acordaron solicitar para o curso 2018-2019 o  20 de maio de 2019.

Por tanto este día non será lectivo ao ser concedido pola Xefatura Territorial de Educación de Pontevedra.

 

Un saúdo,

                 Soledad Couto Domínguez

                            Directora

GONDOVERÁN

 

Gondoverán é un programa de lecer e tempo libre preferentemente para fillos e fillas de familias traballadoras, co obxectivo de favorecer a conciliación da vida familiar e laboral durante o mes de xullo, ao tempo que se potencia o desenvolvemento integral do neno/a a través dunha programación que combina o xogo con actividades creativas, culturais e coñecemento do entorno próximo, dende unha pedagoxía do lecer baseada na educación en igualdade e hábitos saudables. Cofinanciado pola Deputación de Pontevedra

O prezo será de 65€ neno/a.

A inscrición realizarase do 7 ao 21 de maio a través do Rexistro Xeral do Concello de luns a venres en horario de 8.30 a 14h ou ata as 24h a través da Sede Electrónica

 

Para calquera dúbida os/as interesados/as poderanse dirixir ao CIM, na Casa da Cultura, nos teléfonos 986 389 355/986 360 224 ou no seguinte correo electrónico: aio@concellodegondomar.com

Tríptico de presentación do Gondoverán

Páxina do Concello para facer a solicitude. ( PINCHA AQUÍ)

SEMANA DA IGUALDADE E NON DISCRIMINACIÓN

Durante esta semana o alumnado traballou a igualdade e a diversidade afectivo- sexual.

O centro agasallou a todo o alumnado cunha pulseira co lema "QUERERSE BEN, SEN IMPORTAR A QUEN"

 

 

LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS

PUBLICAMOS A LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS PARA O CURSO 2019/2020

Pincha na imaxe para consultar a lista.

CONCERTO DE SUSA HERRERA

Hoxe o alumnado de 1º,2º,3º e 4º gozou, nas instalación do centro, dun concerto de SUSA HERRERA " En Cabarceno se sigue cantando"

                                                                                                                           

ENTROIDO 2019

Ola, son ATRE, unha criatura chegada dunha lenda do Monte Galiñeiro.

ESTA SEMANA O ENTROIDO VAI COMEZAR,

E O LUNS Ó COLE,

UNHA MÁSCARA ANTIFUME

DEBERÁS LEVAR.

 

O MARTES REBULDEIRO

UNHA REGADEIRA,

PARA ENCHER DE AUGA

O MUNDO ENTEIRO.

 

O MÉRCORES POR SER O TERCEIRO

LEVAREDES UN SOMBREIRO.

 

O XOVES SE QUERES DESTACAR,

UNHA FOLLA PINTADA NA CARA

HAS DE LEVAR.

 

ESTAS ORDES SON ACUMULATIVAS.                   DISFRUTADE DO ENTROIDO!!!

O NOSO CENTRO

DÍA DA PAZ 30/01/2019

Estimadas familias:

 

Hoxe, día 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz e da non Violencia. Para acadar os obxectivos realizamos as seguintes actividades:

O alumnado de infantil e primeiro gravou un  vídeo coa  canción, APERTAS QUE VOAN.

  •  

 

 
Escribimos nos corazóns de madeira mensaxes de paz. Con todos os corazóns, creamos un cadro para o centro.
 
 
Xuntámonos no patio cuberto para cantar en linguaxe de signos “APERTAS QUE VOAN”
 
 
Exposición de contos relacionados coa Paz e a non Violencia
 
 
 
 

FESTIVAL DE NADAL

 

ACTUACIÓNS DO FESTIVAL DE NADAL. 

AO LONGO DA SEMANA INTENTAREMOS TER TODOS OS VÍDEOS COLGADOS.

PARA VISUALIZAR MELLOR O VÍDEO AMPLIADE A PANTALLA COMPLETA.

 

CINCO ANOS B

 
 
5 ANOS A
 

 

6º PRIMARIA 
 
Distribuir contido


by Dr. Radut