BIBLIOTECA DE FAMILIAS
Estimadas familias:
Apagade a televisión, gardade os móbiles, xa está en marcha a Biblioteca de familias do Ceip Chano Piñeiro!
Os libros de préstamo para as familias están á vosa disposición nun expositor na entrada do centro.
Podedes retirar os libros que vos interesen cubrindo a ficha de préstamo (prestaranse como máximo 3 libros de cada vez), ficha que debe meterse na caixa de correos. O prazo para a súa devolución é de 15 días, que se poden ampliar enchendo outra ficha.
Temos diversidade de libros, que iremos variando cada certo tempo: libros educativos, novelas e libros para ler xunto cos vosos fillos e fillas.
Podedes atopar libros sobre:
● a alimentación
● a hixiene
● a educación sexual
● conflitos familiares
● dificultades de aprendizaxe
● xogos, etc.
A novidade deste curso serán as novelas.
Entre elas atoparás :
- El niño con el pijama de rayas (John Boyne)
- Misión Olvido (María Dueñas)
- El corazón helado (Almudena Grande)
- Que me queres, amor? (Manuel Rivas),
- O club da calceta (María Reimóndez) e moitas máis!!!
Podedes facer suxestións sobre a compra de novos materiais.
Esperamos que esta BIBLIOTECA DE FAMILIAS sexa do voso agrado!