Hoxe, venres 27 de setembro,celébrase o día de concienciación pola defensa do noso planeta.
Dende o Chano, unímonos á celebración desta data levando a cabo unha merenda conxunta con todo o alumnado no patio cuberto e facendo un reconto do lixo que xeramos.
Ao finalizar de merendar analizamos a cantidade de papel ( escaso), lixo orgánico ( principalmente restos de froita e froitos secos) e plásticos.
Xa dende as aulas fixemos fincapé na importancia de reducir o uso dos envases plásticos.
IMPORTANTE: Non comentamos esta actividade ao alumnado con anterioridade para non influír na cantidade de plástico que traían nas merendas.
ESTAMOS MOI CONTENTOS E CONTENTAS PORQUE O ALUMNADO TRAE TAPER E ESTANSE DANDO CONTA DE QUE CONTRIBÚEN A MELLORAR O MEDIOAMBIENTE.
MOITAS GRAZAS POR COIDARME!!!