Skip to Content

ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR O COMEDOR ESCOLAR

Os interesados deberán presentar a documentación no Rexistro Municipal entre os días 15 de xullo e 15 de agosto.

 A concellería de Benestar Social do concello abriu o prazo para solicitar as axudas para comedor escolar do vindeiro curso 2020-2021, que poderán presentarse entre o 15 de xullo e o 15 de agosto.

As bases, publicadas na sede electrónica, poderan tamén consultarse e descargarse no seguinte enlace da páxina do concello (https://bit.ly/3gLLacl) onde atoparán os impresos que deberán presentarse cubertos no Rexistro Municipal ou a través da sede electrónica.

Os beneficiarios/as de axudas para comedor escolar deberán estar matriculados nun dos centros públicos de ensino do concello nos niveis de Educación Infantil e Educación Primaria.

Darase prioridade á conciliación laboral dos pais traballadores e que precisen o servizo de comedor de luns a venres ou como mínimo tres días a semana, tendopreferencia os alumnos do concello de Gondomar.

Máis información no servizo de Benestar Social no teléfono 986 360168 ou no correo ssocial@concellodegondomar.com    

 
 

SECCIÓNS BILIGÜES 5º DE PRIMARIA

Estimadas familias:

O inglés converteuse en lingua global logrando un alcance tal que se considera clave na educación, en posición de igualdade co dominio das TIC e, xa que logo, converténdose parte esencial da alfabetización do século XXI.

Por iso, a competencia insuficiente do noso alumnado nesta lingua tería serias repercusións para continuar estudos noutros países e para as súas posibilidades de emprego. Isto implica o tratamento educativo do inglés como competencia clave e a súa utilización como lingua vehicular para a aprendizaxe de contidos de materias non lingüísticas. (ORDE do 12 de maio de 2011 ).

Por iso no centro consideramos que mellorar a competencia en linguas é un recurso económico e social indispensable dentro, nunha Europa cultural e lingüisticamente diversa xa que a competencia en linguas estranxeiras aumenta as posibilidades de emprego das persoas e as opcións educativas que, pola súa vez, xeran toda unha gama de competencias persoais, sociais e profesionais.

Neste senso o noso centro está incluído dende o este curso 2019-20 na rede galega de centros plurilingües o que implica que dende este ano académico xa se impartiu unha das asignaturas en inglés en 1º, 2º  de EP ( área de plástica) e irase incorporando a implantación desta área neste idioma progresivamente ao longo dos seguintes cursos e en toda a primaria.

Polo tanto para o alumnado de 1º , 2º e 3º de primaria a área de Plástica impartirase en inglés. Ao mesmo tempo implantáronse seccións bilingues na área de Ed. Plástica en 4º de Primaria e en  EF en 5º e 6º de Educación primaria de tal forma que o alumnado beneficiario destas seccións recibirá o 50% desta área en lingua extranxeira.

Os obxectivos son :

- Incrementar a presenza da lingua estranxeira como lingua vehicular.

-Formar na lingua estranxeira á vez que en contidos non lingüísticos.

-Mellorar o dominio efectivo en lingua estranxeira do alumnado

-Fomentar a pluralidade lingüística e cultural do alumnado para lograr a plena integración nun contexto cultural e económico globalizado.

-Promover o desenvolvemento dun currículo integrado das linguas para favorecer a transferencia dos coñecementos e as competencias dunha lingua a outras.

Pero o obxectivo fundamental e o que máis salienta o profesorado coordinador dos programas e os que o imparten é a motivación que implica para o alumnado é o de poder ver a lingua estranxeira noutro ámbito diferente como é a Plástica e a EF.

Ademáis a participación nestes proxectos implica a presenza no centro duha persoa auxiliar de conversa en Lingua Extranxeira.

Logo da experiencia deste ano queremos mandar unha mensaxe de tranquilidade porque a implantación destes proxectos solo teñen repercusións positivas para o alumnado, pois non implican ningunha dificultade no seguemento das clases e que se reflexan na certificación académica que todos acadan e que automáticamente rexistra o programa de xestión de centros “xade”.

 

Para que o alumnado de  4º e 5º de primaria poida  ser beneficiario das seccións bilingües debe asinar o documento que atoparedes como arquivo adxunto a esta mensaxe  e envialo ata o día 10 de xullo.

DESCARGAR  AUTORIZACIÓN SECCIÓNS BIBLINGÜES PARA 4º DE PRIMARIA

DESCARGAR  AUTORIZACIÓN SECCIÓNS BIBLINGÜES PARA  5º DE PRIMARIA

 

CUMPRIMENTALA, ASINALA E REMITILA AO CORREO DO CENTRO ( ceip.chano.pinheiro@edu.xunta.gal)  

 

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2020-2021

 

 Consulta a listaxe de libros de texto para o curso 2020/2021, pinchando na imaxe.

 

                                    

 

CORRECCIÓN DE ERRATAS: O ISBN DO LIBRO DE 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA COMEZA POR 978 E NON 987

17 DE MAIO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Como todos os anos queremos conmemorar o día das letras galegas con todo o alumnado. Este ano tamén vos animamos a participar as familias, cos vosos/as fillos e fillas nas diferentes tarefas, que sempre facemos de maneira impresa. Nesta ocasión, as propoñemos dunha maneira diferente, a través da páxina Web do centro.

No seguinte enlace atoparedes información diversa deste día tal especial.

Este ano homenaxeamos a RICARDO CARVALHO CALERO.

                                                        

No  seguinte documento atoparedes todos os cursos  de Educación Primaria, deberedes pulsar ao curso dos vosos/as fillos/as e comezar a descubrir o máis interesante desde autor Galego.

                                      

 

Para que o alumnado poida descubrir mais cousas dunha maneira divertida sobre RICARDO CARVALHO CALERO, os propoñemos unha actividade interactiva, onde teñen que investigar e conseguir un código secreto, e ata aí podemos contar.

                                           MOITA SORTEEEE!!!!!!!!!!!!!!!!

 PARA O ALUMNADO DE 3º A 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 

PARA O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL 1º E 2º DE PRIMARIA

DÍA DO LIBRO

 

             

 Estimadas familias:

 

        Estimados nenas e nenos:

      SEMPRE, SEMPRE pero nestos momentos moito máis, os LIBROS, van a resultar unha  excelente compañía, poden facernos  rir, viaxar, emocionarnos, aprender, recordar….

 

                                            Déixate acompañar por eles !!!!!

                                                        Non te fallarán nunca !!!!!

 

       O mes de ABRIL, é dende fai moito tempo, celébrase  “o mes dos libros”    polo que dende a Biblioteca do colexio queremos animarvos a que non deixedes NUNCA pero NUNCA de LER, e queremos que disfrutedes con este precioso corto que fai un merecido homenaxe aos LIBROS:“ O mellor corto do mundo para fomentar a LECTURA”

 

           Non deixedes NUNCA pero NUNCA de LER !!!!!

           Estade moi atentos e atentas porque pronto recibiredes unha nova SORPRESA!!!

 

           

NOTA INFORMATIVA

Estimadas familias:

En primeiro lugar e o máis importante nestes días é transmitirlles o noso apoio, ánimo e solidariedade.

Esperamos que tanto o alumnado como as familias, esteades o mellor posible e aproveitamos para dicirvos que dende hoxe estamos novamente a vosa disposición.

Coa finalidade de dar respostas educativas e chegar a todo o alumnado do centro, necesitamos coñecer a vosa situación actual respecto á dispoñibilidade de internet e o acceso real ao traballo telemático. Ata o de agora, observamos que prácticamente todo o alumnado foi quen de conectarse con asiduidade, pero gustaríanos saber a situación cara a este terceiro trimestre, para dende o centro, tomar as medidas oportunas coas familias e alumnado que o precisen.

Por todo o dito precisamos que nos fagades saber por este medio, contactando co profesorado titor ou chamando ao 886110233, se tedes dificultades de conexión ou acceso a internet.

Moitas grazas e un saúdo.

Soledad Couto Domínguez Directora

QUEDA NA CASA, VÍDEO DO PROFESORADO

O profesorado do Chano Piñeiro queremos facer chegar ás familias, mediante este vídeo,  moitos ánimos e todo o noso cariño.
 
XUNTOS PODEMOS!!! TODO IRÁ BEN!!
 
PINCHA NA IMAXE PARA VER O VÍDEO
 
 
 

Novas

Comunicación aclaratoria das instrucións en materia de presenza de persoal nos centros de ensino non universitario

Diante das modificacións derivadas da declaración do estado de alarma, acláranse as últimas instrucións:

1. Nos centros educativos de todos os niveis de ensino non universitario de mais de seis unidades solo permanecerá en réxime de quendas unha persoa do equipo directivo do centro de 10 a 13 horas.

Medidas a adoptar en todos os centros de ensino en relación coa pandemia covid- 19 para os vindeiros 14 días naturais contados dende o día 16 de marzo de 2020

MEDIDAS A ADOPTAR EN TODOS OS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO

  • Suspensión de todo tipo de actividade lectiva regulada en todos os centros de ensino non universitario. Esta suspensión inclúe tamén os servizos educativos complementarios, nomeadamente, o comedor, transporte e servizo de madrugadores, con independencia de quen sexa o organizador dos devanditos servizos.
  • Suspéndense no ámbito educativo todas as viaxes de estudos, excursións, ou calquera tipo de desprazamento de grupos de alumnado ou de profesorado.
  • Suspéndense no ámbito educativo todo tipo de festivais, galas ou actividades que impliquen a reunión de alumnado.
  • O profesorado programará nas páxinas web dos centros ou por outros medios telemáticos, accesibles ao seu alumnado, actividades xenéricas relacionadas cos contidos curriculares para que o seu alumnado as poida realizar no seu domicilio, e fará o seu seguimento, pero non terán carácter de avaliables.
Distribuir contido


by Dr. Radut