Skip to Content

8 DE MARZO DÍA DA MULLER 2022

Queridas familias:

Con motivo da celebración o próximo 8 de marzo do Día Internacional da Muller querémosvos propor unha actividade para facer  en conxunto coas familias.

A proposta é facer un bookface dun libro ou conto que teñades na casa escrito por mulleres.

Que é un bookface preguntaredes?

Pois consiste en encaixar a cara dos nenos e nenas ou algunha parte do seu corpo na portada dun libro. Aquí vos deixamos algúns exemplos para que vos sirvan de referencia.

Con todas as fotos que nos enviedes ao correo do centro ata o luns día 7 faremos un video co que festexaremos o papel da muller na literatura.

Te animas a participar con nosotr@s? BOOKFACE - Día del Libro (23 de abril)  - C.E.I.P. Princesa SofíaLas mejores respuestas al desafío #BookFace - Mundo Risas

Contamos con vós!

O equipo de biblioteca

VISITA VIRTUAL AO CENTRO

SAÍDA DE ENTROIDO

                                                  Carnaval de Antaño en Sucre - Bolivia, desde Hotel Villa Antigua

Mañá, ás 11:00 horas sairemos polas rúas de Gondomar lucindo os nosos disfraces. Estade moi atentos.

Se precisades imprimir a autorización pincha AQUI

 

ORDES DA MECA RIGOBERTA

                           

ACTIVIDADES DE ESPAZO LECTURA MES DE FEBREIRO

SAÍDA " PLANTACIÓN NO PARQUE DAS ROSAS"

O vindeiro mércores día 26 de xaneiro,  con motivo do día Da Educación Ambiental, o alumnado de 2º de Educación Primaria colaborará co Concello de Gondomar na plantación de árbores  no Parque das Rosas.

Os nenos/as xa levan hoxe a autorización na mochila.

                                                    Siembra de la vida vector, gráfico vectorial, imágenes de Siembra de la  vida vectoriales de stock | Depositphotos®

                                    AUTORIZACIÓN PARA A SAÍDA

SAÍDA " DE PONTE A PONTE" DENTRO DO PROXECTO RÍOS

A partir de mañá realizaremos varias saídas co alumnado de Educación Infantil e Primaria. O centro está inmerso no Proxecto Ríos co cal aproveitaremos o bo tempo para facer unha actividade de observación, identificación de especies e recollida de mostras no río Miñor.

                                    

VENRES 14:  10:00 2º DE PRIMARIA

                      12:00 1º DE PRIMARIA

LUNS 17:       10:00 - 3º DE PRIMARIA

                      12:00 - 4º DE PRIMARIA

MARTES 18:  10:00 - 6º DE PRIMARIA

                       12:00 - 5º DE PRIMARIA

MÉRCORES 19: 10:00 - 5 ANOS

                          12:00 - 3 E 4 ANOS


Deixámosvos as diferentes autorizacións por se o alumnado non asistíu ao centro estos días.

Autorización de 3 e 4 anos

Autorización de 5 anos

Autorización de 1ºP

Autorización de 2ºP

Autorización de 3ºP

Autorización de 4ºP

Autorización de 5ºP

Autorización de 6ºP

 

ACTIVIDADES ESPAZO LECTURA DO MES DE XANEIRO

Achegámosvos a nota informativa coas actividades do mes de xaneiro.
 
O luns 17 de xaneiro xa se poderá facer uso do servizo de empréstito dos libros da biblioteca da Casa da Lectura. Provisionalmente estaremos no soto do edificio da Praza das Escolas Vellas (antigo centro de saúde), ao que se poderá acceder pola porta lateral que está en fronte da xoiería Vargas. O horario é de 17:00h a 18:00h e estará aberto todos os luns excepto festivos ou períodos vacacionais.
 
Todas as actividades estarán adaptadas á situación sanitaria na que nos atopamos e aos protocolos vixentes en materia de limitación de aforo e de distancias de seguridade, hixiene e ventilación. 
 
Agardamos que a programación sexa do voso interese e aproveitamos para desexarvos un moi feliz ano lector.
 
Saúdos,
 
O equipo de Espazo Lectura

FELICITACIÓNS DE NADAL

Distribuir contido


by Dr. Radut