Gallego

O2103005 Creating learning opportunities with young learners

Summary: 

Creating learning opportunities with young learners
Gallego

Código do curso: O2103005 

Título: Creating learning opportunities with young learners

Modalidade: presencial

Horas presenciais: 12

Horas non presenciais: 0

Horas totais: 12

Prazas: 15

Temporalización e horario:  21 de outubro; 4,18 de novembro e 2 de decembro en horario de 17:30 a 20:30 no CFR de Ourense.

Destinatarios:  

  • Mestres. Educación infantil
  • Mestres. Educación Primaria
  • Mestres. Lingua estranxeira: Inglés

 Observacións: Hai que ter un nivel B2 de inglés.

Obxectivos: 

  1. Analizar distintas contornas de aprendizaxe cun enfoque CLIL en educación infantil e primaria.
  2. Favorecer a comunicación a través da conversa, da dramatización, da música, do xogo e do traballo en equipo.
  3. Enriquecer as boas prácticas xa asentadas introducindo recursos novos cun enfoque CLIL.

Contidos:

  1. Estratexias comunicativas eficaces a través da dramatización, da música e do xogo.
  2. Metodoloxías activas cun enfoque CLIL.
  3. Boas prácticas na aula CLIL.

Relatora: Silvia Iglesias González

Asesora responsable da actividade: Carmen Calleja Lameiras (ccallejalameiras@edu.xuntal.gal)

Curso O2103005

O2101015 Estratexias de aprendizaxe nas linguas estranxeiras para o alumnado con NEAE

Summary: 

Estratexias de aprendizaxe nas linguas estranxeiras para o alumnado con NEAE
Gallego

Código do curso: O2101015

Título: Estratexias de aprendizaxe nas linguas estranxeiras para o alumnado con NEAE 

Modalidade: presencial no CFR de Ourense

Horas presenciais: 15

Horas non presenciais: 0

Horas totais: 15

Prazas: 20

Temporalización e horario:  20, 27 de outubro; 3, 10 e 17 de novembro en horario de 17:00 a 20:00 no CFR de Ourense.

Destinatarios:  

  • Bacharelato
  • Educación infantil
  • Educación primaria
  • Educación secundaria obrigatoria
  • Educación secundaria para persoas adultas
  • Ensinanzas de idiomas

Obxectivos: 

  1. Revisar o marco lexislativo e os protocolos de atención á diversidade.
  2. Avaliar e comparar diversas estratexias de diferenciación curricular.
  3. Planificar experiencias na aula bilingüe para mellorar a competencia comunicativa do alumnado con NEAE.

Contidos:

  1. Intervención educativa recomendada nos diferentes tipos de NEAE.
  2. Estratexias de diferenciación curricular no ensino das linguas estranxeiras: contidos, metodoloxía e avaliación.
  3. Planificación de secuencias didácticas tomando como referencia o marco do Deseño Universal de Aprendizaxe.
  4. Experiencias inclusivas nas aulas de idiomas.

Relator: David González Gándara

Asesora responsable da actividade: Carmen Calleja Lameiras (ccallejalameiras@edu.xuntal.gal)

Curso O2101015

S2101079 - Estratexias de aprendizaxe nas linguas estranxeiras para o alumnado con NEAE

Summary: 

Este curso busca aportar, por unha banda, estratexias de diferenciación curricular no ensino das linguas estranxeiras atendendo aos contidos, á metodoloxía e á avaliación. Por outra banda, esta actividade axudará na planificación de secuencias didácticas tomando como referencia o marco do Deseño Universal de Aprendizaxe (DUA) e fomentará as experiencias inclusivas nas aulas de idiomas.
Gallego

O curso "Estratexias de aprendizaxe nas linguas estranxeiras para o alumnado con NEAE" (S2101079) desenvolverase durante catro xoves, cunha duración de 15 horas distribuídas do seguinte modo:

28 de outubro - en horario de 16.30 a 20.30

4 de novembro - en horario de 16.30 a 20.30

11 de novembro - en horario de 16.30 a 20.30

18 de novembro - en horario de 16.30 a 19.30

O relator da actividade será David González Gándara.

O lugar de celebración será no Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI).

Cartel

G2103002 Dynamisation des classes de français

Summary: 

O curso leva por título "Dynamisation des classes de français" e busca a combinación de variados recursos para dinamizar as clases de francés, a partir de propostas relacionadas co xogo, a aula invertida, os textos literarios e xornalísticos, así como o teatro e a simulación global, sen esquecer a concepción de materiais para un mesmo grupo con distintos niveis. 
Gallego

O prazo de inscrición estará aberto ata o día 20 de outubro en Fprofe no código G2103002. 

A actividade desenvolverase no Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) en Santiago de Compostela os días 27 de novembro e 4 de decembro, en horario de 9.00 a 14.00. 

Pódese consultar ou descargar o programa en Fprofe no código previamente indicado.

Dynamisation des classes de français

Cursos CALC

Summary: 

Apertura dun novo curso CALC de nivel C2.
Gallego

Ábrese o prazo para a inscrición nun novo curso CALC de nivel C2. Para acceder a este curso é necesario posuír o certificado/título que xustifique o nivel de lingua C1, segundo a escala de niveis do MCERL (A1-A2-B1-B2-C1-C2). As persoas que non posúen esta titulación poden inscribirse para facer a Proba de Nivel.

O prazo de inscrición neste curso remata o 23 de setembro de 2021.

 

Máis información sobre os cursos CALC: https://www.edu.xunta.gal/centros/cfrcoruna/aulavirtual/course/view.php?id=759

Cursos CALC
Cursos CALC

G2101081 - O ensino semipresencial de linguas e mediación nas escolas oficiais de idiomas

Summary: 

O ensino semipresencial de linguas e mediación nas escolas oficiais de idiomas
Gallego

Nesta actividade de formación, o profesorado das EEOOII poderá coñecer e utilizar diferentes recursos e dispositivos, dinámicas e metodoloxías para optimizar o ensino semipresencial de idiomas dirixido a persoas adultas nas escolas oficiais de idiomas. Por unha banda, aprenderá a monitorizar a aprendizaxe do alumnado, crear unha aula virtual, dinamizar os foros de interacción e promover actividades de carácter grupal e colaborativo que axuden a formar axentes sociais autónomos/as. Por outra banda, empregarase a observación, a innovación e a retroalimentación como complementos activos no proceso de revisión, corrección e avaliación de actividades lingüísticas.

Este curso terá unha serie de sesións presenciais (tres delas en Santiago de Compostela e dúas delas mediante videoconferencia), así como unha parte de traballo individual para os/as participantes. Para máis información pódese consultar o cartel da actividade, así como o código G2101081 en Fprofe.

Ensino semipresencial

Proba de nivel cursos CALC (inglés)

Summary: 

Terá lugar o día 20 de setembro de 2021, de 18.00-20.00 no CFR de A Coruña.
Gallego

As persoas que desexen facer a proba de nivel para participar en cursos CALC poderán facer unha Proba de Nivel previa á participación en cursos CALC.

Esta proba terá lugar o día 20 de setembro de 2021, de 18.00-20.00 no CFR de A Coruña.

Para poder realizar esta proba os interesados deberán inscribirse en FPROFE na actividade C2102029 Proba de nivel para participar en cursos CALC.

O resultado desta proba indicará o nivel no que se pode inscribir o/a participante.

 

Máis información en https://www.edu.xunta.gal/centros/cfrcoruna/aulavirtual/course/view.php?id=759

Proba de nivel CALC 2021
Proba de nivel CALC 2021

Cursos CALC

Summary: 

Inscrición nos cursos CALC.
Gallego

Ábrese o prazo para a inscrición nos cursos CALC. Para acceder a un curso CALC é necesario posuír o certificado/título que xustifique o nivel de lingua inmediatamente anterior, segundo a escala de niveis do MCERL (A1-A2-B1-B2-C1-C2).

O prazo de inscrición nestes cursos remata o 15 de setembro de 2021.

 

Información sobre os cursos CALC: https://www.edu.xunta.gal/centros/cfrcoruna/aulavirtual/course/view.php?id=759

Cursos CALC
Cursos CALC

Guías para a formación do profesorado

Summary: 

Guías para axudar na procura e xestión das actividades de formación do profesorado organizadas polo CFR de A Coruña
Gallego

Ponse a disposición do profesorado unha serie de guías encamiñadas a facilitar a xestión das actividades de formación do profesorado organizadas polo CFR de A Coruña ou para axudar na procura de actividades ofertadas na rede de formación.  

LIGAZÓN ás guías (acceso aberto):

https://www.edu.xunta.gal/centros/cfrcoruna/aulavirtual/course/view.php?id=1968

Guías para a formación do profesorado
Guías para a formación do profesorado

Webinario "Facer eTwinning en EOI"

Summary: 

Webinario de formación dirixido a profesorado de EOI
Gallego

O 28 de abril tivo lugar o 5º webinario de formación do proxecto Erasmus+ SBLENDID, que une ao CAFI e ás Escolas Oficiais de Idiomas galegas nun consorcio para abordar os retos do ensino semipresencial. Esta sesión, impartida por Carmen Fernández, coordinadora do proxecto na EOI Coruña e experta en eTwinning, centrouse en como abordar este tipo de proxectos no ensino de persoas adultas en EOI.

O webinario pode visualizarse na seguinte ligazón e tamén pode accederse á presentación compartida nestoutro acceso.

A última actividade do presente curso académico 2020/21 será unha xornada de difusión que terá lugar o día 6 de maio ás 11:00 da mañá onde as persoas participantes na segunda mobilidade do proxecto compartirán as súas aprendizaxes. Esa mobilidade, de carácter virtual, foi o curso "Pedagogos dixitais", impartido por Europass Teacher Academy e achegounos a varios aspectos esenciais do ensino semipresencial: as estratexias de apoio social e emocional, o traballo colaborativo en espazos virtuais, a creación de recursos interactivos e a avaliación nesta modalidade. De estares interesado/a en asistir, pregámosche que te inscribas na seguinte ligazón.

 

informacion_webinario_carmen_fernandez