Nova zona de formación aberta na aula virtual do CFR da Coruña
Enviado por pedrolado a Ven, 09/04/2021 - 13:44Summary:
Creouse unha zona de formación aberta no CFR da Coruña.
Nesta sección ponse á disposición do profesorado galego unha serie de cursos en formato aberto.
Estes cursos, que inclúen só a parte teórica, pretenden servir de guía e non poderán ser entendidos como actividades formativas certificables nin terán o habitual soporte de titorización co que contan os cursos titorizados tanto en Platega como nos CFR da Rede de formación.
A día de hoxe contamos con dúas actividades de ferramentas institucionais:
· Actualización de ferramentas tecnolóxicas para docentes
· Aproveitamento didáctico de ferramentas institucionais para o ensino mixto
Para poder acceder aos cursos debe ser vostede unha persoa usuaria da aula virtual do CFR, si non o é, pode crear o seu usuario segundo as instrucións indicadas na propia aula virtual.
Unha vez que sexa usuario, ten a chave de automatriculación no acceso de cada curso.