S2101118 Preparación das probas de certificación das EEOOII. Inglés B1
Enviado por portalcafi a Ven, 04/02/2022 - 10:31Summary:
O curso levarase a cabo a través de videoconferencia os mércores e xoves, de 17.00 a 19.00.
As sesións estarán adicadas á práctica da tipoloxía de tarefas das probas de certificación de nivel B1 administradas polas EE.OO.II.
O alumnado que supere as probas deste nivel poderá comunicarse en situacións cotiás (traballo, estudos, ocio…) e en contextos de lingua previsible, nun rexistro neutro – aínda que vacile, faga pausas e cometa algún erro – cunha razoable corrección, certa seguridade e eficacia; comprenderá sen dificultade os puntos principais de textos orais e escritos claros en lingua estándar en situacións coñecidas; será quen de producir textos sinxelos nos que xustifique brevemente opinións, pida aclaracións, explique brevemente un problema …
Así mesmo, disporá dun coñecemento básico da lingua, gozará dun repertorio amplo de estruturas morfosintácticas sinxelas e dominará o léxico común dos contextos comunicativos habituais e frecuentes.