Preparación das probas de certificación das EEOOII - Francés e inglés

Preparación das probas de certificación das EEOOII - Francés e inglés
Sáb, 11/12/2021 - 12:06
Horarios

Se ata o momento estiveches sen tempo para preparar as probas de certificación das EEOOII, tes a oportunidade de facelo agora. Dependendo do idioma no que esteas interesado/a (inglés ou francés), podes atopar as distintas datas e horarios para cada un dos idiomas e dos niveis ofertados en Santiago de Compostela.

As sesións estarán adicadas á práctica da tipoloxía de tarefas das probas de certificación dos distintos niveis (B1, B2, C1 e C2 en inglés, así como B2 e C1 en francés) administradas polas EE.OO.II. Esta práctica terá como obxectivo a mellora da competencia lingüística nas destrezas de comprensión, produción, co-produción e mediación orais e escritas.

Menús CAFI node R

 

Sección

Áreas-CAFI