O2101015 Estratexias de aprendizaxe nas linguas estranxeiras para o alumnado con NEAE

Estratexias de aprendizaxe nas linguas estranxeiras para o alumnado con NEAE
Mér, 20/10/2021 - 18:09
Curso O2101015

Código do curso: O2101015

Título: Estratexias de aprendizaxe nas linguas estranxeiras para o alumnado con NEAE 

Modalidade: presencial no CFR de Ourense

Horas presenciais: 15

Horas non presenciais: 0

Horas totais: 15

Prazas: 20

Temporalización e horario:  20, 27 de outubro; 3, 10 e 17 de novembro en horario de 17:00 a 20:00 no CFR de Ourense.

Destinatarios:  

  • Bacharelato
  • Educación infantil
  • Educación primaria
  • Educación secundaria obrigatoria
  • Educación secundaria para persoas adultas
  • Ensinanzas de idiomas

Obxectivos: 

  1. Revisar o marco lexislativo e os protocolos de atención á diversidade.
  2. Avaliar e comparar diversas estratexias de diferenciación curricular.
  3. Planificar experiencias na aula bilingüe para mellorar a competencia comunicativa do alumnado con NEAE.

Contidos:

  1. Intervención educativa recomendada nos diferentes tipos de NEAE.
  2. Estratexias de diferenciación curricular no ensino das linguas estranxeiras: contidos, metodoloxía e avaliación.
  3. Planificación de secuencias didácticas tomando como referencia o marco do Deseño Universal de Aprendizaxe.
  4. Experiencias inclusivas nas aulas de idiomas.

Relator: David González Gándara

Asesora responsable da actividade: Carmen Calleja Lameiras (ccallejalameiras@edu.xuntal.gal)