Actividades

Día de Rosalía

Onte todo o día, foi DÍA DE ROSALÍA. 

Por iso, tocou encher a casiña que lle temos no cole de Pensamentos: pensamentos-plantas, cuxas flores sabemos que eran as favoritas da escritora e que foron feitas á man nas aulas; e pensamentos-poemas, isto é, algúns dos versos coas máis profundas e lúcidas reflexións da poeta. 

 

Aquí tedes a ligazón á actividade no facebook.

 

 

Entroido 2023

O venres 17 de febreiro celebramos o Entroido, en colaboración co CRA de Dodro, visitando o Centro de Día do concello. Á volta tivemos a posibilidade de compartir coas familias unha degustación dos postres típicos desta celebración. Queremos agradecer o compromiso e a participación das familias na preparación destes doces. 

Aquí tedes dous enlaces cos videos e fotos das actividades. 

Enlace 1

Enlace 2

25 de novembro: Día Internacional conta a Violencia Machista

O día 25 de novembro celebramos no centro o Día Internacional contra a Violencia Machista cunha actividade conxunta de Primaria e Secundaria. Para conmemorar esta data botamos man da volvoreta como símbolo da muller maltratada e cada alumno e alumna fixo a súa, personalizándoa cunha mensaxe ou debuxo. 

 

Aquí tedes o enlace ás fotos da actividade e aquí o enlace ao Facebook do colexio.

Colaboración do alumnado de cuarto da ESO na celebración do Magosto do CRA.

O alumnado de cuarto da ESO, coa supervisión da profesora María Morlán, colaborou este ano na celebración do Magosto do CRA de Dodro. Aquí tedes o enlace á actividade. 

SAMAGOSTO

Hoxe celebramos o Samagosto con disfraces e degustación de castañas e chourizos. Tamén houbo baile e esconxuros nos que cada alumno e alumna portaba un saco onde levaba un recipiente cunha mensaxe que reflectira os seus medos. Esas mensaxes foron queimadas no lume facendo deste xeito desaparecer todos os nosos medos....o recipiente reutilizouse para recoller puños de castañas para poder rillalas comodamente.

 

 

 

 

 

 

Segundo e primeiro de primaria tamén festexaron xogando cos pelouros e xogos de roda

 

 

 

 

e tamén celebraron o cumple de Sofía que fai 6 anos. Parabéns!!

 

Houbo ademais baile e diversión

   

 E Para o alumnado da ESO o contacontos Celso Fernández Sanmartín

 

Tamén houbo unha expo de libros sobre a temática do Samaín que foi colocada na nosa casa de Rosalía e da que o alumnado puido levar libros de empréstito. 

GALERÍA DE FOTOS

VÍDEO

 Máis info no Facebook de "O Noso Eusebio"

SAÍDA DE FINAL DE CURSO PRIMARIA

 

O alumnado de primaria realizou unha saída de final de curso. Pasaron o día visitando a Granxa Kiriko, en Fornelos de Montes ( Pontevedra). Desfrutaron dun espazo natural alucinante e da compañía dos animaliños da granxa. Tamén houbo charla didáctica e moita diversión...

.......incluso á hora da comida.

Os profes tamén desfrutaron o seu...

 

GALERÍA DE FOTOS

 

SAÍDA DIDÁCTICA DE FIN DE CURSO DE 4º DE ESO

Este ano o alumnado de 4º de ESO realizou a súa saída didáctica de fin de curso por Portugal.

Viaxaron a Lisboa onde visitaron o recinto da Expo ou Parque das Nacións. Neste recinto visitaron o Oceanario e subiron no teleférico.

Tamén tiveron o privilexio de visitar a Torre de Belém o monumento aos Descobridores.

Xa no centro histórico pasearon polos barrios máis típicos de Lisboa: Chiado, Rossio, Praza do Comercio...e fixeron un percorrido pola Lisboa galega de man da Asociación AÚ.

Unha vez fóra da capital, dirixíronse á fermosa cidade de Óbidos para percorrer as súas antigas rúas. En Porto houbo visita a Gaia, cruzando a ponte e vistaron a Estación de San Bento e o edifico da Bolsa.

Unha vez chegados a Guimaraes, o Palacio do Duque foi parada obrigada e un paseo arredor do Castelo. A emoción máxima chegou en Pena Aventura Park onde houbo de case todo: tirolesa, paintball, caída libre, arborismo, minicars, caza do tesouro......

 

......foi completiña a viaxe. Chegaron mortos de sono ...pero felices!!.

GALERÍA DE FOTOS

VÍDEOS

MÁIS FOTOS

MÁIS VÍDEOS

 

 

SAÍDA DIDÁCTICA 2º,3º e 4º DE ESO

Onte o alumnado de 2º, 3º e 4º de ESO viaxou a Santiago para asistir ao visonado da inquedante e amena película Malencolía de Alfonso Zarauza na sala Númax. Unha vez rematada a proxección, realizaron unha charla  obradoiro co director na que trataron temas relacionados co filme e co traballo cinematográfico.

Despois houbo unha vista ao parque de Bonaval e un paseo para admirar o estilo arquitectónico do portugués Álvaro Siza no edificio do CEGAC.

Grazas a Alfonso quen, coma sempre, nos transmite toda a súa sabiduría e coñecemento!!!.

HÁBITOS SAUDABLES CON ARENARIA

 

No día de onte volve a visitarnos David de Arenaria.  Explicou a importancia de incluir na dieta legumes, verduras, carne, peixe,  y conservas de peixes e falou tamén sobre o azucre que levan os refrescos.
Explicou as diferenzas que hai entre os diferentes tipos de leite e como o noso organismo o dixiere e fixemos experimentos con ovos e co almidón  das fariñas.

O alumnado estivo moi atento as súas explicacións e obtivo resposta a cada unha das súas dúbidas.

Grazas de novo pola vosa colaboración, ARENARIA.

 

NON Á GUERRA

 

Hoxe, persoal docente, non docente e alumnado participou nun acto en contra da guerra, non só a actual guerra en Ucraína, tamén en contra de calquera conflito bélico que no século XXI  xa non debería ter cabida.

A actividade consistiu no visionado do vídeo realizado no propio centro no curso 2016-2017 (Non, non, non!) e a lectura de textos seleccionados por alumnado de 4º de ESO procedentes do libro de Erich Maria Remarque que leva por título " Sin novedad en el frente".

Powered by Drupal - Design by artinet