Hoxe celebramos o Samagosto con disfraces e degustación de castañas e chourizos. Tamén houbo baile e esconxuros nos que cada alumno e alumna portaba un saco onde levaba un recipiente cunha mensaxe que reflectira os seus medos. Esas mensaxes foron queimadas no lume facendo deste xeito desaparecer todos os nosos medos....o recipiente reutilizouse para recoller puños de castañas para poder rillalas comodamente.
Segundo e primeiro de primaria tamén festexaron xogando cos pelouros e xogos de roda
e tamén celebraron o cumple de Sofía que fai 6 anos. Parabéns!!
Houbo ademais baile e diversión
E Para o alumnado da ESO o contacontos Celso Fernández Sanmartín
Tamén houbo unha expo de libros sobre a temática do Samaín que foi colocada na nosa casa de Rosalía e da que o alumnado puido levar libros de empréstito.
Máis info no Facebook de "O Noso Eusebio"